Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POLITICA RAPOSEIRA

POLITICA RAPOSEIRA

 

  Feijoo quere vender como aforro a redución de parlamentarios, incrementando o valor do voto en zonas deprimidas e de influencia caciquil, que é o pibideiro de votos do PP, así con esa trampa pretende rete-lo poder. Si realmente quixera aforrar, reduciría o número de asesores e persoal de confianza, quer lle costa, digo, que nos costa seis veces mais do que pretender aforrar. Coa política raposeira de Feijoo non existe un só precedente de norma electoral imposta cos votos dun único grupo. Non hai un só antecedente en democracia. Noutro tipo de réximes, sobraralles onde escoller.  Feijoo buscou apoio nos colegas do PP  para que tamén reduzan os seus parlamentos, co fin de tapar a súa manobra e camuflala  como unha medida xeral. Nembargantes en Castela a Mancha incrementaron o número de deputados, o que evidencia que familia de tauros, cada un vai o seu. De calquera xeito, termine como termine, o proxecto de Feijoo merece un dez. Como dicía un deputado seu: é unha ocorrencia inxeniosa, e tanto el como o trampas Rueda, poden estar fachendosos.

0 comentarios