Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Ó CANTINFLAS

Ó CANTINFLAS

 

Cospedal intentou explicar ó estilo Cantinflas a relación de Bárcenas co PP. Nade lle entendeu; pero da escura oratoria, dedúcese que o PP cometeu, co asunto Bárcenas, o menos, dúas infraccións graves en materia de SS e de Facenda, que deberan investigarse de oficio. Estes deslices danse cando se intenta explicar o inexplicable, pero aínda resulta mais incomprensible cos deslices os cometa unha Avogada do Estado. O mellor cando non haxa xeito de explicalo, e de facelo, resultara incorrer en algo incomprensible, alegal, ou abertamente ilegal, calarse a boca como fai Rajoy e non pronunciar sequera o seu nome, que de por si xa é un arte.

0 comentarios