Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

BEIRAS

 

  Non fai falla que defenda a Beiras, deféndese el ben; pero irrítame que o Feijoo queira minusvalora-los  contrarios e atribuírse uns méritos que non ten. Feijoo Entrou de interino na Xunta co patrocinio do seu padriño do OPUS, que o promocionou a tódolos cargos, incluído o de Presidente da Xunta. É funcionario do grupo A da Xunta porque era interino e concorreu a unhas oposicións, nas que lle deron unha puntuación adicional que outros non tiñan. Beiras é Doutor e Catedrático xubilado da Universidade de Santiago, publicou diversos traballos, e nade lle pode, nin as mediocridades, discutir os seus dotes de profesor. Non pode dicir o mesmo Rueda, que se  mofou de Beiras, o que definiu como un pijo resucitado. Beiras nunca estivo morto, nin esquecido, xa ten gañado un posto ó carón de Breogan, un Olimpo nos que os vendepatrias non entraran. Rueda non ten méritos propios dos que presumir. Este fillo dun funcionario de Deputación de Pontevedra, con xenes herdados pras oposicións, chegou a Secretario do Axuntamento de Cambados, ese é o seu bagaxe. Respetade si queredes que vos respeten.

0 comentarios