Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DINNOS QUE SOMOS AFORTUNADOS

DINNOS QUE SOMOS AFORTUNADOS

 

  Trinta e dous millóns de euros ten presupostados o goberno de Feijoo pra gastar en propaganda neste exercicio; intenta así convencernos das bondades do seu goberno. Mais os trinta e dous millóns de euros non é a única cantidade que Feijoo dedica a propaganda. Baixo as mais diversas partidas, sempre a Xunta esconde unha cantidade que dedica a propaganda. Por exemplo nas obras, ben pola Xunta, ou polo adxudicatario, en cumprimento dunha condición adquirida, destínase unha parte a propaganda. Moitos cartos pra convencernos do bo goberno que temos, cando se escatima en sanidade educación ou dependencia.

 

0 comentarios