Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2012.

COA MANTILLA

20120402102207-cospedal.jpg

 

 

  A Cospedal dixo que agora España si é un pais fiable. Será por iso que van vir os inspectores da CEE a comproba-las contas, será por iso que a prima de risco está por riba da italiana, que a bolsa se funde, que los establecementos de bares e restaurantes e a hostalería en xeral, perden clientes, o mesmo que os centros comerciais, porque os españois están acollonidos co futuro e non consumen, que o paro sigue subindo, que os ingresos das familias son cada vez mais pequenos, menos na súa casa. Mentir é pecado, unha persoa creente non sairía en semana santa con mantilla. Unha mentirosa compulsiba, con poñe-la mantilla por semana santa, é como si puxera ó mundo por montera, e non queda limpa de pecado

02/04/2012 10:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20120403110058-fatima-banez.jpg

 

     A Ministra de traballo, que non sabe o que é  gañar un salario, porque nunca foi asalariada; sempre viviu, a igual que outros políticos, comendo do pesebre, regalounos, aínda que non foi a nai do invento, unha reforma laboral  pensada pro despido, non pra crear emprego. Calcúlase que este ano de goberno de Rajoy vainos deixar 650.000 parados mais. A reforma laboral non foi feita co obxectivo de crear emprego, senón de satisfacer ós empresarios.

03/04/2012 11:00 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CINISMO

20120404110043-pelele-cinico.jpg

 

Os mercados non son culpables da devale económica, tampouco os gobernos incapaces e corruptos; os culpables, crédeo, somos nos, a masa proletaria, que se empeña en comer tres veces ó día. Cospedal pregoa que agora, dende que concluiron a ruina de España, somos un pais fiable, pero a Comisión Europea non se fía do PP; esas son paradoxas da vida. Antes era oposición, Mari Loli dicía,cando estaba na oposición , que a amnistía fiscal era pra premiar ós defraudadores. Coido que tiña razón. Ela, ou é moi cínica, ou pronto mudou de parecer. Agora o PP presenta a amnistía fiscal como un gran invento. Onde dixen digo, digo diego. Seguen intentado que nos traguemos ese sapo.

04/04/2012 11:00 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A ELECTRICIDE FAI POBRES

20120405103308-ricos-pobres-jpg-w400.jpg

 

 Somos o segundo pais de Europa coa electricidade mais cara, o primeiro é Malta. Cando nos fogares tódolos aparellos funcionan con electricidade, resulta facilmente comprensible o impacto das subas no ameto doméstico. Comprendemos como os enchufados dos políticos atopan acomodo nos consellos de administración das empresas enerxéticas porque se converten nas pancas necesarias pra  que o  goberno autorice subas incontroladas das facturas. Dese xeito, con mais paro e produtos de primeira necesidade mais caros, seremos mais pobres. No pais no que a clase media desaparece, haberá mai s pobres, e os ricos, serán cada vez mais ricos.

05/04/2012 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CHORIZO MAIS

20120406105119-0945403001222963296-o-lider-do-ppdeg-alberte-nunez-feijoo.jpg

 

O de Conde Roa será unha boa oportunidade de ver a validez dese código de bo berno e das normas éticas do PP. Eu mantiven que ese código de goberno aprobado polo PP era unha artimaña mais do PP pra despistar ó cidadán; agora sería un bo momento pra deixa-los fogos de artificio e probalo ditoso código.A sociedade coa que ten contraída a débeda coa Facenda tamén tiña débedas co Concello, do que agora é alcalde. Un raposo  no galiñeiro. O IVE, obxecto da controversia, xa Conde Roa llo tiña cobrado ós donos das vivendas, simplemente se quedou cos cartos.

Por menos, noutro pais,xa houbera presentado a dimisión. De non facelo, o PP tiña que forza--lo seu cese, pero non creo que Feijoo esté en disposición de dar leccións de ética, despois da corrupción que hai na Xunta.

Que Conde Roa non tiña intencións de que respeta-las normas municipais emostrouno coa contratación, a dedo, dun tesoureiro e un interventor, prescindindo dos que legalmente lles corresponde esa función. Feijoo non dixo nada. Comprende que Conde Roa queira as mans libres pra enche-lo saco. Non me estraña que se fundan as bolsas e se dispare a prima de risco. A falta total de ética dos políticos españois ponnos fora do mundo civilizado. E Feijoo mirará pra outro lado.



 

06/04/2012 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS MERCADOS AFOGAN ÓS ESPAÑOIS

20120407110751-255.jpg

 

 

 

  Afogan ós españois, porque os especuladores como o Ministro de Economía non teñen patria , e outros ultras como Aznar tampouco. Con afoga-los consumidores non se activa o consumo e as empresas non terán quen lles compre os produtos e terán que vota-lo peche. Rajoy prometeunos que os mercados confiarían nele    todos seríamos  felices. Os mercados non teñen corazón, nin comulgan con ideoloxías; queren realidades. Rajohy ofrécelles un pais sumidos na miseria que será incapaz de paga-las débedas.  Cando a alguén lle intentas reprochar que lle votara a Rajoy, e agora todos teñamos que sufri-las consecuencias, resulta que todos o negan, pero alguén lle tubo que votar. Tamén din os que nunca ven a realidade que Aznar nos sacou  de algo parecido. Certo, pero a costa de vender todo o que había pra vender

07/04/2012 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HUMILLANTE

20120409112335-images14.jpg

 

 

  A Sª Merkel non se fía do seu Ministro  de Economía; e sobretrodo  de Guindos, o que o seu pasado por  de  Lehman Brothers  o define; vai mandar unha comisión a Madrid pra que Rajoy lles explique os presupostos. Humillación da soberanía española, dando a coñecer en Alemania os presupostos antes que o parlamento español. Os presupostos de Rajoy sorprenden no estranxeiro e acolloan dentro. O único recurso é recortar, cando os espertos recomendan unha suba do IVE. As previsións dun incremento  do  endebedamento nun 80% parece sacado do libro  de ruta da FAES; camiño xa andado por Feijoo, recorrendo á débeda, pra adia-los problemas.

 

09/04/2012 11:23 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

DO PRESTIGE Ó EUME

20120410101328-feijoo-mangueira.jpg

 

  Cada goberno pepero ten no seu haber unha catástrofe ecolóxica. Estaba escrito que a catástrofe do goberno Feijoo tiñan que se-los incendios forestais; o da mangueira era unha premonición. Nun alarde de tirar fogos artificiais pra contenta-lo persoal, pedíu, con determinación, o enderucemento das penas pros incendiarios. Claro, primeiro hai que collelos. Cousa difícil nos incendios intencionados de profesionais. Unha labor necesaria, e que non entendeu  que a era, é a prevención. As Fragas do Eume eran unha mostra do abandono a súa sorte. O descubrimento dun xacemento de andalucita e a presión económica sobre a Fraga, fixo o resto. Sería unha gran mentira falar solo da catástrofe das Fragas do Eume, por moi terrible que sexa, por que Feijoo ten no seu haber o arraso dos parques naturais, como o do Xurés. Claro que os espazos naturais son obstáculos á  especulación. Ese puidera se-lo motivo de que os abundou.

10/04/2012 10:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUE MAL PINTA

20120411111604-buitre010.png

 

   Non chegaron moi lonxe os orzamentos, xa hai que poñerlles un pegote. O PP di que vai recortar 10.000 millóns de euros en sanidade e educación. Si iso ocorre, e non hai porque dubidalo, a sanidade pública desaparecerá. O copago houbéranos parecido un regalo. Estanse a organizar, como un baile de buitres, entidades privadas pra presta-los servizos sanitarios. A Comunidade de Madrid xa está abrindo camiño. A educación tamén entra nos recortes. Cánto e onde, non se sabe, pero a Cultura e a Educación son parcelas que non son importantes pro PP.  Non se recorta ós políticos, a airexa, e un ridículo 2%  a Casa Real… ós Sindicatos non se lles recorta; ameázaselles con facelo si non son bos. Nade  se cre os orzamentos de Rajoy. recortes e crecemento son incompatibles. Si non crecemos non poderemos paga-lo prestado.

11/04/2012 11:16 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

QUÉN MANDA

20120412104149-1334090327-ddf1fdc0d77b89dcf7e8578ed2c36dd8.jpg

 

   Cada membro do goberno, ou do PP, di unha cousa. Non creo que todo sexan globos sonda, mais ben creo que teñen un despiste por falta de dirección. Mariano non se escapa dos periodistas porque lles teña medo; é que non  sabe que dicir. Os mercados, a bolsa e a economía, navegan nun mar de incertezas. Non basta coa chegada ó poder, no PP pensaban que si. Agora é o momento de gobernar, de tomar decisións acertadas, non calquera ocorrencia. Tiñan ganas de chegar ó poder, pero non tiñan programa; de aí que o goberno corra dun lado pra outro como un polo o que lle cortaron a cabeza.

   Pero que panda de inútiles temos neste goberno!!
Deus, se de verdade existes, levate a este goberno do PP, POR FAVOR!!

12/04/2012 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN MUNDO FELIZ

20120413110452-20111216elpepivin-3.gif

 

    Christine Lagarde, dende a presidencia do FMI, recomenda baixa-las pensións de xubilación. Sexa cousa persoal súa, ou de sisudos e barrigudos pesadores do FMI, non deixa de ter ese arrecendo ó ditado das grandes fortunas e corporacións multinacionais que manipulan os mercados, escravizando e empobrecendo ás masas asalariadas e pequenos empresarios. Do ditame do FMI, laiándose de que a xente vive demasiado, e iso pode poñer en perigo a economía de países como España; pon de manifesto que o importante pro FMI, e intereses que defende, e o mantemento de beneficios sen límite, non o benestar dos cidadás. A película na que se falaba dun mundo feliz, a base da eliminación física dos individuos que xa non producían. Cousa que na realidade foi practicada polo réxime de Hitler, estendéndoa ós personaxes incómodos pro réxime. Así que o recomendable, segundo o FMI e os seus patrocinados, é  gasealos traballadores en canto deixen de render. Por certo, as pensións en Alemania son, de media, superiores a 2.000 euros, en Galiza 480.

13/04/2012 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE CARAS

20120414102444-imagesca1h72y4.jpg

 

 

A rolda de prensa do alcalde de Santiago sobre a súa imputación no fraude a Facenda tivo tintes surrealista. Intentou explica-lo inexplicable. Falou pra uns  catetos e ignorantes, como  senón saíu elixido alcalde, dunha prensa co acosa. Hai que foderse, votarlle a culpa á prensa local, conservadora ela, ó servizo do PP. O que de verdade o acosa é esa débea, que EL PAIS cifra en mas de sete millóns de euros. Ó menos antes, co anterior alcalde, aínda que era un binguero que chegou a alcalde, tiña a decencia de paga--los impostos, e facer crible que a orixe e a profesión non che impide ser alcalde. Conde Roa vai pola vida de prepotente, educación de taberna e sen paga-los impostos que lle corresponden; non solo non lle pagou o IVE á Administración Central, senón que tivo que paga-lo IBE do axuntamento, que agora preside, logo d pleitear, en executiva. Na rolda de prensa intentou presentar un problema persoal nun problema da cidade. Núñez Feijoo xa coñecía a situación con anterioridade; por iso dubido que promovan o seu cese, especialmente cos antecedentes de Telmo Martín, candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, que non solo perdeu as eleccións, senón que fora condenado a devolver 500 millóns de pesetas ós adxudicatarios de vivendas de protección oficial. Foi premiado polo PP pra un posto de Senador. Tamén Conde Roa, no caso de cesar, verémolo nalgún enchufe. Hai mais alcaldes, de municipios pequenos, en parecidos embrollos

14/04/2012 10:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CELEBRANDO A REPÚBLICA

20120416095807-images7.jpg

 

   No aniversario da proclamación da segunda república, un 14 de abril, houbo celebracións de grupos minoritarios, que semellan ser os únicos que respetan e actúan en congruencia co que debe se-lo xeito de comportarse dos que representan ó pobo soberano. Xa reclaman, abertamente, a instauración da III república, como un xeito de rexeneración democrática e de loita contra a corrupción. Á celebración do aniversario sumouse, pra darlle a razón involuntariamente ós republicanos, o Rei, que nun acto de irresponsabilidade, marchouse de cacería de elefantes    a un pais africano co que España non ten siquera representante diplomático. A viaxe foi clandestina, sen contar co goberno nin co Congreso, aínda que o Rei ten dereito a vida privada;  non se pode ser rei a tempo parcial. Despois de estar cinco días desaparecido, e gastar unha fortuna en asasinar animais, non se pode ser tan irresponsable e trivial. Que a institución monárquica teña ta pouca consideración social é culpa da propia familia real que vive nunha burbulla, allea ós problemas do pais.  Non cola, a toro pasado, o de que lle informou a Rajoy que ía estar en Boswana; porque entón Rajoy é un g...e non houbo previsión sobre a sustitución temporal do rei na xefatura do estado.

16/04/2012 09:58 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

FUMATA EN SANTIAGO

20120417112630-images003.jpg

 

 

   Intentouse, pero non puido ser. A campaña montada dende a Xunta polo tridente constituido por Feijoo, Rueda e Hernández non deu o resultado esperado. Intentaron defender a Conde Roa, poñendo,  como    sempre, o ventilador, remexendo , inventando e difundindo os mais disparatados rumores. O asunto do alcalde de Santiago xerou gran inquedanza en Xénova. Malia que dende San Caetano se presionaba, porque eran presionados, pra que Conde Roa dimitira, o interesado agarrouse a teta e non quería cesar, mesmo chegou a anuciar unha rolda de prensa pra xustificarse. Isto motivou a convocatoria dunha xuntanza dos concelleiros do PP de    Santiago, presididos por Feijoo, na que se acordou o cese de Conde Roa. Si o PPg xa coñecía os antecedentes cando o propuxo pra candidato á alcaldía demostra que en San Caetano hai cómplices. A  guinda púxoa Conde Roa cando dixo na rolda de prensa que  ninguén o presionara  pra dimitir

17/04/2012 11:26 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

UN TROCO

20120418104908-20101111elpepuvin-2.gif

 

       As persoas residentes en xeriátricos contrbuiron co seu traballo o sostemento da colectividade; agora dependen da axuda de terceiros, nalgúns casos trátaselles con ríspeto; no mais dos casos son simples obxectos dun trato comercial, un megocio, no que se intenta saca-lo máximo beneficio, pasando a un segundo lugar a prestación de servizos; noutros, simplemente, o trato deixa que desexar. A comida é un factor mais do beneficio. A comida fría, servida por empresas de catering, ´chega fría e de escasa calidade e mala factura. Os residentes teñen que paga-la estancia, que soe estar por riba das súas pensións, ás que aínda pretenden rebaixar. O final do túnel, da súa estadía na residencia é o cementerio. Os internos do cadea están alí, supostamente, pra pagar unha débeda á comunidade. Teñen sala de televisión, de xogos, biblioteca, lugar pra recibir visitas, comida quente, servizo médico integral; cada vinte minutos un funcionario supervisa as celdas, teñen vixiancia con cámaras de seguridade, a estancia e gratuita; cando saen teñen  dous a nos de paga. Eu propoño meter ós presos nas residencias, os internos das residencias na cadea, intercambiando así os respectivos réximenes. Sería o xusto.    .

18/04/2012 10:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AMORTIZADO

20120419101542-untitled25.png

  

   Didese que o Rei prestou un gran servizo a este pais na transición democrática. Non vou a cuestionar que o papel do rei na transición democrática tamén o fixera por intres propio, pra darlle lexitimidade a un sistema cun orixe na ditadura; en todo caso os servizos xa están amortizados, non se poden considerar un cheque en branco, pra que unha familia, que ten o imperativo de ser unha referencia de exemplaridade, sexa cgalquera cousea, menos ejxemplar. A tendenza a corruptela. Descubrese, entre outros casos de mediación en contratos de adxudicación de servizos, etc tamén está implicado el e a súa filla nos negocios do su Xenro, intercedendo na adxudicación de contratos, como se demostra en e-mails, aportados polo que foi socio de Urdangarín, e datados un ano despois de que a Zarezuela dixera Que lle pedira a Urdangarín que deixara os negocios. A adición as armas parece que é de familia. !QUE FAMILIA!.

 

19/04/2012 10:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAROU

20120420102918-imagescahpw97o.jpg

 

  A autovía da Costa da Morte é unha desas obras que teñen un principio pero ´que non sabe cando rematará. Posiblemente Feijoo lles queira pagar ós residentes esa zona que lle votaran. Sabe que moitos paisanos galegos son masoquistas, que necesitan que os puteen e logo lles pase a man polo lombo. Seguro que moitos saben que algúns animais hai que disciplinalos, aínda que logo se lles teña que  aloumiñar. Por moito que doa, hai que recoñecer que esa é a técnica do PP, e funciónalle. Cando lle fixeron a interpelación ó superconselleiro sobre a paralización das obras, anoxouse,  e culpou de tódolos males a oposición. O día de hoxe aínda non explicou porque paralizou a adxudicación e construción desta obra que fixera o bipartito, nin porque logo tivo que saca-la a puxa varias veces. A referida obra xa debía estar en  servizo fai un ano, pero é moi posible que o seu remate se  adíe sen data determinada. O mesmo ocor6re co parador de Muxía. Logo demonizarán  á oposición e recolleran os votos con toda a cara.    

20/04/2012 10:29 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

NON ESTAN DROGADOS

20120421103710-moribundo.png

 

   Cando descorreron o disparate non estaban drogados. O PPg vai contabilizar o feto como un ser mais da familia pra concesión de axudas: visto así parece unha broma, pero non é tal, é o disparate dun goberno que non sabe que facer, o que é aproveitado polas organizacións utracatólicas pra impoñer os seus disparates. Dan axudas a un proxecto de ser, que aínda non é persoa. O mesmo tempo retiran tódalas axudas ás persoas necesitadas. ¿Qué futuro lle ofrece o PP a ese proxecto de ser cando veña a este mundo e sexa unha persoa?. Os ultracatólicos, que teñen os mesmos intereses que os fascistas, o que queren é que haxa unha abundante man de obra barata, ter criados en abundancia, ós que non se lles ofrece sanidade, educación, traballo, nin servizos sociais. Unha vez nacidos pasan a ser  esa masa  de deseredados que serven ós señores. Si a lexislación vixente establece que solo os nacidos que sobrevivan 24 horas son suxetos de dereitos, a oposición ten a obriga de actuar de inmediato pra dete-lo disparate. Qué ocorrerá coas axudas recibidas si non hai nacemento.  Curiosa política a do PP, protexe-los non nacidos, pra unha vez que nazan facerlles a vida imposible e  cando chegue a hora de morrer torturalos. Será que non creen que haxa inferno e queren asegurarse de que o suframos

21/04/2012 10:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ESTAN DROGADOS

20120421103710-moribundo.png

 

   Cando descorreron o disparate non estaban drogados. O PPg vai contabilizar o feto como un ser mais da familia pra concesión de axudas: visto así parece unha broma, pero non é tal, é o disparate dun goberno que non sabe que facer, o que é aproveitado polas organizacións utracatólicas pra impoñer os seus disparates. Dan axudas a un proxecto de ser, que aínda non é persoa. O mesmo tempo retiran tódalas axudas ás persoas necesitadas. ¿Qué futuro lle ofrece o PP a ese proxecto de ser cando veña a este mundo e sexa unha persoa?. Os ultracatólicos, que teñen os mesmos intereses que os fascistas, o que queren é que haxa unha abundante man de obra barata, ter criados en abundancia, ós que non se lles ofrece sanidade, educación, traballo, nin servizos sociais. Unha vez nacidos pasan a ser  esa masa  de deseredados que serven ós señores. Si a lexislación vixente establece que solo os nacidos que sobrevivan 24 horas son suxetos de dereitos, a oposición ten a obriga de actuar de inmediato pra dete-lo disparate. Qué ocorrerá coas axudas recibidas si non hai nacemento.  Curiosa política a do PP, protexe-los non nacidos, pra unha vez que nazan facerlles a vida imposible e  cando chegue a hora de morrer torturalos. Será que non creen que haxa inferno e queren asegurarse de que o suframos

21/04/2012 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN PRESIDENTE EXEMPLAR

20120423101639-untitled26.png

  

  Non é de agora, a adición do Rei as armas e a caza, sen reparar a especie asasinada, ven de vello, Pero cada quen ten as súas adicións: as armas, á caza, á guerra o alcohol,  as mulleres, etc, aínda que debe pagalas do seu peto. O que non é normal e que si se ten adición a matar animais se abstente a presidencia de grupos ecoloxistas como ADENA ou WWF. Non é toda a culpa do Rei, tamén é a culpa destas organizacións, mais preocupadas de apañar subvencións que de defender ós intereses que din defender.

  Osos, como o que cazou en Rusia, non teñen a mesma intelixencia, nin os sentimentos do elefante, nin a súa memoria. Nunca se dixo, nin se demostrou,  pero, o mellor son posuidores de poderes. O mais característico dos elefante é a trompa; vela aí que o rei rompeu a cadeira, o   caer pola escaleira, a consecuencia dunha trompa

23/04/2012 10:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TODO SEGUE IGUAL

20120424102953-4f61c7dfeb2b5-feijoobaltar.jpg

 

 

  O indiscutible nepotismo que rexe a política de persoal da Deputación de Ourense queda perpetuado pola dinástica sucesión da presidencia. Recentemente, oito familiares de cargos locais do PP accederon a postos de traballo na Deputación. Eses nomeamentos xa foran pactados por Baltar pai, e agora saen publicado-los nomeamentos no BOP. Esta política de persoal da Deputación de Ourense sitúa a política do Ente provincial nun tecido de lealdades á familia Baltar, que se garante o goberno da provincia no seu intres particular.  Co doado que lle é a algúns coller un posto de traballo Algún día haberá que derrubar ó pazo provincial e no seu solar poñe-las bases dun novo orde; porque non chegará con desinfectalo. A CE abriu un expídente sobre  a corrupción na deputación de Ourense. Nin en Galiza, nin en España parecen saber o que alí pasa. Fiscais e políticos miran pra outro lado.

24/04/2012 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O EFECTO RAJOY

20120425104512-2012-01-27-paralizados.jpg

 

  Utilizaron tanto e con tal convición o efecto Rajoy, que unha gran parte dos electores deixouse seducir por esa sarta de promesas vagas. Certo é que os electores tiñan necesidade de ter esperanza nun futuro que se lles prometía mellor, porque o presente que vivían con Zapatero non era nada bo. Pasados o días de gracia, e despois de poñer todo patas arriba, vemos que as cousas están empeorando de tal xeito que asusta o futuro. O goberno habería que pagarlle por obxectivos, así a estas horas todos estarían no paro

 

25/04/2012 10:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESCANDALO

20120426105207-57351-471-550.jpg

 

   A vida privada do rei é privada hasta que deixa de selo. Un personaxe público ten servidumes que non lle atinxen a outra xente. Os que ocupan postos públicos é por que lles trae conta. O do   servizo ós semellantes non hai quen o crea. Se non saben, se non son capaces de comportarse con dignidade que se vaian. A soberbia; o considerarse por riba do ben e do mal, vendo os cidadáns como súbditos, é propio da idade media

26/04/2012 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHAS CONTAS PRA MEDRAR

20120427110018-opinion-publica2.jpg

 

  •    Gabando o seus presupostos, Rajoy dixo que son unhas contas pra medrar. Pois menos mal que son pra medrar, senón iamos encoller de vez.  A política de Rajoy é a política da covardía.  Fai recae-la crise sobre os febles; non ten valor pra meterlle man a airexa, os defraudadores, ós chourizos e ós políticos.  Di, que aínda que non gusten, esta s contas levarannos á recuperación. É moito o que levan recuperado pros da súa caste. Cando teñan recuperado o suficiente, poida que podamos recuperar algo do destruído .  As contas de Rajoy teñen un sentido, empobrece-lo pais, arruinalo pra privatizalo; o que non vexa a súa xogada é que non quere ver, prefire ser cego.
27/04/2012 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN ESPAÑA NON HAI ULTRADEREITA

20120428103348-aznar5.jpg

 

   Vendo o auxe da extrema dereita francesa, din algúns comentaristas que en España non triunfaría unha extrema dereita como en Francia. Teñen razón; aquí a extrema dereita  está dentro do PP, ó que manexa e dirixe. Esta mesma táctica, de diluirse e camuflarse coa dereita democrática, é a que pretende desenrolar en Francia Marie Lepen; pro que precisa que Sarkosi perda as eleccións.

 

28/04/2012 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS CAÑA, Rajoy man

20120430111534-1335731069-2386acad1d6172dcc1e0d85249a875a3.jpg

  

  No sondeo de opinión, as enquisa danlle unha ampla maioría absoluta a Feijoo. Despois de mentir, de deixa-lo pais feito uns zorros, de santifica-la corrupción, os electores prémianlle, deixando claro que é mais importante inverter en propaganda que en sanidade, emprego, política social ou infraestruturas. Por iso non creo que a política antisocial e de recortes lle pase  factura a Rajoy, ó menos en Galicia; é mais, aínda debían dar mais caña

30/04/2012 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris