Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LECCIÓN TRASALPINA

LECCIÓN TRASALPINA


Pra aforrar, en Italia van suprimir e refundir mil concellos e outras estruturas representativas e administrativas. En España, suprimen o alpiste ó loro, e pensan que con iso estamos salvados. As ocorrencias de Zapatero pra aforrar, que non son mais que ocorrencias, limítanse a rebaixalos salarios mas baixos e conxela-las pensións, co efecto inmediato de contrae-lo cosumo. O que se pode chamar un sociolisto, porque de socialista a súa política non ten nada. Cando concedeu o do cheque bebé e outras achegas similares, conseguiu dúas cousas, colleitas de votos e baleiralas arcas do Tesouro. Foron unha compra de votos. Rubalcaba abre o melón das Deputacións como unha gran e novedosa proposta; o certo é que o PSOE nunca estivo pola supresión das Deputacións, nin a refundición de concellos; solo agora que perdeu as municipais saca o tema, sen convición algunha, y é que as Deputacións son órganos de influencia caciquil e colleitadoras de votos, e aínda poden volver a ocupalas. Por si as suprimen, Feijoo xa se anticipou e creou as Superdelegacións. Se hai que reducir custes vaise polos dos salarios baixos e os pensionistas, e redúcese o estado do benestar. Neso están dacordo PSOE e PP.

0 comentarios