Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2013.

A SOEDADE PEPERRA

 

 

A corrupción cerca ó PP, pero dende Xénova mantense en alto os estandartes dun goberno preocupado polos asuntos dos  amigos. Se fai falla invéntase inimigos pra focaliza-la atención, ou se obvian as resolucións xudiciais, como no  caso da privatización da sanidade en Madrid, ou o ensino do galego. Como é lóxico, nesas tarefas van solos, xa que soen ser cousas moi ideolóxicas, de partido. A Fiscalía, que se supera, vótalles unha man e oponse a que algúns dos implicados na GÜRTEL sexan xulgados, entreles Alvarez Cacos,  o marido da Cospedal, ou Acebes.  A Fiscalía, que supostamente actúa en intres da Lei, faino en intres do político de turno. O Fiscal sostén que o delito de falsidade contable nun é aplicable.  Descarta outros como  delito de cóecho así como outros tipos penais tales como a prevaricación, o tráfico de influencias ou  alteración de prezos en concursos e poxass públicas. Os políticos nunca delinquen

02/12/2013 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOMA

20131203183522-burro-06.jpg

Unha bolsa pódese pedir en castelán e inglés, pero non en galego, que suponse que non é un idioma estranxeiro, aínda que o PP si o parece ver así. Nunha acción mais do acoso ó galego o PP ven de denegarlle unha bolsa a unha investigadora da USC. Dúas cousas imperdoables pro PP, facer a petición en galego e pra investigar. Non é casual a política antigaleguista de Feijoo. Galiza, dende a época dos chamados Reis Católicos, está sometida a unha doma e castración, cortando de raíz calquera  brote que valore o do país. Hai un empeño en  facer de Galiza un país de servos e castrados; calquera manifestación de desconformidade é anatemizada.

03/12/2013 18:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PINDO

20131204101506-imagesnrhv7ckz.jpg

 

A iniciativa privada intenta facer traballos de recuperación no monte Pindo, pero a Xunta prohíbelles facer calquera labor, amenizándoos con multas. Parece certo que hai proxectada unha concesión pra unha canteira que a Xunta ten pensado outorgar; razón pola cal nin repoboa, nin deixa que nade o faga.  A canteira iría comendo, dende o cumio, o monte. O PINDO foi un monte sagrado pros nosos ancestros, e a Xunta quere borrar calquera pegada que poida supoñer un argueiro ós intereses de  Madrid.

04/12/2013 10:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DESPOIS DA CAIXA DOS MISTOS

20131205170013-225356-10200711840577855-1200877416-n.jpg

 

Dende que se inventara a caixa dos mistos, non se fixera un descubrimento tan importante. Un informe da policía relaciona as doazóns ó PP con concesión de contratos de gobernos do PP. Tal descubrimento motivou o cese do xefe  do equipo que investigaba a trama Gürtel; a este foron sucedendo os ceses            dos que investigaban asuntos de corrupción do PP. Na Axencia Tributaria tamén houbo unha cascada de ceses dende que o PP tomou o poder, que se viñeron dando a medida que investigaban asuntos relacionados co PP e os seu amigos. O pobo traballador derréano a impostos, mentres empresas, banqueiros, airexa e políticos viven nun paraíso fiscal e son intocables. Vamos, unha mafia 

05/12/2013 17:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O HERDADO

20131206104253-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

O recurso de tapa-la incompetencia, votándolle a culpa de tódolos males ó herdado, xa é algo que cansa e que solo serve pra consumo interno, dirixido ós militantes e simpatizantes descerebrados. Todos recordamos o estribillo de Feijoo, dicindo que ía, en tres meses, acabar co paro; pois ben, agora na segunda lexislatura, que é o que herdou da súa primeira lexislatura, o paro xa é algo catastrófico. O descenso de cotizantes da SS, que é o verdadeiro indicativo da situación laboral, e alarmante. Xa non facía falta o dato do descenso dos cotizantes da SS, chega con ver os valores acumulados da xente en paro. Pero dende a Xunta intentan disimular o aumento do paro e intentan facernos crer que a cousa non é tan grave, mesmo culpan de alarmista a quen se preocupa polo tema. O saldo, ó día de hoxe, e mais paro cada día, pobreza extrema, nada de Obras Públicas, cero asistencia social, ensino quebrado, sanidade minguante, ruína de empresas, en realidade todo o tecido económico: bancario, pesqueiro, construción naval, etc. Qué fai Feijoo: poñer terra por medio; vaise a Cuba tomalo sol.  E o que fala desto é un alarmista que espanta ás pacíficas ovellas

06/12/2013 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A RECONQUISTA DO IMPERIO

20131207105229-384536-466966636659561-1995457909-n.jpg

 

 

Cando a finais do século XIX nos expulsou, pola forza, de Cuba os EEUU, logo de fracasar no seu intento de mercarnos a Illa, nade podía imaxinar que no século XXI o prestixioso político, presidente da ignorada Galiza,  intentara recuperar a Perla do Caribe e devolver o orgullo imperial a España. A visita a Cuba do Presidente da Autonomía Galega é algo mais prosaica e rodeada de escurantismo. Nada se sabe con certeza do viaxe do Presidente e dos seus actos na illa. Con retranca fálase da venda de iogures, feitos con leite francesa e portuguesa, que afunden as explotacións agrarias galegas, pero que o Presidente galego iso non lle importa, a súa mira é mais alta, o seu é afundi-lo que toca. O equipo informativo do Presidente non permite que se filtre ningunha noticia que empane a súa viaxe; necesita de unha imaxe de estadista con logros económicos, logo dos fiascos da política doméstica. Cuba non está pra grandes empresas, polo que a viaxe ten un forte contido folclórico. A austeridade de Feijoo queda patente nese voo, cheo de xente do PP e simpatizantes, que se fan de balde un viaxe turístico

07/12/2013 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ENTENDEN

20131209104325-00002.jpg

 

 

En Europa non entenden a Lei española de seguridade. Eles superaron o fascismo e viven nunhas democracias reais, que marcan o vieiro da convivencia democrática, pola contra, en España vivimos nunha aparencia de democracia; un verniz que o franquismo deu ás Institucións pra que Europa nos aceptara no seu club .  en Europa os principios ideolóxicos nos que se basea esa lei que pretende impoñer o Goberno do PP, foron xulgados e condenados en Nuremberg. Aquí pola contra gañaron a guerra os fascistas, e tamén a Transición. Iso é o que realmente non alcanzan a entender en Europa. Non entenden como é posible que en España siga vivo o franquismo e siga gobernando. 

09/12/2013 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PINOCHO FEIJOO

20131210110251-1386353927-922854-1386354036-portada-normal.jpg

 

 Qué clase de feitizos utiliza Feijoo pra que lle crean a súas mentiras. Cóntase cos dedos dunha man, e aínda sobra dedos, en que Feijoo ten dito unha verdade. Sempre promete algo, a veces ata intenta cumpri-lo que promete, pero como promete fantasías, cousas que, de cumprise, serían boas, pero que non están dentro dos parámetros dunha realidade. Pode ser esa fantasía a que fai os proxectos de Feijoo mais atractivos pero a esperanza ensínanos que os soños saen carísimos e lévannos a un amargo despertar. O soño megalónomo  da Cidade da Cultura, que aínda que non foi un proxecto orixinal de Feijoo, foi copartícipe da da realización do proxecto, leva enterrados 400 millos de euros e aínda falta outra tanta obra, que co incremento de custos, pode precisar 650 millóns de euros, o  que hai que engadir uns gastos anuais de mantemento de 11 millóns de euros. Os hospitais comarcais, concibidos como fundacións, e que foron un rotundo fracaso. A multidude de parques industriais, que traerían 1000 empresas e mais de 10.000 postos de traballo, que conseguiron que se instalaran 19 empresas, ningunha de nova creación, e que hoxe son fantasmas en ruinas. etc  

10/12/2013 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SI QUE O ENTENDE

20131211103922-561334-514157408642462-1277335300-n.png

 

De principio, parece que Cospedal non entende as sentenza. Nin é lega na materia, nin analfabeta funcional. O que ocorre é que e que ela fai unha interpretación teatral pra descerebrados.+Copedal, co seu clásico cinismo, sacou un comunicado dicindo que lle fora favorable a sentenza da querela interposta contra Bárcenas, bueno,  este é o FALLO: Que desestimando integramente a demanda interposta pola Procuradora Sr.a Gómez-Calcerrada Guillén, en nome e representación de dona María Dolores de Cospedal García, contra don Luís Bárcenas Gutiérrez, debo absolver e absolvo o citado demandado das pretensións da parte actora.

11/12/2013 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XUÍZ E PARTE

20131212111515-5273-458301404244133-711546078-n.jpg

 

O Ministro de Facenda ten un chiringuito de   asesoramento. Atopábase entre os clientes    CEMEX, a que foi detonante da crise na AT. Hai que lembrar que alí se xestou a amnistía fiscal pros grandes defraudadores. É asombrosa a carencia absoluta de ética, deste e doutros políticos. O Ministro debera ser cesado, non solo por incompetente, senón por amoral e incapacidade mental, pero é o Ministro exemplo dos desmandos do goberno, un goberno que parece entende que  parecen que saben  é de caza, e disparan a todo o que se move.  AT, á prensa, os obreiros, os estudantes, os funcionarios, os pensionistas, etc Pronto teremos unha lei mordaza, pra que nade poda protestar. A satrapía non sabe facer mais que leis protectoras dos seus desmandos

12/12/2013 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS CARA

 

Co déficit tarifario e outros inventos das eléctricas imos camiño de ter a electricidade mais cara de Europa, grazas a Aznar e Felipe González. Moitas empresas non poden facer frente ós custos; o mesmo que lles pasa ás familias Alcoa, Ferroatlántica, Cementos Portland Valderrivas, Siderúrxica Sevillana, son algunhas das empresas que están a optar polo peche total ou parcial das súas plantas -21 en total- para evitar pagar os prezos que está a alcanzar o mercado diario almacenista de elecrtricidad. Ata 80 euros/Mwh, fronte aos 40 ou 45 euros dos tempos normais.
Fernando Soto, director xeral da súa patronal AEGE, considera que a situación, cun incremento de prezos do 60% no que vai de mes, lles fai imposible competir nos seus sectores respectivos, con prezos agora entre un 30 e un 60% por enriba dos seus competidores alemáns. Un hurra progoberno.

13/12/2013 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN ENCARGO

20131214103031-2013120813221350034.jpg

 

 A teima de FAES coa illa de Cuba, levou a Carromero en misión evanxelizadora. Agora tocoulle a tanda a un iluminado Feijoo, que chegou a illa cun amplísimo séquito de empresarios e sobretodo militantes do PP e persoal de apoio. Non sei si o despregue de medios era un arma sicolóxica pra intimidar ó goberno de Cuba, pero sabendo a pobreza que deixaba en Galiza, a ostentación e os gastos da viaxe producen escarnio. Non houbo ningún resultado económico tanxible producido pola visita. En canto a labor de apostolado dun neoliberalismo; as Autoridades da illa aclararonlle que os cambios económicos sempre se producirían dentro dun socialismo. O hermetismo da viaxe descorreu baixo unha rigorosa censura; o pouco que transcendeu foi por filtracións externas. Lonxe queda a crítica que fixera Feijoo a unha similar viaxe que fixera Touriño. Naquel caso non ían como enviado de  FAES e EEUU, pero as críticas da tropa peperra e os se acólitos fora moi apaixoada e intensa, incluída a de Feijoo.

14/12/2013 10:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Qué defenden

20131216101932-1342983614-ed1a0de5007b296876f781fbf13fd2a4.jpg

 

Mari Loli despide a unha profesora embarazada por coller unha baixa. Cómo se casa este feito co que din defender os peperros e provida;  ¿qué defenden estes cínicos?. Manchegos, españois, a apechugar co que votastes. Non hai un partido político que pase a proba do algodón; pero algúns son o lixo mesmo e demoníacos, por moito que os seus membros vaian ás procesións e mexen auga bendita

16/12/2013 10:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHAMADA A LOITA

20131217111256-1269-im-300x225.jpg

 

A sanidade é de todos, non é do PP, non é un negocio, é un servizo. Diante das mobilizacións contra da privatización da sanidade, o Feijoo afirma que mentres el sexa Presidente da Xunta non haberá privatización en sanidade.Feijoo xa ten demostrado que mente tanto como fala, e fala moito. Os feitos son incuestionables, xa se pode dicir misa. A Xunta ven partillando a sanidade pra que fagan moitos negocio: suministros, análises, historial médico, recuperación etc xa están en mas privadas. A metade do negocio de clínicas privadas  é de doentes derivados polo SERGAS, mentres os sofisticados equipos do SERGAS permanecen infrautilizados. Sospeitase que material do SERGAS é utilizado en clínicas privadas, sen que se saiba por que medios chega alí. Galiza, a do Prestige, a dos caciques, a do presidente da Deputación de Ourense, da Deputación de Pontevedra, a dos narcos, etc.; vota maioritariamente PP mesmo aumentando o n.º de votos. ¿Son masoquistas? Un galego de Porriño dixo: Non me importa que me dean por kulo. Moléstame o alento do tío no pescozo. ¿Quén entende ésto?

17/12/2013 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SI, HAI PURGA, HAI ASALTO

20131218114924-1341412348-819689-1341412616-noticia-normal.jpg

 

  O director da Axencia Tributaria di que as purgas en Facenda "non" son un drama humano". Un drama é que ti mandes na Axencia Tributaria, e unha traxedia que Montoro estea á fronte do Ministerio. Evidentemente as purgas en Facenda non son un drama humano, son un choio para os defraudadores PPerros. Coa manipulación política de Facenda sege un vieiro mais do PP. Dende que Montoro comezou a súa PPurga e falou de "niños de socialistas", "reordenacións técnicas", etc. O drama posterior, é evidente: Infantas que se libran, empresas que se saltan a Lei e se libran, amigos das gaivotas en xeral, que se enriquecen ilicitamente. Os ceses xa sobrepasan os 300, moitos deles fora nomeados por Montoro, pero cesouos o contradicir intreses da gaivota.  Esta xente, entre eles "gustan de facerse favores". Séntense poderosos. Nunca descenderan ao club dos pringaos. Enriba cren que nos alimentan coas fragullas da súa bacanal, cando somos nós os que os alimentamos a eles.

18/12/2013 11:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS CORTIXOS

20131219105512-942618-574706472574778-480991965-n.jpg

 

Polos correos de Blesa enteámosnos de que existía outra rama da GURTEL. Esta parecía depender directamente da familia Aznar. Blesa foi colocado en CAJA MADRID por Aznar con un obxectivo claro; a utilización da entidade financeira, unha das mais poderosas de España, ó servizo do PP. Pero non era suficiente a financiación do partido Pronto chegaron as cobizas persoais, de aí o saqueo da caixa, do que destaca o intento de colocación das obras do escultor Rueda, polas que Aznar pedía 54 millóns de euros, mais un museo que construiría  CAJA MADRID, o conxunto podería superar os 300 millóns de euros. O disparate era tan grande que atopou pronto oposición entre os encargados do arte en CAJA MADRID. Pese as presións dos Aznar o proxecto non callou. Finalmente as obras foron vendidas en 6 millóns de euros. A sociedade Aznar-Botella, debe ser un exemplo do que é unha empresa familiar, na que todos os seus membros traballan en equipa, aproveitando para isto as sinerxías que se van producindo. Empezou papá abrindo o camiño e sentando as bases do negocio, con esforzo e dedicación constrúe co herdado dos seus maiores a armazón da empresa, relacións de alto nivel, que o traballo de gobernar este país lle permitiu ir tecendo, á vez que colocaba nos postos clave para o negocio a submisos e agradecidos amigos que en todas as facetas do negocio puidese necesitar. Maxistrados no Tribunal Supremo, e no Tribunal Constitucional, e outros de menor relevancia, previndo as obxeccións que puidesen ir saíndo ao paso. Xestores de banca, dispostos a financiar as iniciativas do negocio, por moi peregrinas que estas fosen.  Xestores de empresas públicas,  que  teñan claro a quen deben a súa sorte 

19/12/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN AGASALLO

20131220105914-21e6mgh.jpg

 

A  venda de NGB, fi un agasallo navideño, está rodeada de sospeitas, malia ser a opción, aparentemente,  menos mala. O que mais contribúe a crear unha néboa sospeitosa é que o FROB cambiara as regras da adxudicación xusto antes de adxudica-la poxa, ademais   de mentir sobre o valor da venda. Non é certo que Banesco se adxudicara a poxa en 1003 millóns de euros. De momento pagará 400 millóns, o resto adíase en anualidades ata o 1.018. estes prazos cubriraos con creces cos beneficios de explotación. O FROB xa lle prometeu 200 millóns mais, o cal pode deixa-la operación en 200 millóns, unha ganga. Galiza por 200 millóns de euros, a metade do que leva enterrado na cidade da cultura, houbera tido un banco público. O culpable  principal os peperros de Madrid, que contaron co silencio cómplice de Feijoo. Banesco non ten moita experiencia bancaria. O grupo solo conta con 30 de vida. Ligado á oposición venezolana, e que poderá ser un inestimable apoio pro PPg por afinidade ideolóxica, o cal pode ser a clave da operación. Total 8.800  millóns de euros tirados ó lixo, pero que doen pouco cando non son dun

20/12/2013 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA SUBA QUE ASUSTA

20131221114200-1513278-568629056547042-1386935797-n.png

 

A pretendida suba da luz asustou ós consumidores; tamén o goberno se asustou e inventou o da Comisión pra parala momentaneamente, pero volverá. O máis sangrante é que o último capítulo deste atraco á cidadanía se producise só dous días despois de que o Partido Popular empregase o seu rolo no Congreso para impedir a tramitación da proposta lexislativa da Esquerda Plural, con medidas para previr a pobreza enerxética, entre as que se propoñía prohibir ás eléctricas cortar durante o inverno a subministración de luz ás familias que non poden pagar por problemas económicos. Pra negar luz no inverno ós catro millóns de españois que nestes intres están na miseria, o voceiro do PP, Mario Flores, dixo: o Goberno está a facer verdadeiros esforzos en implementar medidas sociais para garantir a sostibilidade do Estado do bienestar; esforzos entre os que incluíu a Reforma Laboral que reduciu os salarios e abaratou o despedimento, e trouxo a pobreza. É obsceno o xeito con que lle dan a volta ás cousas, a cara dura con que o fan.  "Poden estar tranquilos, porque a preocupación e sensibilidade do Goberno pra buscar solucións a calquera problema de carácter social é máis que patente", dicía. Indignante

21/12/2013 11:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A ERDADE DE AZNAR

20131223103607-1377225-10151698534542869-1765609586-n.jpg

 

 

Grazas a unha curiosa prerrogativa, Aznar introduxo unha modificación na lexislación hipotecaria, que lle permitiu a airexa inscribir, como propios, determinados bens, de titularidade diversa, ademais deso, a Igrexa Católica conta con máis de cen mil bens inmobles en España: o seu centenar de catedrais, as súas sete universidades, máis de corenta centros teolóxicos, unha ducia de colexios universitarios, máis de cincuenta escolas superiores, máis de setenta institucións superiores e un millar de mosteiros, todo iso sen contar as igrexas propiamente ditas, os pazos arcebispais, os trescentos museos, as casas de exercicios espirituais ou os comedores e albergues que adoita atender Caritas e outras organizacións solidarias afíns á devandita fe, que non sempre manteñen boas relacións coa xerarquía, tal e como acontece coas irmandades e confrarías, xa sexa de gloria ou de Semana Santa, que tamén contan coa súa propia burbulla do ladrillo. Por non falar das propiedades aparentemente sen dono que a Igrexa pon ao seu nome de xeito irregular e que inclúen casas de párrocos ou de mestres, escolas, concellos ou mesmo cemiterios. Tampouco foi derrogada a devandita norma durante os oito anos de José Luis Rodríguez Zapatero na  Moncloa. As mais de mil hectáreas de terreo rústico, con explotacións agropecuarias e latifundios que ás veces superan catro mil hectáreas, piden  a gritos que resucite Mendizabal. Nada que ver co voto de pobreza. Sen pagar ningún imposto, España constitúe unha sorte de paraíso fiscal para a Igrexa.

23/12/2013 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOMOS UNS BORREGOS

20131224105707-2.jpg

 

  Somos uns borregos, e como tal nos tratan, a pretendida subida dun 12% do recibo da luz dádeo por feito. A escaramuza entre o Ministro de Industria e as eléctricas non é mais que unha escenificación pra que nos calmemos e facernos crer que o goberno preocúpase polos consumidores. Cando todo se calme, volverá o tarifazo. España ten un salario base que é a terceira parte do alemán, nembargantes  a electricidade é mais cara que en Alemania. No primeiro Goberno de Aznar emprendeuse unha esquizofrénica liberalización do mercado eléctrico español nun proceso que se vendeu como o que lograría importantes baixadas de tarifas como consecuencia inevitable do fenómeno da libre competencia entre empresas. Por suposto, as consecuencias reais foron un aumento do 80,% da factura da luz e a creación dunha xigantesca débeda estrutural inexplicable, que vai crecendo ano tras ano e se pretende imputar aos contribuíntes e consumidores, malia que xa están a pagar tarifas domésticas que están entre as máis altas de Europa  demos 12.000 millóns de euros das arcas públicas ás eléctricas en concepto duns supostos Custos de Transición á Competencia (CTC) que debían afrontar; pero a finais de 2005 resultou que recibiran máis diñeiro polos prezos de mercado que o que se crera necesario (¿?) para asegurar a súa rendibilidade. Así que en 2006 se eliminou o pagamento dos CTC, pero as empresas non reembolsaron os seus beneficios extraordinarios. O presidente de IBERDROLA,   nun programa de radio, escarallábase coa risa. 

24/12/2013 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASUSTA-LA CRISE

20131226111013-1176366-579884698736110-827310788-n.jpg

Fátima Báñez foi nomeada Ministra de Traballo pra asusta-la crise, pero por moi fea que sexa a Ministra, a crise non se asustou. As pensións baixan en valor relativo, algunhas solo subiran dous euros ó mes. As pensións mais altas  sálvanse da queima, grazas o PP. O paro segue medrando. Os 1.800 millóns en axudas pra contratar xóvenes non mellorará o paro,   solo desprazara a idade dos parados

 

26/12/2013 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS TALIBÁNS

20131228112856-941147-632489176778824-1447049644-n.jpg

 

A maioría dos membros do clero español son moito mais ultras que os talibáns, e agora atoparon un goberno propicio, grazas ó cal reverdecen as  súas aspiracións mais cavernícolas. Tanto en ensino como no aborto, asuntos polémicos, a pegada indeleble da airexa ultramontana deixou o seu maxisterio. Cecais teñamos que agradecer a Rouco Varela e os monaguillos do goberno a inmensa labor no espallamento da apostasía, e que esta se faga pública e pase de ser unha opción persoal a transformarse nun apostolado, que nos libere, dunha vez, do dominio dos dinosauros.

28/12/2013 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COSTE O QUE CONSTE

20131230110755-555351-663610120357158-1938408874-n.jpg

 

O santuario da Virxe da Barca calcinouno un raio. Tiña para-raios, o cal quere dicir que a toma de terra non funcionaba. A Xunta, con diñeiro de todos, viña de financiar un arranxo por valor de 400.000 euros. A instalación eléctrica nin se tocou, pese a que os técnicos recomendaba facelo e o Arcebispado se comprometeu a elo.  ¿cántos dos 400.000 euros se chegaron a gastar nos arranxos?, ¿alguén encheu os petos? . ¿Hai algún responsable?. ¿Funcionaba a toma de terra dun transformador cercano? ¿ Hai responsabilidade civil e penal da eléctrica dona do transformador?. Ah claro, é un eléctrica. É curioso, grupos escolares e Institutos de ensino, ós que o vento deixa sen cuberta, é non hai cartos pra reparalos. Un accidente nunha airexa que gaña pro clero un  monto de pasta coas esmolas, un arcebispado podrido de diñeiro, ó que o famoso electricista subtraía un millón de euros, sen que o notasen, ten que ser a Xunta a que poña agora os cartos. O Presidente Feijoo e o Conselleiro de Educación, este con saúdo moi feminino ó arcebispo, van prestos ó lugar de autos, tamén o Secretario do PSOE.  Pra recuperación do Monte Pindo, tampouco hai cartos. Algo vai moi mal.

30/12/2013 11:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN ANO PRA ESQUECER

20131231105713-1471862-572350592846252-154307906-n.jpg

 

 2013 trouxo a Galiza mais paro, mais pobreza; crises de Pescanova, da construción naval, redución e envellecemento da poboación; emigración, queima de auténticas xoias; espolio do aforro galego, privatización troceada e encuberta da sanidade, recortes brutais no ensino público e na dependencia; privatización mista da administración mediante a creación de Axencias, etc. Un ano pra esquecer.

31/12/2013 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris