Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

INQUITANTE

INQUITANTE

 

  A comparecencia de Fernández Ordoñez na comisión parlamentaria aclarou pouco e inquietou moito. A afirmación de que a sociedade e o Goberno van ter que enfrontarse a unha situación moi difícil, non é dicir nada, eso xa o sabemos; o que nos tiña que falar era da súa responsabilidade. Hai un gran consenso entre todos os partidos e os implicados non falar nunca sobre o baleirado de fondos nos bancos, facendo aparecer como culpables a tódolos cidadáns que compraban pisos. Fernández Ordoñez foi o de sempre, queréndonos dar leccións de goberno, pasando do asunto. As Comisións Parlamentarias demostraron, unha vez mais, a súa inutilidade e a tomadura de pelo no que se converten, e que se verá hoxe coa outra estrela Rato..

 

0 comentarios