Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON ATOPABA UHA EXPLICACIÓN

NON ATOPABA UHA EXPLICACIÓN

 

  Non atopaba unha definición; era algo difícil de  explicar. Vía aquela cara e non lle atopaba un xeito. É unha cara difícil. Pero mais difícil é entender a suba das pensións que nos vendeu. É que hai cousas que teñen que explicarchas, e aínda así non as entendes. Intentei atopa-la suba das pensións da que me falaba a Ministra do ramo; as contas non me saíron, porque, pese o aumento anunciado, o líquido a percibir era menor do que viña cobrando. Din os entendidos en finanzas que é por aquilo da suba do IRPF, do repago e non sei cantos trabucos mais. Un pensionista non é un experto fiscal e non entende que subindo as pensións cobre menos; solo entende que antes cobraba X e agora cobra menos,  pero a súa sorpresa  é maior cando ve que todo costa mais e agora aínda ten que restrinxir mais as xa esfamiadas compras. Igual que eu, habería milleiros de pensionistas que non entenderon esa maxia do aumento das pensións.  De aí que a Ministra gastara 3,5 millóns de euros en explicarnos algo tan difícil de entender, bueno, por iso,e por darlle os 3,5 millóns ós amigos. +Eu sigo sen entendelo, Por iso collín medo cando Rajoy falou dunha posible suba das pensións. O primeiro que pensei é cánto me van quitar desta vez.

0 comentarios