Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O QUE MAIS LLE DOE

O QUE MAIS LLE DOE

 

    O que mais lle doe a Dívar é no disfrutar co seu amigo dos longos e luxosos fins  de semana . Non era a dimisión o final de traca que tiña pensado, pero os desplantes nos fastuos do bicentenario do TS., axudáronlle a toma-la decisión de dimitir. Dimitido Dívar, facémonos a pregunta: ¿ Agora qué?. Pois nada, todo muda pra que  todo siga igual. No asunto Dívar houbo moitas cousas das que non nos enteramos, solo as sopeitábamos. Por unha parte, o presuposto pra axudas de custo é de tres millóns e medio de euros. Por elemental dedución, os cartos alguén os cobrou, debeu ser algo así como un reparto a xeito de plus. Se os membros do poder xudicial son,  tocarían a case douscentos mil euros por cabeza non todos o cobraron, nin  foron solo Conselleiros os que cobraron as axudadas de custo. A oposición a que se investigue o caso Dívar, fundamentalmente é por esta causa. De todos xeitos supón un desprezo á cidadanía, cobrarse un sobresoldo e negarse a abrir unha investigación. Por outra parte no apoio a Dívar volcouse o PP, a Vicepresidenta do Goberno chamou a cada un dos vocais pra esixirlles que apoiaran a Dívar. Agora comprendo; onde hai algo de corrupción, alí está o PP.

0 comentarios