Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TIÑAO DENUNCIADO

TIÑAO DENUNCIADO

 

Canto mais escoito sobre o accidente do tren mais confuso me sinto. Non se lle pode sacar ningunha responsabilidade ó maquinista. Despois de escoitar o intento de explicacións da Ministra e dos dirixentes de ADIF e RENFE, quedoume claro que non aclararon nada; a aportación apabullante de datos, que pouco viñan ó asunto, parecía un intento canallesco de confundir. O que me quedou claro é  que hai corresponsables, sobre os que sobrevoa a inculpación real do drama galego están escorrendo o vulto e mentindo. Hai un detalle significativo que acaba de saír á luz e que desmantela toda esta porcallada criminal y que desmantela toda esta porquería criminal e que desmantela toda esta porcallada. Parece que o maquinista, inmediatamente ó accidente dicía: frases como: "Isto xa o teño eu denunciado. Non se pode circular por esta vía a esta velocidade sen un protocolo", "se pillo ao de seguridade, mátoo", "non quero ver isto", "canta xente morta.”. si unha sinxela baliza houbera evitado o accidente si deliberadamente se aforraron en medidas de seguridade, a cadea é pouco, a guillotina é necesaria; fan falta 79 mortos pra revisar fallos de seguridade.

0 comentarios