Facebook Twitter Google +1     Admin

PERDA DE CREDIBILIDADE

20130724110021-935043-3258208749766-1856233387-n.jpg


Bosh , de  Xuíces pra Demoracia, afirmaba en declaracións a Europa Press que este tipo de informacións, a militancia pepera do Presidente do Constitucional, "o que fai é restar credibilidade, independencia e imparcialidade ao noso Alto Tribunal, o que provoca na sociedade española unha perda de confianza na xestión do Constitucional. Engadiu ademais que a posible vinculación entre Pérez de los Cobos e o PP "xera unha comprensible desconfianza sobre a imparcialidade" no funcionamento do Alto Tribunal. En consecuencia, opinou, o actual presidente non debería participar naqueles asuntos que teñan relación co partido do Goberno.  "Sería bo para a imparcialidade" do Constitucional que non continuara á fronte deste órgano unha persoa afiliada ao PP. "Coas informacións que se achegaron, parécenos suficiente como para que se detecte unha conexión moi importante co PP", engadiu. A posible afiliación de Pérez de los Cobos ao PP, é especialmente delicada cando hai que decidir causas "moi importantes que chegan ao tribunal nas cales está en xogo a adecuación á Constitución. Pola súa banda, o presidente do Foro Xudicial Independente, Anxo Dolado cualificou a situación de "demencial" e "inadmisible" e asegurou que no caso de que legalmente non estea obrigado a dimitir, el mesmo debería tomar a decisión de abandonar xa dende un punto de vista ético non é conveniente a súa continuidade á fronte da institución " porque "está contaminado de orixe". Recorda que o presidente ten un voto de calidade para dirimir as cuestións. "Se estivo afiliado é evidente que hoxe por ética e por imaxe do TC debe dimitir", declarou a Europa Press.

 

24/07/2013 11:00 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris