Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ENGANO OU DISTRACCIÓN

ENGANO OU DISTRACCIÓN

 

   Vendo as declaracións de partidos monárquicos como o PSOE (haberá quen di que non o é) ou o PP, que fan do aceno de claridade orzamentaria da Casa Real, quédome asombrado do pouco que teñen en estima a nosa capacidade de comprensión. Sabendo o que nos costa o tinglado que teñen montado os políticos, e  vendo eles que as cousas lles saen mais que redondas, á panda de vividores e sátrapas  que soportamos, non conformes con vivir unha vida de regalía a nosa costa, aínda nos queren manipular cos seus lamedoiros e construción de realidades obscenas, e que non pensemos, que non teñamos a nosa propia opinión dos feitos

 

2 comentarios

Chao -

Pois a min esta pretendida transparencia da Casa Real paréceme un verdadeiro camelo...por tardío e por insuficiente. A que ven agora tras máis de trinta anos publicar as contas??? Puro artificio.
Lémbrame á publicación dos presuntos patrimonios dos políticos...cando algúns, despoís de estar toda a vida mamando da teta, declaran pouco máis que estar sin un can...acollonante.
Ten razón o autor do blog, mesmo semella que nos toman por tontos

Picachu -

Psoe e PP a misma merda é...