Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TONI CANTÓ

 

Toni Cantó intentou debater dun tema tabú,  -A VOLENCIA DE XÉNERO-. No tempo que leva a lei en vigor apreciouse que era notoriamente imperfecta. Como dicía Cantó, e neso ten razón, non se pode construír unha verdadeira igualdade criminalizando a metade da humanidade, sexa ou non culpable. Os homes non son culpables da violencia de xénero polo feito de ser homes, nin son culpables do que fagan algúns bípedes con forma de home. Penso que eses si merecen ser castigalos como animais, sen dereitos, xa sexa femia, ou macho. A violencia, pode ser provocada por ámbolos dós xéneros. De aí que debía chamarse violencia doméstica; por que nenos, vellos e dependentes sofren unha violencia da que merecen ser  protexidos. Negar que non hai denuncias falsas, e que estas condicionan que os casos auténticos teñan menos credibilidade pra policía e pros xuíces,  é dun fariseísmo insoportable. As que cociñaron a lei pasáronse cos disparos por elevación, e as árbores non lles deixaron ver o bosque, ou non o quixeron velo. Polo que se refire ós animais, eu que non lle vexo ningún arte en torturalos, podo dicir que canto mais coñezo á xente mais  quero ós animais, e considéroos suxeitos de  dereitos, como todo ser vivo

1 comentario

VICTOR -

Bravo, pódese dicir máis alto pero non máis claro. Basta xa de lamecús e paranoias coa violencia de xénero. Téñense cometido moitas inxustizas con este feito, que por outra banda é algo inxustificable.