Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DEPURADOS

DEPURADOS

 

 

  Os responsables da Oficina de Loita Contra o Fraude, da Axencia Tributaria foron cesados, deixándoos en “expectativa de destino”, situación que se considera de castigo. Os funcionarios que compoñen esta unidade son persoal altamente cualificado. O persoal cesado ocupaba postos de libre designación, non de carácter político; o cese de persoal nesta situación é algo moi raro, mais en Facenda, onde a profesionalidade é esencial. Destaparon e investigaron, entre outros, o caso Gürtel, o do Duque de Palma, FABRA, EMARSA, BRUGAL ... Pilar Valiente, á que se atribúen os cesamentos, é amiga de Azar, baixo cuxo mandato foi nomeada por Montoro, Presidenta do Mercado de Valores. Envolta en varios escándalos, entre os mais soados o de GESCARTERA, tivo que cesar por prevaricación e corrupción. Unha corrupta pra persegui-la  corrupción, solo falta que lle nomeen a Camps asesor. Agora parece que se vai encargar de tapa-los casos de corrupción nos que está implicado o PP.  O camiño será legaliza-la corrupción por Decreto, así eliminada a tipificación non haberá delitos.

 

 

1 comentario

Limia -

Estos movimentos son típicos do que España realmente é: non un Estado de dereito, senón unha República bananera. Bueno, a verdade é que nin a iso chegamos, porque nin República podemos presumir de ser...