Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

E CHEGOU A CALMA

E CHEGOU A CALMA

 

    Xa non hai acoso a Zapatero. O Superconselleiro está calmado. Agora é cando se ve que as infraestruturas que se reclamaban ó Goberno Central non eran mais que unha forma de crear problemas.Agora é cando empezo a comprender a concentración de tantos Servizos na Superconsellería de Infraestruturas; non era pra aforrar, xa que a organización periférica, e incluso central, mantívose intacta, era pra incordiar; porque nada leva feito, A icognita é.  ¿qué  fará agora?. O mesmo Feijoo dixo que o AVE a Galicia non chegaría ata despois do 2118. Eu digo ata que nos desfagamos deste atallo de vendepatrias. Espero que no Pazo do Hórreo se arme unha boa lea.

1 comentario

Anónimo -

Pois sí, contra Zapatero vivíase millor...
Agora que temos goberno "amigo" en Madrid xa veredes como o Superconselleiro embaina a lingua e acabouse o chorar!!!