Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A FÁBULA

A FÁBULA

 

Hai unha fábula que explica o dos asesores. Un rei vai de caza. Prometéranlle bo tempo, o seu conselleiro dixéralle que ía facer un día estupendo; así que foi ó monte moi veraniego. Ó pasar por unha aldea, un aldeán díxolle que se aveciñaba mal tempo. O rei non lle fixo caso. Colleuno no monte unha tremenda sarabia e pasouno mal. Ó pasar de novo pola aldea preguntou polo aldeán pra contratalo como conselleiro,  preguntoulle como adiviñara o mal tempo que faría. O aldeán respondeulle que o burro agochaba as orellas cando o tempo se ía revirar. Entón o rei mudou de parecer e contratou o burro; é por iso que dende aquela todos os gobernantes, do nivel que sexa, teñen burros de asesores. O asunto quere dicir que non se necesita ter unha preparación especial pra ser asesor, incluso chega con ser burro.  Nalgún concello pequeno galego da montaña de Lugo con medio milleiro de veciños, o alcalde ten o seu conselleiro, sen esquecer que a secretaría ten persoal de apoio. Feijoo ten medio  cento de asesores, Ana Botella 265, e Rajoy ten case trescentos, algúns sen bacharelato sequera.

 

 

0 comentarios