Facebook Twitter Google +1     Admin

UN PAPA PERIGOSO

 

 A dereitísima, política española, que é case como dicir a idea de Rouco, ve O Papa, coas súas ideas sociais, que quere unha Igrexa máis sensible e próxima ós pobres, un perigo, así o manifesto Vidal Quadras, segundo EL PLURAL. Isto non só molesta á oligarquía eclesiástica que gusta de luxos e poder, tamén a algunha   parte da dereita, o que ven como unha ameaza. É o caso do eurodeputado do PP Alejo Vidal-Quadras, que lle recrimina o seu afán de humildade e lle advirte de que cos seus actos pode dar ás á Teoloxía da Liberación. Di en Intereconomía, A Igrexa como institución ha de procurar que os seus activos inmobiliarios, artísticos e financeiros crezan continuamente, xa que só así poderá alcanzar os seus benéficos fins". O Papa nunha homilía, fundamentalmente social na que remarcou que "Xesús se une ás familias que se encontran en dificultade, que choran a perda dos seus fillos ou que sofren o velos vítimas de paraísos artificiais como a droga. Xesús únese a todas as persoas que sofren fame nun mundo que cada día tira toneladas de alimentos. Xesús únese a quen é perseguido pola súa relixión, polas súas ideas, ou simplemente pola cor da súa pel; nela, Xesús únese a tantos mozos que perderon a súa confianza nas institucións políticas porque ven egoísmo e corrupción, ou que perderon a súa fe na Igrexa, e mesmo en Deus, pola incoherencia dos cristiáns e dos ministros do Evanxeo,".

29/07/2013 11:04 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris