Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2013.

UNHA GANGA

 

 

España é unha ganga pro inversor estranxeiro. Todo está en venda e a prezo de saldo. Esta baratura debeu ser o que levou a Botín a dicir que o diñeiro invadíao todo. Os organismos financeiros internacionais contradín as afirmacións de botín. E aínda que todo se vende de saldo, os inversores estranxeiros parecen non fiarse da gobernanza de España, e espántaos o elevado nivel de corrupción

01/11/2013 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAÍS EN NEGRO

20131104105256-2.jpg

 

 

Segundo Montoro ós españois non lles interesa as noticias sobre a corrupción coas que se pretenden embarra-la política. Pode que teña razón.  Somos un rabaño de ovellas, ó cargo duns lobos.

 

04/11/2013 10:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TOMADURA DE PELO

20131105110431-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

 

Feijoo prometeu baixar “selectivamente” varios impostos. As baixadas estrela serán pras herdanzas de predios no rural. Non sei que se trae entre mans. Ese no parece ser o obxectivo, xa que as empresas agrarias, entre outros negocios, tanto a Lei de Sucesión e Doazóns, así como a Lei Galega de SD, prevé que os herdeiros estarán  libres de impostos, sempre que continúen a mesma actividade económica, tamén teñen unha redución os eivados polos bens herdados, sexa cal sexa a súa natureza. Por iso é importante que a oposición lle pida que xogue limpo, o Parlamento non é lugar pra trileros, que esconden os problemas do país en canto de resolvelos, ou de sacar engados pra despistar á oposición. Sería bo compara-las propostas que o ríspeto fai Feijoo e comparalas coa lexislación vixente   

05/11/2013 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INDULTOS A GRANEL

20131106105132-1340301190-a1749ec95ccedf1475c908466aca8af9.jpg

 

 

 

Unha boa forma de obter indultos é que o propoña o bufete de avogados no que traballa o fillo de Gallardón. O asunto adquiriu actualidade e alarma polo indulto a un kamikaze, que conduciu cinco km en dirección prohibida, causando un accidente, con resultado de morte. Na concesión do indulto houbo informe en contrario da Fiscalía e do Tribunal xulgador. En calquera país este episodio  chegaría pro cese do Ministro, pero o facha está apoiado polos sectores ultra, pra quenes a xustiza é un chiste. Narcotraficantes, evasores fiscais e similares son dos mais beneficiados. O indulto ten que ser potestade dos Tribunais de Xustiza. Demostraron que non pode estar en mans de políticos

06/11/2013 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESTO PÚDRESE

20131107102854-2012-01-27-paralizados.jpg

 

 

A competividade en España estase a basear nunha baixada de salarios. O emprego estable e de calidade desaparece, no seu lugar créanse postos de traballo precarios e cunha baixa remuneración. Estase a chinizar o traballo e os produtos españois destinados a exportación estanse a fabricar en  condicións de semiescravitude, pero aínda e tamén malo que os produtos españois perden prestixio, e iso algún día pasará factura. Os empresarios están cegados e obsesionados con beneficios inmediatos e son incapaces de ver que todo se funde. O consumo interno afúndese e aunenta o número de empresass en qebra, tanto pola baixada do consumo omo do crédito, a pobreza dispárase. Ter crianzas e familia estable, nestas condicións, é de irresposables: o único que se está facendo e crear unha mesnada de futuros escravos.

07/11/2013 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDIA XUSTIZA

20131108113221-603295-10151759567746145-109835503-n.jpg

 

 

A sentenza do Supremo anulando o indulto ó kamikaze  de Valencia é unha noticia pra celebrar, pero queda o regusto amargo de que se concede ó Goberno sanar as eivas do indulto e concedelo de novo. Menos xustiza i equidade, de Gallardón pódese esperar calquera cousa. Así que ledicia contida e agardar que un futuro goberno poña orde nas obscenidades que permite este Decreto. A relación persoal, do kamikaze,  coa mafia peperra é moi coñecida. O PP di que sempre está coas vítimas, mellor ocasión pra demostralo, imposible.

08/11/2013 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ULA

20131109103400-540716-364368810341180-286114689-n.jpg

 

No seu momento era cousa de fe crer nas promesas de Feijoo de que trouxera o contrato de México pra construír floteis pra PEMEX. Nade viu o contrato, polo que mais que nunca todo se resume nunha cuestión de fe; porque fe é precisamente iso, crer o que non vemos e é imposible demostrar. A construción naval pechará, pero morrerá coa ilusión da salvación, o contrato que nos prometeu Feijoo. Somos un país moi crente. Un país pobre, mísero e ignorante precisa unha ilusión, a promesa dun futuro marabilloso, aínda que nunca chegue.

09/11/2013 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOVEMENTO AUTÓMATA

 

.

 

O movemento da economía galega é autómata e independente dos fluxos económicos mundiais. Cando a economía mundial vai mal, a galega non vai tan mal; tamén cando a economía mundial marcha ben, a galega non vai tan ben. A nula sintonía co que pasa mais aló do Padornelo e de Pedrafita débese a que Galicia vive nunha situación de autarquía e primitivismo económico, e os excedentes de poboación, que este sistema non pode asimilar, teñen que emigrar. O goberno da Xunta e como “O CASTELO” DE kafka. Lendo ese libro enténdese todo.

11/11/2013 09:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O POSOE

20131112103940-01-politica.jpg

 

 

  Tratando de atopar un vieiro  que lles permita o reencontro cos votantes, o PSOE celebrou unha conferencia    da militancia, na que os vellos baróns van a impoñer o que sempre viñeron facendo, encalando un pouco a fachada, pra ver si cola. A intervención de vellos e venerables líderes, como Felipe González, deron a pauta do PSOE que queren; pretenden que o partido centre o debate en cuestións de programa, que non haxa primarias, nin unha revisión ideolóxica, nin dos fracasos actuais, que según eles non lle importa ós votantes. Houbo algunha proposta digna de xerar debate. Propoñen igual salario entre homes e mulleres; non igual salario pro mesmo traballo, que parecería o lóxico. O enfrontamento entre xéneros parécelles rendible e, ademais, despista á xente e non se fixa nutras cousas. A imaxe de Felipe, xubilado de ouro, que ademais é pluriempregado con  un salario de 200.000 nunha empresa enerxética que lle está pagando os favores, que deberon ser moitos. O PSOE traizoou moitas veces ós votantes. De aí que a xente non se fíe deles

12/11/2013 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ENTRE DÚAS AUGAS

 

 

 

A adición dos máximos responsables dos sindicatos españois as mariscadas e os viaxes de luxo foi denunciada varias veces; o que nade podía imaxinar e que Toxo arroupara a Aznar na presentación das súas memorias, cando nin os dirixentes do PP asistiron. O divorcio dos dirixentes sindicais da clase traballadora é cada vez meirande. Cada vez os sindicatos parécense mais o sindicato vertical. Xa non so sequera amarelistas, parecen unha morea de preas e parasitos que  viven a expensas do traballador, e fortemente subvencionados. A ambigüidade na Xunta é tan patente que sorprende, e pasan dos asuntos de privatizacións, ou nomeamentos a dedo. As ameazas dan froito e son uns dóciles colaboradores

 

13/11/2013 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA DE PATA

20131114112505-44860-10151586380261145-335063780-n.jpg

 

 

 

Wert, aínda que o pareza non está tolo; solo está un pouco confundido, doado cando el fala, di que non dixo o que dixo; xa que se admitira que dixo o que dixo sobre as becas Erasmos, precisaría explicalo moi ben.  Dí que é como os touros, posiblemente teña razón, embiste, pero semella carecer de intelixencia, pero tampouco a precisa, l solo ten que dar a cara. Wert é un home de palla; que manda é o OPUS. Cando se sae do guión e solta a lingua, a cúpula do PP, a que o  OPUS lle da corda, sae en defensa do metepatas. Non van a cesalo, por moitas burradas que diga, é un instrumento que precisan pra diseseñar unha política educativa ó ditado dos poderes escuros.  

14/11/2013 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRESTIGE A VERGOÑA

20131115103244-davila080410b.jpg

 

 

Da sentenza do Pestige solo se salva presentación; o demais foi un esperpento, un lamentable mensaxe ó mundo, contaminar en España é gratis. Da sentencia destaca a absolución a un goberno de incompetentes. Non houbo ningún responsable, por tanto non hai lugar a sinalar a alguén como responsable da indemnización. A actuación do goberno central e da Xunta foi, segundo a sentencia,  modélica. Os de Madrid e Feijoo apresuráronse en  votarse flores. A indignación dos gobernos da cornixa cantábrica, porque hai que ser descerebrado e miserable pra celebra-la sentenza, motivou que Feijoo  enfriara na súa defensa da sentenza. A  sentenza envalentona o PP avergonza a humanidade.

15/11/2013 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COA AIREXA TOPAMOS

20131116105450-falanxe.jpg

 

 

En España vivimos nun período predemocratico. Solo  a xustiza internacional pode votar luz sobre a guerra civil, a ditadura e a seudodemocracia. Polos oitenta intentouse exhibir un documental sobre os cen asasinatos nun pobo andaluz, que supostamente dirixira o alcalde fascista. Os erdeiros do alcalde interpuxeron unha querela contra do director do documental ’Orballo’ . non foi admitido ningún testiño  proposto pola defensa. O documental foi prohibido e o director condenado. Aquilo foi un caso paradigmático do que foi a Transición. Non se tratou de esclarecer os asasinatos que se denunciaban no documental, senón que se silenciou  a verdade.   No documental en cuestión non quedaban moi ben as Irmandades Rocieras, polo que o papel da airexa na polémica foi esencial. Hai moitos Cubeiros. Naquel tamén lle levaron a unha muller o cura, despois de ser violada por toda a pandilla, pra que a absolvera antes de ser fusilada. son episodios da hisoria de España, por escribir.

 

16/11/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN LASTRE

20131118110934-plantas-trepadoras-yedraa.jpg

 

O PSOE  xa non andaba lixeiro, e algúns militantes irresposables   engádenlle un sobrepeso que lle vai facer difícil camiñar nesta selva democrática. Un bo momento pra valorar a capacidade de liderazgo do novo Secretario galego do PSOE é o incidente protagonizado polo Deputada Beatriz Sestayo no aparcadoiro do Pazo do Hórreo. A prepotencia e falta da mais elemental educación, intimidando a un traballador da vixíana do aparcadoiro. O menosprezo e atropelo da clase traballadora, di pouco desta Deputada, que se di socialista. Xa debera ser cesada,ou cando menos suspendida de funcións. A reacción de Besteiro foi tibia e escurrindo o vulto. O incidente de Sestayo parece ser solo a punta do iceberg dunha clase política que vive nun plano distinto ó maltratado cidadán. A prepotencia de Sqestayo e coñecida, e no seu entorno non les estraña o incidente. Que privilexio o desta señora que entra a “traballar” as dez. A guillotina oxidada 

18/11/2013 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEXAR E NON VOTAR GOTA

20131119111056-59336-10151348444861321-177575893-n.jpg

 

 

Aínda que parecía unha tarefa imposible, a  alcaldesa de Madrid supérase. Felicitase polo remate da folga da limpeza, eu tamén.  A  Botella atribúe o éxito do remate da folga á reforma laboral do PP e non á presión dos sindicatos. A alcaldesa Botella, que pese ós 162 asesores é unha incompetente, soltou as burradas pra un electorado do PP. Non importa que diga tontadas, é o que o electorado entende. Pra algún electorado non se precisa unha especial intelixencia; chega unha serie de frases romas, un discurso plano, cheo de palabras comúns, metidas nunha batidora e lanzadas con altofalantes. Non alcanzo a saber si o de esta muller é digno de estudo, ou o son os habitantes de Madrid, dende logo a alcaldesa é corta de intelixencia, e como tal ousada e carente do sentido do ridículo. Debe de estar feita dun material extraterrestre.   Non pode haber paz sen xustiza social

19/11/2013 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PRIMEIRO

20131120102942-1383343-10151734305562869-2044436294-n.jpg

 

 

A Airexa como institución  non lle preocupa o paro, a explotación laboral, a exclusión social, as preferentes os desafiuzamentos, as estafas dos políticos, a alimentación da infancia. O que lle importa sobre tódalas cousa é o sexo. Si,  o sexo; si é sexo duro mellor.  Condenan o aborto, pero negan o pan e a educación ós nenos e miran pra outro lado nos abusos sexuais, condenan o matrimonio gai, pero as relacións gais que hai entre muros cúbrenas cun mato de silencio. Os delitos económicos, os delitos sociais, parece que non merecen un minuto do seu tempo. A apropiación de bens materiais, a través dos privilexios notariais e rexistrais, non os ven en conflito coa fe. A superfinanciación da Institución e tódolos seu negocios, mentres los recortes e a pobreza é moeda corrente, tampouco a ven como conflito coa fe. Resumindo a fe é un conxunto de regras pra manter uns privilexios e xustificar us estatus con promesas de recompensa no alén

 

20/11/2013 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O TESTAMENTO

20131121104153-00002.jpg

 

 

 

  Os gobernos socialistas propiciaron o esquecemento do testamento do ditador.  Deixamos de ser unha xente de orde e protestamos por calquera cousa, mesmo que nos Quiten o traballo, que nos desafiúcen,  que protestamos contra da corrupción, contra de incomprensibles sentencias, contra dos privilexios, contra dos recortes sociais, e un longo etc. Tivo que chegar un ministro do OPUS que puxara as cousas no seu sitio, grazas a lei de Seguridade Cidadán,  España volverá a ser un país de orde. Solo uns poucos pode delinquir, non se protexe as vítimas, senón ó agresor, e non se poderá filmar a determinados agresores. Xa non solo comentar ou facer, simplemente que entendan que  mires mal a un policía, xa podes ter problemas. Coidado os birollos

 

21/11/2013 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A PANDA DOS EX

20131122103828-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

 

Ana Botella, a mellor alcaldesa de un Madrid irredento, apoiada por unha longa lista de preas, que cobran unhas proletarias e soculentas retribucións como asesores  da Botella. Botella dixo co seu marido foi o mellor presidente de Españistán, pola súa parte o neno das greñas dixo que tivera o mellor equipo; se señor. Un condenado,   dous imputados e seis nos papeis de Bárcenas. Entre xenocidas, corruptos, estafadores e malos xestores, se señor, un bo equipo.   Cospedal achegou o seu punto de vista:  Aznar foi un bo presidente, pero o mellor é Rajoy. Naturalmente estes panexíricos hai que tomalos coa cencia que se lles supoñen as dúas señoras. Pouco se pode engadir á biografía dun personaxe arrogante engreido como Aznar. Este instriónico personaxe entrou na politica, como fan a maioria dos que entran nela; para enriquecerse, e logo entrar nalgún cosello de administracion de algunha  gran compañia a que eles beneficiaron estando no goberno.  As  persoas da pé nunca lle preocupamos. E nós, parvos, dámoslles o beneplacito do noso voto para que eles mangoneen

22/11/2013 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PODREN A AT

20131123102046-1341412348-819689-1341412616-noticia-normal.jpg

 

 

 Os peperros podre todo o que tocan, é xente con unha grave doenza que contaxia a súa enfermidade a toda a sociedade. A Axencia Tributaria necesita, pra ser operativa, unha independenza politica, guiada pola profesionalidade do seu persoal, cousa que veu ocorrendo, aínda que con matices, no réxime de Franco. O acoso político a tódolos que pretenden seguir coa indispensable profesionalidade o seu traballo, está convertendo a Axencia nun lugar irrespirable, e a desmoralización do persoal que se ve desautorizado e o seu traballo no lixo, cando toca a un protexido do PP. Facenda somos todos, ese era o lema. Agora resulta que os furados de evasión fiscal ademais des ser  cada vez mais amplos, suman areas de impunidade  que o goberno crea pros seus amigos. O acoso profesional e o ceses está a orde do día. O cesa dunha inspectora e conmoción na area de grandes contribuíntes, non deixa de ser solo unha mostra de como están as cousas. A empresa CEMEX parece que simulaba perdas pra non paga-los impostos, a inspectora que se atreveu a descubri-lo fraude foi cesada por Montoro, ese ridículo personaxe que funde a xestión fiscal, pero a cousa é mais fonda cando se ten a certeza dun fraude xeneralizado e consentido. Aquí o que paga impostos é parvo, así n os v ai

23/11/2013 10:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VESE A LUZ

 

 

 

Marrano Rajoy ve luz no túnel. O malo é que a luz é o da locomotora que ven de fronte. Rajoy, pese a esa locomotora que ven  de fronte, non levantará o pe do acelerador, do que el di as reformas, continuará cos recortes, que segundo el xa están dando froitos. Mais paro, traballo mais precario. E un terzo da poboación española está en risco de exclusión; pero hai un 11% mais de ricos, grazas a explotación laboral e unha propicia lexislación fiscal; as empresas o IBEX pagan cincocentos millóns menos dende que goberna Rajoy, sen ter en conta as     evasións fiscais. Nunha enquisa despréndese que un 86% non aprecia melloría económica. A expectativa de voto do PP e do PSOE desplómase

25/11/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PIADOSO ROUCO

20131126104957-rouco1.jpg

 

 

O Cardenal Rouco mantén un litixio coa Asociación Santa Rita de Cassia pola propiedade duns tapices dos séculos XVI e XVII. Os tapices foron legados a asociación pola propietaria,  pero o Arzobispado de Madrid, que se enterou por unha beata da súa existencia, quéreos para adornar a Almudena. A asociación, de carácter civil, fundada nos tempos de Isabel II,  tenos adscritos o fin da protexer ás mulleres maltratadas. No ano 1993 o Arzobispado de Madrid, pola súa conta e sen contar coa Asociación, cambia os estatutos da asociación.  Este foi  o primeiro paso pra facerse cos tapices.  Os Tribunais Eclesiásticos, facendo gala da súa independencia, deulle a razón, en tódalas instancias, ó Arzobispado de Madrid. A Presindenta da Asociación presentou a causa en vía civil, dándolle a razón un Xulgado de Primeira Instancia.  O Arzobispado recórreo en alzada ante a Ardencia de Madrid, que sospeitosamente,  sen motivacións xurídicas serias, falla a favor do Arzobispado. O conflito pasou ó Supremo. A profesionalidade e independencia do TS foi notoria en situacións similares. Esperemos a Europa

 

 

26/11/2013 10:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RECORTES EN CELANOVA

20131127105417-247563-4953285036156-1360202919-n.jpg

 

  

 

Facendo o mesmo que o PP está a facer ós cidadáns de a pé, a oposición en Celanova, que é maioría, acordou baixarlle o soldo ó alcalde; este reacionou como so picara un alacrán e presentou recurso contencioso contra da corporación municipal. Os recortes están ben pro común, pero ós políticos non son deste mundo. Ademais de este exemplo temos o alcalde de Oza  que se subiu o soldo un 275%, si un 275%. Feijoo non dixo nada do asunto, xa que o alcalde é do PP e terá algo que dicir diante destes desmadres. Tamén a Cospedal lles sube o soldo os seus asesores. Solo en Madrid ten 45, ós que hai que sumar os da Mancha. A chupar

27/11/2013 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VELLO OBXECTIVO

20131128111131-1376466-201753186662494-773932361-n.jpg

 

 

 

Queren acabar con todo o público no que eles non estean mamando. O destrozo das pensións públicas e unha consecuencia da súa política, pero tamén un obxectivo. A destrución de emprego estable e de calidade ten como unha consecuencia mais que a caixa das pensións teña cada vez menos ingresos, de xeito que será difícil   pra garanti-lo futuro do sistema. A solución peperra é eleva-la idade de xubilación os 67 anos, pero isto no supón que os ingresos aumenten, senón que os gastos diminúan. Moitos non chegaran en activo a idade  de xubilación, outros   nin sequera chegaran. Mentres que en países da nosa entorna a xubilación é os 62 anos, en Españistán súbema a 67, idade na que moitos traballadores, de chegar, estarán nunha situación penosa. O empobrecemento dos xubilados é un feito, pero tamén se beneficia ós seguros privados, forzando a contratación e garatíndolles un menor período de pago das prestacións. O que non coñece é o límite ás burradas, que haberá quen as crea, a guapa Ministra de Traballo, sen sonroxarse, dixo que grazas a súa reforma as pensión subirían tódolos anos, gobernara quen gobernara. Ten cara a señora despois de cargarse o pacto de Toledo. O PP sabe que ten un bo caladoiro na ignorancia, así que non ten reparo en mallar nos xubilados.

 

28/11/2013 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CANDO NON HAI TETA

 

 

Os posibles baixadas das expectativas electorais do PP nas eleccións europeas, xunto coa inclusión nas listas dos posibles cesados no goberno, desatou as alarmas entre os Eurodiputados do PP, que se  ven apartados da abondosa teta do Parlamento Europeo.  ¿ Qué pasará?

29/11/2013 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PEMEX: O ABRAZO DO OSO

20131130112725-540716-364368810341180-286114689-n.jpg

 

 Cando un se atopa un no trance de afogarse, agárrase a calquera salvavidas. Os asteleiros galegos atópanse nun momento moi complicado e, aínda que sexa unha esperanza vana, hai que collela. Non se trata de que a antiga colonia coloniza á metrópole, iso carece de importancia.  Tendo en conta que PEEMEX non é ningunha ONG; a pregunta, é qué busca. Non sería desarcetado pensar que o que PEMEX busca é sinxelamente a tecnoloxía, si lle sae a prezo de saldo mellor. Quizá pronto atopemos a ressposta.

 

30/11/2013 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris