Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COMO TERRORISTAS

COMO TERRORISTAS

 

    Nade lle vota en cara á Delegada do Goberno en Madrid que acubille e protexa o seu marido buscado pola xustiza. Esa tolerancia coa súa actuación a fronte das forzas da orde envalentónanlle e fai aflora-lo animal irracional que leva dentro, e dicir todo tipo de burradas. Os desafiuzados, segundo ela, son como os terroristas, ós que están vinculados, e como tales os trata a policía. Cifuentes vincula as plataformas de defensa dos desafiuzados con ETA, igual que xa fixera o PP cos atentados do 11M. O PP non intenta poñerlle freo ós disparates da Cifuentes e a protexe, engadindo que os que protexen os desafiuzados están vinculados coa esquerda radical, dito moi claro, o Tribunal Europeo é un neal de terroristas esquerdosos. A quén se lle ocorre declarar ilegal a lei Hipotecaria española

0 comentarios