Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ASI OCORRE

   Axente ten un concepto dos políticos que se reflicte na seguinte historia:Viaxaba nun autobús unha comisión especial de Deputados de tódolos partidos, para analizar os problemas agrarios. Nunha das tantas curvas o condutor do autobús perdeu o control e chocaron contra algunhas rochas. Despois dalgunhas horas chegan ao lugar dos feitos, ambulancias, Garda Civil e o Exército para tratar de dar auxilio aos lesionados, pero non había ningunha persoa entre os restos do autobús. Empezaron as investigacións e a Garda Civil decatouse de que preto do accidente había unha casa onde foron a preguntar. Saíu un campesiño da casa a recibilos, e pregúntanlle:
¡ Oia, vostede!!! Viu os políticos que se accidentaron?- ¡ Si, si os vin!! ¡ Xa lles dei cristiá sepultura!! - ¡ Non me diga que todos estaban mortos!! - ¡ Bo... algúns dicían que non, pero xa sabe vostede como menten eses cabróns!!

0 comentarios