Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2013.

RAJOY AMORTIZADO

20130201111556-150288-465371866848828-1047552871-n.jpg

 

  A escandalosa corrupción do PP, que  trascende as fronteiras do estado, facéndose eco da mesma tódolos medios de comunicación do mundo, ten alarmada a cidadanía. Rajoy, que non se distingue por ser unha persoa resolutiva, esconde a cabeza como a avestruz, e deixa que que os escándalos barran a pouca credibilidade do sistema. O PP ten unha folgada maioría parlamentaria, e te a obriga de sustituir a Rajoy por alguén mais presentable. Non será unha tarefa doada, xa que os coñecidos, todos están lixados, pero é urxente que dentro do PP haxa, cando menos, unha aparente rexeneración

01/02/2013 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O LIXO DE FEIJOO

20130202112608-3126-152386894901374-1666578789-n.jpg

 

   A austeridade fe Feijoo é como un embudo, ancha por un lado e estreita por outro. Nos orzamentos deste ano cosina pra profesores de relixión 31 millóns de euros e incrementa a partida destinada ó ensino privado en 138 millóns. Recorta en ensino público, axudas a creación de emprego e sanidade, onde curiosamente hai 50.000 euros pra curas e 800.000 euros pra capeláns dos hospitais,. Como curiosidade incrementa a partida de cargos de confianza da Consellería da Presidencia nun 20%, pero reduce o destinado a sustitucións en sanidade e ensino. Recorre a unha emisión de débeda e non solicita axuda do fondo de rescate autonómico; o mellor é porque aquí hai comisións e no fondo de rescate, aínda que sería mais barato, non.

02/02/2013 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRANQUILOS

20130204111804-72244-472555082806630-680891982-n.jpg

  Nunca tanta xente houbo con problemas de ansiedade. é habtual o consumo de ansiolíticos.

04/02/2013 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A QUE NON SABE

20130205104405-viejaloka.jpg

 

     Os Mato, ou mais ben os Sepúlveda, son desa caste de mamíferos que nunca deixan a teta. Cando un se acostumbra a telo todo de gorra e a cano roto, é difícil amoldarse a unha vida sen eses luxos. A Mato, apropiado nome para unha ministra de sanidade, disfrutou de viaxes, hoteis, festas privadas e exclúsivas pros seus retoños, complemetos e artículos de moda a cargo de GÜRTEL, pero ela non sabía donde viñan os cartos. Ana Mato demostrou ser, ademáis de mala ministra, moi rencorosa. As farmacéuticas que particgiparon nun concurso de suministros para Junta de Andalucía, marxinounas; esa soe ser un modo de comportarse de persoas mediocres e ruíns. O marido da Mato, dende que cesou como alcalde de Pozuelo, pola súa implicación no GÜRTEL, figura e cobra do PP como asesor, pese a que non fixo ditame algún. O de Floriano, decindo que non poden despedir a Sepúlveda é tratarnos de estúpidos; ó mellor ten razón, somos estúpidos.

05/02/2013 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOSPEITABASE

20130206113858-imagescaxuyiwm.jpg

 

   Sospeitábase  que a amnistía fiscal de Montoro estaba diseñada a medida de alguén. Non é nada sorprendente que a amnistía fiscal a fixera Montoro pra trama GÜRTEL.  Sabían que todo se ía saber, pero iso non lles importou. Están tan seguros coa vida de delicuencia que non temen a nada. Non é cárcel a que necesitan; pois solo nos faltaba mantelos na cadea. Ë necesario  darlles un exemplo e colgalos na plaza pública, como facían nalgún tempo. A mais evidente  correlación PP -  GÜRTEL agroma neste caso. En realidade, a relación  é tan familiar que é algo cotián  neste turbio goberno      

06/02/2013 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MERDA EN FLOR

20130207105509-542756-527153003982472-1316417413-n.jpg

 

  É oportunista unha crítica dun goberno que é atacable por tódolos lados; pero de certo que non comprendo de que maldición bíblica somos merecentes pra que nos toque ter que aturar  semellante atallo de impresentables. Se comenzamos polo presidente, un vago, mentiroso e amoral, seguimos polo Wert, autor da contrarreforma educativa, que solo é receptivo ós postulados dos obispos, un Ministro de xustiza que solo conduce marcha atrás e que mexa auga bendita, unha Ministra de Traballo que parece que recibiu unha pedrada na cabeza e que por eso fai as tolemias mais absurdas, unha Ministra de sanidade incompetente, mentirosa amoral e rencorosa, un Ministro de Exteriores  burro, que amenaza a tódolos países, e toda forza se lle vai en  ladrar, un Ministro de Facenda que parece un pandillero de barrio, un Ministro de Defensa que actúa de representante das empresas de armamento, ou un Ministro de Economía que será porque lle recorda esto a súa etapa de Lehman Brothers

07/02/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON OS HAI MELLORES

20130208110243-391091-dimision-esperanza-aguirre-20120919135136.jpg

 

  Quero pensar que no PP hai alguna xente normal, que non todos son como os gobernantes  e os que lles aplauden. Si así non fora, que a divinidade nos asista. A lideresa, a que nunca se foi de todo, xa se postula para liderar un proceso de rexeneración democrática de saneamento ético dentro do PP. Costa crerlle ó recordar o tamayazo, os espías ordenados por ela, a liquidación do prestixio profesional do Dr Montes, o deterioro do sistema sanitario e a educación pública, e a guinda do casino de xogo de Eurovegas.

 

08/02/2013 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN SOLO CONDENADO

20130209111138-269371-10200332944837427-2144197514-n.jpg

 

  Da trama GÜRTEL, e doutros escándalos de corrupción, solo hai un condenado: o xuíz Garzón, que foi expulsado da carreira xudicial por comete-lo terrible delito de intentar investiga-lo caso Gúrtel. Os implicados o saben, nos tamén o sabemos, ningún político corrupto irá á cadea. En contados casos os sentaran no banco dos acusados. Pra mostra temos o caso de Fabras, que non solo dilata o seu procesamento, se non que ten colocada a toda a familia, entreles a súa insuperable filla e xenro,  e achegados. Dento dos obstáculos que o goberno pon a investigación está en que  sexa a Fiscalía  a que leve as investigacións, así, co control que ten da Fiscalía pode controla-la a investigación e orientala interesadamente.

09/02/2013 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMO UN CAÑON

 

  Di un deses iluminados de Xénova que a reforma laboral vai permitir crear emprego como si fora un canón. Estes iluminados, cretinos e mentireiros, non paran de soltar paridas. Ante a falta de datos que amparen as súas mentiras, recorren o vello método de repetir insistentemente unha mentira pra que semente a dúbida de que pode ser verdade. Por moito que os gurus do goberno mintan, a reforma laboral, lonxe de crear emprego, segue destruíndo emprego a un ritmo de 1800 empregos diarios, o cal de por si podía valer como argumento pra derogala; pero ten mais lixo nas súas tripas, permitiu unha transferencia da renda dos traballadores ós empresarios, que se estima en 55.000 millóns de euros, empobrecendo á clase traballadora a límites inhumanos, arruína a seguridade social, rebaixou o consumo interno e crea incertidume entre a xente que lle condiciona os proxectos de futuro como familia, vivenda, etc.

11/02/2013 10:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOBRES

20130212111718-1360584541-431687-1360584946-miniatura-normal.jpg

 

O dos sobresdebe ser algunha marca de identidade peperra; pois o Arturo Fernández tamén parece que facía uso e abuso desa forma de manexa-los negocios. Aínda que se pode dicir que sempre buscou a proteción do árbore que estivera no poder, adoptando unha camuflaxe camaleónica, é notorio o seus vínculos co PP, specialmente con Esperanza Aguirre. Os seus negocios, xa sexa en comedores escolares, hospitais, Ministerios, etc, proliferan mais á sombra do PP; pero non é exclusivo. Servil cos de arriba e duro cos de abaixo, non é unha clase única de empresario; as súas técnicas son mais habituais do que deberan ser nun país cunha ética tolerable. Parece que a falsidade documental, fraude a Facenda, a seguridade Social e vulneración do Estatuto dos Traballadores é algo corrente.

12/02/2013 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A ROUBAR

20130213113930-1360584541-431687-1360584946-miniatura-normal.jpg

 

  Arturo Fernández e a cúpula da CEOE non son os que nos gobernan directamente, pero son os que lles marcan o paso os gobernantes. Son culpables do espolio do patrimonio público, os culpables da ruína do estado do benestar, coa cooperación necesaria de políticos corruptos e ineptos. Si un pobre rouba un pan pra dar de comer a súa familia vai a cadea. Estes elementos rouban a Seguridade Social, a Facenda, delinquen contra o Estatuto dos Traballadores e o que se lles poña por diante, e permítense darnos leccións de moralidade. Arturo Fernández, de cada dez euros que gana, nove son do sector público, e aínda non están cheos; quéreno todo A normativa de contratación administrativa veda o acceso a participación e adxudicación de contratos coa Administración a persoas ou entidades que teñan débedas coa Facenda Pública. Se sigue no contubernio público, os políticos son tan culpables como el

13/02/2013 11:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SINAIS POSITIVAS

20130214102937-377576-446792292040209-1705818862-n.jpg

 

  O Presidente do BCE, na  súa visita clandestina ó Congreso do Deputados, dixo que España vai polo bo camiño e hai varias sinais positivas. Segundo este señor aínda temos que ter mais paro. As sinais positivas hai que velas coas gafas deste personaxe. O matrimonio de Mallorca non se houbera suicidado de usar unhas gafas como as do Presidente do BCE.

14/02/2013 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HAI MOITOS PERO HABERA MAIS

20130215111814-76438-388496594558753-944976844-n.jpg

 

  Corrupción, drogas, lavado de diñeiro, prostitución, mafia, xa a hai; pero Eurovegas, que é unha multinacional do vicio, vaille dar un pulo a todo ese lixo. Escandalízame que os que mexan auga bendita, empezando por Rouco Varela e os fascistas, monten saraos contra do divorcio, do aborto da investigación, do matrimonio aberto, etc. e aplaudan e propicien o desta  peste. É obvio que lles molesta a liberdade, a ciencia e a cultura; queren que sexamos unha manada de borregos pra manexarnos mellor  

15/02/2013 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MORDAZA

20130216105650-untitled5.png

 

  A maioría absoluta do PPg e a súa inclinación a apagar calquera tipo de crítica, fai difícil a labor dos parlamentarios da oposición. Tanto a Presidenta do Parlamento como o que ocasionalmente a sustituia, exercen de pperros gardiáns da moralidade e boa sona da cofradía peperra. Os Deputados da oposición que, como é o seu deber, critican a algún cargo público peperro son reprendidos e, se é o caso, expulsados do Parlamento

16/02/2013 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RAJOY E A SÚA NENA

20130218111858-487525-531542070223179-90558054-n.jpg
18/02/2013 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VERDADES COMO PUÑOS

20130219103436-307360-420226604732183-1735354594-n.jpg

 

  Beatriz Talegon, nunha convención da Internacional Socialista abroncou ós líderes socialistas, os que acusou de non conectar coa sociedade, ó vivir cuns luxos incompatibles co ideario socialista. Cando a sociedade está a pasar unha dura crise, non se pode pretender que entendan que os socialistas celebren unha convención nun hotel de cinco estrelas e cheguen ó hotel en coches de luxo. Canto hai nesto de demagoxia e promoción persoal non o sabemos, pero a música soa ben.

19/02/2013 10:35 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CAIDA CON PARACAIDAS

20130220102535-487525-531542070223179-90558054-n.jpg

 

 O número de contribuíntes que designa ó o,7 % pra airexa descendeu no último exercicio nus 100.000 contribuíntes, pero  ese descenso non supoñerá un descenso da recadación pra  airexa, xa que o PP compensarao, aínda que seo supoña pechar centros de saúde. É indignante que a estas alturas estañamos financiando unha secta relixiosa, xa sexa con participación no IRPF, ou por medio dos orzamentos xerais do Estado. Cando se sabe que si o diñeiro que o Estado lle   da a airexa, xa sexa vía imposto, financiación con cargo ós orzamentos xerais do Estado, ou exencións fiscais, serviría pra que nos puidésemos xubilar ós 62 anos. Pero xa se sabe, a política é roubar ós pobres pra darllo ós ricos e a airexa.

20/02/2013 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20130221114114-untitledjja.png

 

 

Mon toro, que pode ser o forma do nome de Montoro. Esta última forma de escribir o nome será de o posesivo gabacho, “MON”, mais o hispano TORO . Iso explicaría a teima do PP en sacraliza-las touradas. Ademais diso, son moi dados a modifica-los seus nomes e xentilicios; como a Cospedal, que  busca un maior empaque, chamándose de Cospedal. Ë o gusto pola notoriedade, pero tamén unha definición do propio carácter. Montoro, un híbrido entre dona roxelia e un touro de lidia, arremete no parlamento contra un posible inimigo, como un touro arremetería contra do engado da muleta, adornando a faena coa chulería dun pandilleiro de barrio. As súas contestacións as interpelacións da oposición son unha divagación de insultos, desgranados con florida chulería, pero sen dicir nada.

21/02/2013 11:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POLICÍA NACIONA EXPEDIENTADO

20130222110907-482556-421895097896034-1727510432-ns.jpg

 

 

   A actuación do madero que lesionou de gravidade ó arbitro do partido de fútbol que  estaba xogando, pon de manifesto o verdadeiro ser destes monstruos, que lonxe de preparalos  pra controla-las situacións de violencia, convértenos na violencia mesma. Ademais de afronta-las consecuencias penais e civís, deberá ser preso preventivamente e expulsado fulminantemente do corpo Non vai acontecer que a policía depure estas condutas; teñen moi asumido o de maderos e queren  bestas así. Non me estrañaría que en lugar de expulsa-lo do corpo lle deran unha medalla. Indignate e protesta, é o único que nos queda. Eu na PN estou deixando de confiar.

22/02/2013 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESTADISTICAS NO ESTADO DA NACIÓN

      Nun medio de comunicación nacional, resumíase o  cadro macroeconómico de España, facendo a comparación do que dixo Rajoy cos datos de Bruxelas. Rajoy coñecía os datos de Bruxelas, pero deu os cociñados e chamuscados, fora de toda realidade, co cal evidencia que é un incompetente ou un mentireiro, o  mellor, as dúas.

As previsións económicas da Comisión Europea e do del Gobierno de Rajoy

Cualquera parecido entre ambas é pura coincidencia. Os datos negativos de consumo, déficit crecemento, etc son dunha diferencia increible. 

 

23/02/2013 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ROSALÍA

 

Os pobos necesitan unha icona  pra reafirmar a súa singularidade. Singularidade é que esa icona sexa unha muller, pero mais singular aínda é que esa muller vivira naquela época escura do galeguismo e espertara as conciencias adormecidas dun pobo derrotado. Non lle foi doado a nosa querida Rosalía desprega-la súa labor de escritora comprometida, dada a súa orixe e crianza, e iso axiganta e magnifica a súa figura e a súa obra. A maioría do pobo daquela época non sabía ler, pero os que sabían e comprendían a súa mensaxe, que eran poucos, espallaron a súa palabra entre os que non a entendían. Hoxe que todos sabemos ler e, nalgúns casos, pensar libremente, temos a obriga de non deixar que sexa unha simple anécdota.

 

24/02/2013 13:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRIVATIZACION DE LA ATENCIÓN PRIMARIA

 


  En Girona está paralizada la privatización de la  atención primaria que pretende la Genaritat. El negocio de la privatización de la sanidad está capitaneado por Convergencia i Unio, en Catalunya, y en el resto de España por el PP. La derecha es la derecha, gobierne donde gobierne; pero sería ingénuo confiar en que otros no lo harian y el objetivo el mismo: llenarse los bolsillos con el negocio y llevarse el dinero para Suiza. Qué hará ERC, nada, en cuanto tocan poder, a vivir. En medio, para desviar la atención, se saca el tema de la independencia. Pan y circo, como los romanos

25/02/2013 11:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Ó CANTINFLAS

20130226113622-602782-561134320563395-1411748446-n.jpg

 

Cospedal intentou explicar ó estilo Cantinflas a relación de Bárcenas co PP. Nade lle entendeu; pero da escura oratoria, dedúcese que o PP cometeu, co asunto Bárcenas, o menos, dúas infraccións graves en materia de SS e de Facenda, que deberan investigarse de oficio. Estes deslices danse cando se intenta explicar o inexplicable, pero aínda resulta mais incomprensible cos deslices os cometa unha Avogada do Estado. O mellor cando non haxa xeito de explicalo, e de facelo, resultara incorrer en algo incomprensible, alegal, ou abertamente ilegal, calarse a boca como fai Rajoy e non pronunciar sequera o seu nome, que de por si xa é un arte.

26/02/2013 11:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DESILUSIONANTE

20130227112847-420373-597232026970776-49156071-n.jpg

 

 

  O debate, por chamarlle dalgún modo, do ESTADO DA NACION, foi decepciónante. Non se tratou ningún dos asuntos que preocupa ós cidadáns. Nin desafiuzamentos, rescate á banca, recortes en sanidade, servizos sociais, emprego, etc, mereceron obxecto do debate. Os parlamentarios, especialmente o Presidente do Goberno parecían vivir nun mundo irreal. O debate foi un tongo, no que un escuro ababeaba incoherencias, sen que Rubalcaba atopara o fío do que se estaba a falar. O resultado a verdadeira dimensión do Goberno,e un Rubalcaba que perdeu a pouca credibilidade que tiña, incluso entre os seus. Os medios de comunicación da dereita e da extrema dereita deron gañador, por moita diferenza,  a Rajoy. eles foron uns privilexiados que entenderon o debate de Rajoy, nade mais o entendeu, que pode ser un motivo de desculpa pros outros grupos, xa que estaba nun debate do que nade sabía de que ía. O único certo é que o perdedor  foi  pobo.

27/02/2013 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TONI CANTÓ

 

Toni Cantó intentou debater dun tema tabú,  -A VOLENCIA DE XÉNERO-. No tempo que leva a lei en vigor apreciouse que era notoriamente imperfecta. Como dicía Cantó, e neso ten razón, non se pode construír unha verdadeira igualdade criminalizando a metade da humanidade, sexa ou non culpable. Os homes non son culpables da violencia de xénero polo feito de ser homes, nin son culpables do que fagan algúns bípedes con forma de home. Penso que eses si merecen ser castigalos como animais, sen dereitos, xa sexa femia, ou macho. A violencia, pode ser provocada por ámbolos dós xéneros. De aí que debía chamarse violencia doméstica; por que nenos, vellos e dependentes sofren unha violencia da que merecen ser  protexidos. Negar que non hai denuncias falsas, e que estas condicionan que os casos auténticos teñan menos credibilidade pra policía e pros xuíces,  é dun fariseísmo insoportable. As que cociñaron a lei pasáronse cos disparos por elevación, e as árbores non lles deixaron ver o bosque, ou non o quixeron velo. Polo que se refire ós animais, eu que non lle vexo ningún arte en torturalos, podo dicir que canto mais coñezo á xente mais  quero ós animais, e considéroos suxeitos de  dereitos, como todo ser vivo

28/02/2013 11:03 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris