Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2013.

SANTIAGO DE CORRUPTELA

20130301111337-538087-469804683069166-1672293020-n.jpg

 

   A interpelación a Feijoo sobre os casos de corrupción do PP en Galicia permitiunos aprender unha lección de Dereito Constitucional, inédita nos mais avanzados tratados da materia. Tras preguntarlle os nacionalistas pola corrupción e igobernabilidade no Concello de Santiago, empezou a súa resposta abroncando á oposición e interpelandoos sobre diversos asuntos. Foi entón cando me din conta que non era unha sesión parlamentaria normal, tal como acontece no parlamentarismo clásico. O Goberno de Feijoo pretendía controla-la labor da oposición. Parece que o do control do goberno polos Deputados da oposición xa era cousa do pasado. Lembrei os primeiros paseos de Feijoo co hoxe alcalde da Coruña, ambos interinos á sazón, onde chegaran da man e baixo o maxisterio de Romay Becaría. Feijoo parecía unha persoa tímida  e  apoucada, mentres que Negreira era mais falangueiro, Agora decátome de que o que parecía timidez de Feijoo non era mais que desconfianza,  o que agora, nunha situación de poder tradúcese nunha agresividade desordenada, ladrando como un rotbailer, en lugar da oratoria parlamentaria. Dese xeito quedamos sen saber que vai facer no caso do Axuntamento de Corruptela e noutros mais pequenos, no caso do Superdelegado da Xunta  en Ourense, das probas selectivas, dos muíños de vento, dos contratos, etc.

01/03/2013 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CODIGO DE SILENCIO

20130302113740-1343096379-027293-1343099180-portada-normal.jpg

 

  As meteduras de pata de Floriano, da Cospedal  e meritoria, intentando explicar as corrupcións dentro do PP, e especialmente as contradicións diarias do caso Barcenas, terminaron por impoñer dentro do PP o código do silencio, o mais puro estilo da mafia coa ormeta

02/03/2013 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN BRINDIS Ó SOL

20130305104229-20110412104121-fanatico.png

 

  Coa publicación da declaración da renda intentan darnos a idea de que son honrados e transparentes; como si os cobros en B, chanchullos e comisións figuraran na declaración da renda. Impresióname o concepto de estúpidos que teñen de nos A consecuencia sácana das súas campañas electorais, nas que nos din mentiras e promesas de paraísos e nos as creemos, como os terroristas islámicos; o cal nos leva a que os fanatismos e a incultura dos pobos e igual en tódolos sitios

05/03/2013 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FEIJOO DI QUE NON DI

20130306112048-422286-477187785627823-1139266084-n.jpg

 

   Feijoo non da, case nunca, resposta ó que se lle pregunta. Querían que falase da corrupción, especialmente no Concello de Santiago, pero el falou da solvencia da Xunta; unha solvencia que se asenta, fundamentalmente, en dous pilares restrición do gasto social e de inversión, e nunha espiral de endebedamento nos mercados financeiros, moito mais caro, rexeitando recorrer á axuda do Estado, como fixeron outras autonomías; porque facelo sería admitir, que as súas bravatas aséntanse en falsidades  contables e nun distorsionamento da realidade.    Todo iso como coroación  a posta en marcha dun potente ventilador que cisque a merda, real e ficticia, pola terra de Breogán. O PP, por moi evidente que sexa, nunca admitirán unha culpa, eles, aínda que a teñan, non a teñen. !Que van ter eles culpa!. Imposible. Eles son a realidade necesaria.

06/03/2013 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA AREA NO ZAPATO

 

Chávez era unha molesta área na bota yanki. Os que neguen a súa gran labor en favor dos pobres de Venezuela e dos pobres de Sudamérica en xeral, ou ben son persoas mal informadas,  ou é alguén con malas ideas. Dende a súa chegada ó poder escolarizáronse en Venezuela a mais de dous millóns de nenos condenados o analfabetismo, fixéronse intensas campañas sanitarias en zonas illadas e en colectividades marxinais, reduciuse a diferenza entre ricos e pobres nun 40%, os cidadáns  venezolanos adquiriron a autoestima perdida. Dende Che Guevara non houbo outro personaxe que loitara pola la liberdade e dignidade de Sudamérica. Era un personaxe apaixoado, extravagante en certos momentos instriónico, pero dicía o que consideraba era a verdade. O empeño, aínda que nos soe a ocorrencia, de países bolivarianos, ten sentido; Bolívar foi o gran liberador, exemplo a seguir. Non podemos xulgar a Chávez dende Europa, menos dende España, onde as desigualdades sociais se disparan, o paro é escandaloso, miles de nenos van a escola sen comer, a corrupción é habitual, a airexa é medieval e o país endebedado e arruinado. ¿Cál é a nosa forza moral?

Chávez un símbolo que nos guía fronte ós explotadores. Incómodo pros EEUU e o capital usurero e explotador, segundo insinuou Maduro, o seu mal foi provocado. Non hai argumentos pra afirmalo, casos similares se deron. Fidel resistiu o capitalismo, aínda que o intentaron derrocar con invasións dende Florida; pero si aínda vive é porque non ten petróleo, nin nada que roubar.

07/03/2013 11:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN GOBERNO XORDO

20130308111055-554927-517910611580839-1147061885-n.jpg

 

 

 As manifestacións a prol do galego son multitudinarias, pero iso non move nin un milímetro a Feijoo da súa folla de ruta. Xa sexa co seu falar macarrónico de analfabeto, chapurrando un galego no que se asasina a linguaxe, e que a ben seguro a el lle parece unha forma inxeniosa de facer obstentación do seu menosprezo ó galego, pero que non deixa de ser unha mostra patente da súa ignorancia; ou con políticas agresivas en contra do ensino do galego pra expulsalo das aulas, recorrer a sentencia contra do seu decreto de plurilingüismo, da man de monolingüe. E pra coroar as ofensas  nomear a Marta Rivera, declarada antigaleguista pra que interveña na homenaxe a Rosalía. Este home é un provocador.

08/03/2013 11:11 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A CIDADE DO PECADO

20130309112741-pensar.jpg

 

  Agora xa se sabe por qué o PP quere que Eurovegas se instale en Madrid. Segundo confesou o Ministro d Interior, reencontrou a Deus nun viaxe que fixo ás Vegas. Non quero barruntar o que ía facer o patricio peperro ás Vegas; se ía por negocios, ou pracer; si era o xogo, ou a prostitución o que guiaba a súa viaxe. Na xuntanza de algúns católicos laicos en Roma arremeteu contra do matrimonio gay, e deu un argumento de peso, que non pode ser rebatido. O matrimonio gay vai encontra da proliferación da especie. O mesmo argumento, digo eu, é aplicable o celibato obrigatorio. Non deixa de asombrarme a estrutura dos argumentos que paren cerebros tan singulares. Seguro que a verdadeira razón é que se trata de cerebros primitivos, conxelados no proceso evolutivo.

 

09/03/2013 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHULO E PREPOTENTE

20130311110850-aznar5.jpg

 

  A comparecencia de Bárcenas no xulgado amosou a un suxeito amoral, chulo e prepotente. Non deixa de ter razóns pra comportarse así, ten o PP collido polos collóns, e como fale vanse ver que moitos muñigotes que se lles cae o bigote, e outros que revelen a súa orixe de barro e se escachizan en mil cachos, e a democracia mesma desnuda, desposeida de adornos, pra que vexamos de que xeito nadan en euros os que nos piden mais austeridade.

11/03/2013 11:09 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

!QUE MORRO!

20130312104408-5139f3d9860d0-marta.jpg

 

 Marta Rivera de la Cruz, a mediocre  e descoñecida escritora que Galicia Monolingüe e o moñigote, encomendaron a parodia da homenaxe a Rosalía, dixo  que Rosalía deixara de escribir en galego por culpa do Bloque e da Mesa de normalización lingüística, cando nin existían nin en soños. De certo que aquilo parecía un concurso de disparates de xente que xogaba a votar peidos pola boca. A curiosa invitada negoulle a Rosalía a mais mínima concienciación galeguista, cousa difícil de entender, si temos en conta a marxinación da lingua galega, sumida na mais escura noite e o papel da muller naquela época; pero chegaría pra demostralo o compromiso de Rosalía con Galicia con aquela frase súa: “Probe Galicia non debes chamarte nunca española..." -Cantares Gallegos, Rosalía de Castro-, si iso non é ser galega de conciencia e corazón, que mo explique esa ignorante. Por certo por culpa da ocupación colonial da nosa terra, de xente da mesma madeira que os da galicia monolingue, que durante séculos perseguiron e menospreciaron ós que falaban galego, entre os que se atopaba o pai de Marta Rrivera, fixeronlle a vida difícil a Rosalía por escribir en galego, e a todos os que, seguindo o seu maxisterio, usaron o galego deica o día de hoxe.  Pero non nos calaran, porque coa súa política fannos cada vez mais fortes e reafírmanos no noso propósito. Mentres haxa un galego e lei, o galego seguira vivo. Foi indecente como a protagonista do acto lle votou a culpa ó Bloque e outros, que entón  non existía, de que Rosalía deixara de escribir en galego, cando foron os explotadores españois e a airexa, os que tiñan condenado ó pobo galego ó analfabetismo. Ó idioma galego prohibido, dentro do proceso de castración e doma de Galicia. Rosalía foi unha valente e heroína; si hoxe vivira, a mais dun e dunha escupiríalle na cara.

12/03/2013 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEGUEN CO MESMO PELO

20130313112334-556877-581875441825378-615768984-n.jpg

 

  Seguen co mesmo pelo de lobos farrapentos intentando perpetua-la mentira. O ninguneo,  as mentiras e os desprezo, afonda nas feridas das vítimas do atentado de Atocha. A maioría dos lesionados naquel atentado viron icrementadas as secuelas; namentres o goberno do PP fai oídos xordos ás reclamacións, especialmente se proceden da Asociación presidida pr Pilar Manjón, mentres incrementa a asignación a asociación ideolóxica afíns; como a chamada AVT. Non debera haber distingos, unha vítima é sempre unha vítima, pero os peperros, fíes o seu racismo ideolóxico, seguen facendo ferinte distingos, e castigando a quenes non participan da súas mentiras, porque non admiten mais verdade que a que eles presentan como tal. Paralelamente, a xeito de aviso ós navegantes, advirten que calquera Fiscal pode ser cesado por Torres Dulce. Así que nade espere Miragres dos procesos contra da corrupción. Ademais de despreza-la quérella de IU, o PP puxo a traballar á Fiscalía pra apartar o xuíz Gómez Bermúdez do asunto Bárcenas

13/03/2013 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOUS MILENIOS TE CONTEMPLAN

20130314104449-313346-319340301502306-1999063486-nb.jpg

 

 

 Chega con ver a Rouco Varela, pero o escoitalo confirmase, os dinosaurios non se extinguiron e a airexa quere que así sexa. A airexa española tivo pouco que dicir no Vaticano. Aínda que xogaban nun campo no que o conservadurismo e outras virtudes menos piadosas cotízanse. O desprestixio internacional dalgún personaxe fixo que a voz soara oca e ronca; aínda que nos queiran vender o do papa hispano. Durante a ditadura arxentina non foi belixerante co poder, antes ben foi compracente e reprochou os demais xesuítas co foran, dicindo que o lugar dos sacerdotes estaba na airexa, non cos crentes. É o perfecto pontífice con un conservadurismo na pauta marcada polos predecesores. Contrario a lei de liberdade sexual arxentina, porque, segundo el, trátase dun atentado á familia e ataca o plan de Deus.  É curioso como os mais tradicionalistas lle atopan virtudes a moreas, algunhas ridículas e se esquecen dos defectos. A indefinición o amparo no poder cruel, como o da dictadura, son o modo camaleónico que lle permitron a airexa sobrevivir dous milenios. En definitiva é humano e Vaticano

14/03/2013 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN PERIGO

20130315112627-601962-438903676188637-2064959892-ns.jpg

 Méndez Ferrín advertunos de que a RAG esataba en perigo. Quero pensar que é unha Institución con fondas e fortes raíces e que aguantará calquera vendaval, pero sería un erro menosprecia-lo inimigo. Dende os tempos mais tenebrosos da ditadura o galego non estibo tanto en perigo como agora. Certo que hai unha conciencia popular de defensa do galego, que se traduce en multitudinarias manifestacións en prol do idioma. Nembargantes non nos deixemos cegar por este espellismo, porque os que agora detentan o poder político na Xunta tamén foron elixidos polos electores, e de pouco importan as mañas que utilizaran. O chegar onde están debe indicarnos o perigosos que son. Escoitar o debate no Parlamento coa intervención do Conselleiro de Educación, púxome os pelos de punta, non pola súa voz afrautada, senon por dicir que á diferenza do Bipartito, eles non impoñen o galego. O que non dixo é que impoñen o castelán con tódolos medios o seu alcance

15/03/2013 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN QUÉ MAIS MENTEU

20130316111233-ruedachilefarodehercules.jpg

 

   É moi triste que unha empresa galega, como PESCANOVA, con presenza en tódolos mares do mundo, se vexa arrastrada pola lama e condenada a desaparecer, por culpa dunha mala administración.  Tense demostrado que os dirixentes dunha empresa teñen que ter como primeiro obxectivo a boa marcha e saúde da empresa. Os demais obxectivos teñen que ser secundarios e non significarse en política mais aló do prudentemente aconsellable. Nas primeiras eleccións que gañou Feijoo, PESCANOVA uniu implicitamente a súa sorte á de Feijoo. Todo elo en contra dunha prudente política empresarial. Certo que grazas a esa xogada, que nun é exclusiva de PESCANOVA, conseguiu o emprazamento, pra unha industria súa en Rede Natura, que doutro xeito posiblemente non conseguiría. O malo foi que o negocio non fora como se prevía, polo pinchado da burbulla inmobiliaria. Con todo a directiva quedou marcada e os perdedores a plantilla e os accionistas. Ademais de Cabo Touriñán, descoñécese o importe das axudas recibidas da Xunta de Feijoo, xa   que négalle á oposición información; esta opacidade tamén se estende ás contas da empresa e nin a CNMV o sabe.pola súa parte, a Comisión Europea ten en curso unha investigación pola posible recepción de axudas ilegais. Barrúntase un temporal con moi mala pinta.

Con toda seguridade puideron recibir axudas públicas da Xunta de Galicia e europeas durante o período que abrangue dende o ano 2002 ata o 2013 que levarían a sumar cantidades de auténtico espanto e de varios millóns de euros, que deberían constar no Consello de Contas da Xunta de Galicia, que se nega a informar. Tamén sería importante que Feijoo aclarase se Pescanova axudou a financia-las autonómicas o PP, o que sería ilegal e que nunca, por tanto, nunca se vai saber.

16/03/2013 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON IMPORTA

 

       Non importa a ciencia pro PP. A Comunidade Valenciana despide a 108 investigadores dun programa de investigación sobre o cangro e gasta 3 millóns de euros nun torneo de golf, así como 30 millóns e reflota-la empresa que organiza a fórmula un

18/03/2013 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CASO PONFERRADA

20130319105529-1363174520-28366043cafaa5b0cfb12549914d765eg.jpg

 

 

  O cambio do titular da alcaldía de Ponferrada aínda dará moito que falar, pero o que me chama a atención é que  este asuntiño é que oculte outros mais importantes. Acaso a sanidade, a dependencia, a xustiza, ou a educación, merecen ser ocultados por un cambio nunha alcaldía. Ismael Álvarez e Nevenka tiveran un romance, cousa lexítima entre adultos; pero cando Nevenka conseguiu os seus obxectivos púxolle fin ó romance, cousa que non admitiu Ismael e quixo seguir co romance. Pra que haxa un romance fan falta dous, pero pra que remate solo fai falta un.  Ismael Álvarez foi xulgado polo asunto e cumprida a condena. Si o obxectivo do cumprimento da condena é a rehabilitación do condenado, e a condena non é a perpetuidade, non hai razón pra que así non sexa  no caso de Ismael Álvarez. ¿Entón a que ben  esta lea. Non sería o medo a perder todo o que  hai tecido ó rededor da alcaldía?. Ou, desvia-la atención doutros asuntos. Porque cando foi do acoso, o PP mirou pra outro lado. Agora  o PSOE, pra evitar casos como o de Ponferrada, promete reforza-la igualdade, porque o problema que xurdiu, segundo a súa diagnoses, por aí. Patético

19/03/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN BOTÓN DE MOSTRA

20130320105219-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 

  A morte dunha doente no servizo de urxencias dun hospital de Vigo, non é mais que unha alerta do que pasa e vai pasar no futuro inmediato da sanidade. O PP ve a sanidade como un negocio e tódolos atallos lles parecen oportunos pra cargarse a Sanidade. O que pasou en Vigo pode pasar en calquera servizo de urxencias de calquera hospital galego, nos que os doentes se amorean e soporta horas de espera. A causa esencial son os recortes do PP. Pero o mais collonudo é que o SERGAS intenta culpar ós profesionais da sanidade das consecuencias da súa Política homicida. Mentres recorta persoal sanitario e material sanitario, dota de 800.000 euros a un servizo de capelláns católicos. A vítima non tivo médico pra salvarlle a vida, pero seguro que tivo un cura pra que salvarlle a alma. O intento de culpar ó persoal sanitario está na comisión de investigación, que seguro chega á conclusión de que o responsable foi un celado. O mismiño que a  comisión que inventara Feijoo con motivo das probas trucadas para acceso de persoal da Administración Autonómica, que non solo evidenciou o tongo, senón a inutilidade  e inoperancia da oposición e a profesionalidade e independencia da xustiza

20/03/2013 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADA QUE CELEBRAR

20130321113542-bmn.jpg

 

 Xa pasou mais dunha década da guerra de Iraq. Foi unha guerra cruel, como son tódalas guerras; baseada en mentiras. Hoxe, cando se sabe con certeza que as mentiras que nos contaban sobre a existencia de armas de destrución masiva, non eran mais que escusas de criminais que solo ambicionaban o petróleo e a riqueza do pobo iraki  e vender armas. No discurso de Aznar, ó que se cría desaparecido, non mentou, pese a  data, a guerra de Irak. Reprochoulles os seus que non  fagan recaer o desgoberno sobre os socialistas, cando os pobres non teñen nin folgos pra construír unha alternativa de goberno, nin facer a mais mol oposición. Pero Aznar quere o aniquilamento da  oposición, xunto  cos cidadáns e que se esqueza que nos meteu naquela guerra infame, que malvendeu os bens públicos, que inchou a burbulla inmobiliaria, que sementou odio entre os españois, ect, e abofe co consegue. 

21/03/2013 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DISPARO POR ELEVACIÓN

 

Non é unha estratexia de artillería, aínda co pareza, pero o autor do roubo do CODICE CALEXTINO, lo Sr. Castiñeiras, parece que quere usar esta técnica pra súa defensa, e declara que os roubos e outros pecados  son mais habituais do que se cre dentro dos muros da catedral. Xa nada nos causa asombro, porque estamos curados de espantos. Sabemos que a honestidade i a castidade son virtudes que non sempre acompañan á dignidade eclesial, pero nunca deixará de sorprendernos. Somos crédulos, necesitamos crer, pero os feitos lévannos a contraria

22/03/2013 12:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SALVAN ÓS BANCOS, PERO ROUBA AS FAMILIAS

20130323112814-13631609707302col.jpg

 

 As prefentes as subordinadas. A solución que se lle ocorre o dúo Feijoo-- Rajoy é a quita, unha quita media do 43%, chegando nalgúns casos a mais do 60%. Non hai nade na cadea por esta estafa. Resulta obscena a imaxe de Feijoo sacándose a foto cos causantes de tantas calamidades; mentres moitas familias quedaron sen os aforros que a longo da vida xuntaron, agora son estafados e os poderes públicos fanse o xordo e legalizan a estafa. Os bancos, mal xestionados, o goberno endósanos a todos as súas débedas, tras recorrer á CE pra enche-las súas arcas. Da esta, o PP vótalle a culpa a ó PSOE, eles que puideron e deberon facer xustiza, tira de BOE e entregan os bancos os aforros de miles de familias. As familias, estafadas e roubadas, non lles fan caso.  !Menuda moral!. Moito falar de familia, xa se ve pra que a queren .

23/03/2013 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA VOLTA POLA CAPITAL

20130325112018-317502-231301526994853-1412368427-n.jpg

  A volta que se deu Feijoo pola capital do reino non é mais que unha promoción persoal. Férvelle o cu porque o chamen pra Madrid. Eu deséxolle un pronto desembarco, aínda que Rueda é un polo de coidado. Pero bueno, quedaríanos a satisfacción de que Feijoo atoparía en Madrid acougo pra súa alma e satisfacción pro seu corpo.

25/03/2013 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VEÑEN OS CAMISAS PARDAS

20130326111538-00002.jpg

 

  Os cachorros do PP invitan ós alumnos de distintos niveis a denunciar ós profesores cando sospeiten que están a facer adoutrinamento. A cousa é está detrás dunha límea tan sutil, que calquera idea, calquera cousa se pode considerar adoutrinamento; os profesores terán que falar con acento neutro,  todo o que digan e fagan nas aulas tera que ser censurado por unha comisión de PP-Gurtelianos presidida por Rouco Varela. A liberdade de cátedra é recordo dun pasado, de cando había liberdade. Agora serán os camisas pardas, as xuventudes nazis, os gardiáns da mais ortodoxa doutrina fascista. A! Si, a relixión, aínda que adoutrina e aliena, cumpre o fin de amoldar conciencias ó nacional-catolicismo. Algunhas esquerdas consideraran, ante estes feitos, necesario reforza-las políticas de igualdade. Outros que tampouco queren pensar, porque iso de pensar é moi lioso, conformaranse con fumar un porro e libar no parque dunha litrona. Mentres o deterioro da situación económica e do xeito de vida non entre nos cerebros podridos. A democracia e a liberdade estarán en perigo

26/03/2013 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ROUBO INFAME

20130327103224-louzan-22222.jpg

 

 

O PP galego celebrou un congreso en Silleda protexidos por un amplo dispositivo policial. A infamia do PP, que lonxe de dar solucións ós afectados pola estafa das preferentes, non asume ningunha parte de culpa no  asunto, o cal non é nada novo no xeito de proceder do PP. Segundo Feijoo a culpa é dos gobernos anteriores. Nade pode renunciar á parte de culpa que lle corresponda, esta atínxelle o PSOE, porque as subordinadas e as preferentes foron produtos financeiros que se empezaron a colocar na última etapa do goberno do PSOE, pero eran as CCAA as que tiñan que controlalas caixas na súa  Comunidade, e aí Feijoo non pode votar balóns fora. Si se estaba dando unha  estafa tiña que actuar. Na etapa de goberno do PP, non solo se desenrolou a estafa, senón que se inventaron esa quita de ata o 60%. As mesmas autoridades monetarias que miraron pra outro lado cando se inventaron as subordinadas e as preferentes, agora seguen co goberno do PP. Si rescataron os bancos cos nosos cartos, por qué non lles obrigaron a devolve-lo estafado.Congrso de Silleda foi pra entronizar, unha vez mais,   o actual Presidente da Deutación, Luzao, reputado cacique e antigaleguista, desestabilizador da política local, mediante a promoción de mocións de censura. a política é un bo xeito de ascenso. De conserje de axuntamento a presidente da Deputación. Ribadumia e boa terra de políticos, de alí tamén saiu o fontaneiro que lle ía saca-la alcaldía a Lores, como fracasou o PP fixo del un Senador. Eso é unha mostra da utilidade do Senado. 

27/03/2013 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE NAZARENO

20130328113528-pepe-blanco-con-gato.jpg

 

  Blanco vai pasa-la súa particular paixón.  O PP precisa con desesperación estende-las sospeitas de corrupción pra oculta-lo lixo doméstico. Solo así se explica o afán de procesar a alguén significativo da oposición. A persecución a Blanco ten dous momentos moi significativos. Despois da entrevista de Feijoo con Dorrivo en San Caetano xurde aquel enredo estraño da gasolinera. Os mal pensados, que o mellor non van descamiñados, viron unha manobra de Feijoo pra cortarlle a marcha cara San Caetano. Aproveitando a campaña inicial, chegado ó PP ó goberno iniciase unha investigación policial pra achar supostos delitos na xestión de Blanco. O PP acumulábaselle os casos de corrupción e tiña a urxencia de sacalos focos dos casos que os comprometen, buscando desesperadamente a que votarlle o dente. Despois de meses de investigación non atopan con que construír unha acusación, o xuíz non atopa causa pra procesalo, pero a Fiscalía quere, a  toda costa, que se procese e pide autorización o Congreso. Alucinante

28/03/2013 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS HIENAS

20130329115937-562658-499934536734011-92463206-n.jpg

Os Deputados do PP rinse no Parlamento dunha pregunta do grupo da oposición sobre as pensións mínimas. Normal, eles non saben sequera que o problema existe; e si existe a eles esváralles o asunto. Rinse como unha manada de hienas.    

29/03/2013 11:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O MESIAS

 

  Os que non admiten ningún tipo de dúbida seguro que a especulación lles parecerá sacrílega. Pero gústelles, ou non, no tempo anterior a Xesús de Nazaret houbo moitos predicadores que se dicían  que eran o Mesías. Os xudeus esperaban un mesías que os librara do poder de Roma, polo que non lle recoñeceron a ningún iluminado o carácter de mesías. Pouco antes de nacer Xesús  axustizaron a Simón de Perea, mesías no que parece se inspirou Xesús. De Xesús dise que era un provocado, que buscaba a toda costa notoriedade. Como queira que sexa os investigadores seguen buscando indicios que lles axude a descubrir a verdade de Xesús.

30/03/2013 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris