Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POUCA CREDIBILIDADE

POUCA CREDIBILIDADE

 

 

    Os gobernos, como o italiano, que loitan contra da crise periférica, o mesmo que a UE, están preocupados pola marcha de economía española. Mesmo Monti chegou a insinuar que a reforma laboral do PP non era a que se esperaba; xa que con precariza-lo emprego e crear inseguridade e desequilibrios nas relacións laborais non se reactiva  economía, antes ben o contrario, descuidando o control das contas públicas. As aclaracións e rectificacións do político e tecnócrata italiano déronse de seguido por medio  da súa oficina, diante das protestas do goberno español. Viñeron as rectificacións, pero as cousa as estaban ditas. A Comisión Europea non se fía do goberno español e xa anunciou o envío de inspectores pra examina-las contas. Penosa a imaxe de Rajoy.

0 comentarios