Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CONTO DO LOBO

O CONTO DO LOBO

 

       As enquisas, que a veces teñen razón, danlle o triunfo a Rajoy. Un Rajoy deitado sobre un montón de desatinos do goberno, fumando o seu puro, sen mover un dedo, Rajoy vai chegar á Moncloa; non por méritos seus, senón polo deméritos de Zapatero. Os cidadáns, vítimas dos mercados e da incompetencia dos gobernantes, dan por feito que despois do 20 N agárdanos un longo e frío inverno. Poucos teñen mantas pra protexelo ril, o que é o mesmo, millo vello. Dan por seguros os recortes. Non fai falta que Rajoy os pregoe. Funcionarios, pensionistas, Sanidade, Educación, Infraestruturas e Servizos sociais, sentiran a poda da motoserra. As autonomías gobernadas polo PP son, coma as aduriñas, as precursoras, pero non da primavera, senón do inverno e de calamidades. Coas súas políticas antisociais, oriéntanos por onde van os tiros. ¿Son necesarios recortes?; si que o son. O que xa non teñen que ser os mais febles e as políticas sociais os soportes da crise.  Si se estima que os ingresos do estado non se poden reducir, dados os gastos ós que terá que enfrontarse, é todo un xogo de maxia a promesa de Rajoy de reduci-los impostos ás rendas de capital e ós que teñen ingresos mais altos. ¿Quén pagará? Os asalariados mileuristas e o consumo.  Si pensa mante-lo gasto; os cartos dalgún lado terán que saír.

0 comentarios