Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON DIMITE

NON DIMITE

 

 

  Carlos Dívar  compareceu en rolda de prensa, pero non aclarou nada. Se algo quedou claro é que non ten intención de aclarar nada. Dívar tamén levaba un acompañante con cargo ós fondos públicos. Tamén é importante saber quén era, e qué facía, tanto el como o acompañante. Onda cero fala de cenas cun amigo á luz das velas; cousa que choca coa imaxen de ultractólico. Non sei si Rouco o excomulgará. Pregúntome, se alguén con esa confusión de valores é fiable a hora de xuzgar. Que é algo particular a compañía, pero os gastos non deben se a costa do me peto. Non é cuestión de cantidade. El fala da desprezable cantidade 14.000 euros, que pra min xa é moito, senón de dignidade.  ¡Que coño!. Os deuses, aínda que sexan deuses menores, non teñen que xustificar nada. O CXPX sofre un desprestixio o teléfono ó público colapsouse e as querellas choven  contra Carlos Dívar, aínda que se estrelen contra do muro do corporativismo. Si o comportamento de Divar é pouco edificante, o dos palmeros é penoso. O Ministro e Xustiza sr Gallardón ve ben a actuación de Dívar. Parece que el tamén o houbera feito. O subrealismo de cine negro é a pretensión de Dïvar de comparecer no Senado pra cear con algúns Senadores, como cortesía. Imaxínome que non sería á luz das velas, non están os tempos pra orxías. O negarse algún Senador, Dïvar adía a comparecencia a setembro, cando todo xa estea enfriado.

0 comentarios