Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

RESCATADOS

RESCATADOS

 

   Por moitos eufemismos que use o goberno e a dereita mediática, un rescate é un rescate. A UE vixiará as contas de España, do que se encargará unha troika na que curiosamente estará o FMI, aínda que non participou no rescate. Non se fían de Rajoy, e España estará economicamente intervida, sen soberanía na política fiscal, nin orzamentaria. Rajoy intento ata o derradeiro momento, que o rescate fora directamente ós bancos, pero a UE non se deixou seducir polo engado de Rajoy e esixiu que fora o estado español o destinatario e garante da operación. O rescate, limitado a unha actividade, económica, pode ser unha grave limitación, mais que unha vantaxe, pois non se pode destinar a outra cousa que non sexa a recapitalización das entidades bancarias. Dicía Ruvalcaba, e ten razón, que os cen mil millóns de euros, por moitas manobras dialécticas e políticas do goberno, non é ningunha lotería; pois á perda de soberanía hai que engadirlle as cargas que se contraen, que van dende o pago de interese, pasando pola garantía na devolución e a intervención económica, ás condicións complementarias que impoña a UE, que aínda se descoñece o seu alcance, i é que nade da os cartos sen mais. Que a UE queira asegurarse a devolución do importe do rescate e interese, ten mais explicación despois de escoitar do presidente de BANKIA afirmar que era unha recapitalización se mais, sen obriga de devolución nin  boa xestión. Non se trata de unha opinión persoal, por moi impresentable que sexa o personaxe, ningún deles é de fiar.

0 comentarios