Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TAX LEASE

TAX  LEASE

 

     Diante do inquirimento de Deputados do BNG e do PSOE, a reposta de Almunia foi tallante: Bruxelas non pode aprobar un novo tax lease para España, sinxelamente porque o Goberno español non formulou unha petición oficial. Fontes de Competencia explicaron que ata agora, o Executivo se limitou a realizar consultas e elaborar, borradores, o último deles, tería sido presentado de forma extraoficial, sen pretensións de obter unha resolución, hai menos de oito días. O que está a pedir Bruxelas é un documento definitivo. «Unha vez que o Goberno de España o presente, a Comisión está en disposición de poder emitir unha valoración inmediata en menos dun mes», informou Almunia á eurodeputada socialista. Miranda, ou Mirinda, di que o plan xa xe presentou, o que é mentira. Unha razón mais pra que nos teñan por mentireiros en Bruxelas. O noso Presidente Feijoo asiste como convidado de pedra, como si a ousa non fora con el. Nentramentras, diante da pasividade do noso presidente, e as mentirase duns e a indolencia de MADRID, o naval desaparece

0 comentarios