Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS LAPAS DE FEIJOO

AS LAPAS DE FEIJOO   ¿Cántas bagoas son necesarias pra apagar ós lumes dos criminais?, ¿cántas bagoas son necesarias pra que Feijoo se apee da burra e rectifique a súa política forestal?. A política pra combate-las lapas que segue Feijoo apártanse radicalmente da elaborada  polo bipartito, logo da experiencia do 2006. De entrada vetou a información sobre os lumes, a que agora se da é convintemente tratada. Non se fai a limpeza dos montes e dos predios dos particulares como política preventiva. Sempre falan de brigadas, nunca das persoas que participan nos operativos. En cada brigada participan poucos efectivos, algunhas con catro persoas, sen formación nin medios axeitados, pero amigos do alcalde. As brigadas, na súa maioría son municipais ou subcontratos privados. A falta de coordinación, profesionalidade e medios é asombrosa. A industria do lume, en Galiza, é poderosa e eficiente, inflúe no emprego e a cambio de que arda uns montes alivia, temporalmente, as listas do paro. Os meteorólogos anuncia a chegada de chuvias, con elo virán as mellores medidas que Feijoo ten contra as lapas. Xa non será necesaria mais enxeñería da desinformación, pero nunca oiremos falar do número de efectivos que participaron na campaña, nin do  abandono do monte, nin da desprotección dos núcleos de poboación. Feijoo eliminará os comuneiros, e co monte todo hermo poderá repoboar todo de piñeiros e eucalitos. Os votantes xa se domaran con un pouco de propagada e axuda dos caciques.

1 comentario

Anónimo -

Gran industria o lume en Galicia!! Eso ben o saben nas aldeas...