Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A ROUBAR

A ROUBAR

 

  Arturo Fernández e a cúpula da CEOE non son os que nos gobernan directamente, pero son os que lles marcan o paso os gobernantes. Son culpables do espolio do patrimonio público, os culpables da ruína do estado do benestar, coa cooperación necesaria de políticos corruptos e ineptos. Si un pobre rouba un pan pra dar de comer a súa familia vai a cadea. Estes elementos rouban a Seguridade Social, a Facenda, delinquen contra o Estatuto dos Traballadores e o que se lles poña por diante, e permítense darnos leccións de moralidade. Arturo Fernández, de cada dez euros que gana, nove son do sector público, e aínda non están cheos; quéreno todo A normativa de contratación administrativa veda o acceso a participación e adxudicación de contratos coa Administración a persoas ou entidades que teñan débedas coa Facenda Pública. Se sigue no contubernio público, os políticos son tan culpables como el

0 comentarios