Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2013.

BATENDO RECORDS

20131001103057-76438-388496594558753-944976844-n.jpg

 

 

 

Rajoy incrementou a débeda pública batendo records históricos. Hai que remontarnos nada menos que 105 pra atopar un incremento semellante da débeda pública; e iso que aínda lle queda a Rajoy unha parte importante da lexislatura. O endebedamento é unha suba de impostos diferida, que terán que pagar as xeracións futuras. É como si se quixera asegurar de arruina-lo futuro dos españois. Pra mais nada fixo, ni está a facer de inversións. O conto de que se empeñou  pra paga-las débedas de Zapatero, podía colar o primeiro ano, pero o endebedamento medra ano a ano.O mesmo sistema sigue Feijoo na Xunta, Este sistema é un sistema peperro, que ecubre unha suba de impostos, do que parece non se enteran os electores. Os orzamentos de  estruturas, di a ministra que son os terceiros mais grandes do estado. Son  uns orzamentos de carón pedra; solo un decorado. Nacen pra non ser gastados, como os do ano pasado; dese xeito, con ese mesmo obxecto, podían ser o triplo pra que andarse con menudeces.

01/10/2013 10:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOCIALISMO DIRIXIDO

20131002103145-534025-560556083984891-1925727718-nv.jpg

 

 

 

A subida de Felipe González ó poder veu precida dun desmoronamento de UCD. Aquel atípico partido, que sostiña o goberno,  houbera podido seguir. Os intereses unen mais que as ideas, e a UCD podería seguir. Pero no país bulía un desexo de xiro a esquerda que trouxera un renovado aire á podrida democracia. A democracia de España era unha democracia tutelada polos poderes fácticos, pero tamén era unha democracia vixiada dende o exterior. A CIA mantiña unha lupa sobre España e, en defensa dos intereses yankis, propicio un cambio de goberno, que acelerase un posible avance das esquerdas coa chegada dos socialistas ó poder. Pra CIA era necesario encauza-los desexos de cambio, utilizando un socialismo domesticado, que sería pilotado por alguén que non tiña reparos non tiña reparos en canta-lo cara el sol, ou a internacional socialista. Atoparon en Felipe González o personaxe idóneo. Pra que todo fora ben pros intereses americanos nada mellor que un ascenso das mediocridades e unha florecente corrupción. Felipe González, un mito que é preciso examinar,  non solo foi o mellor e mais valioso defensor dos intereses americanos, que empezou coa permanencia na OTAN;  tamén defendeu os intereses das grandes empresas e grupos económicos, o que lle valeu unha cadeira nalgúns Consellos de Administración, tamén asesora, colaborando coa CIA, a personaxes tan curiosos como a Capriles. Examinando o período de mandato de Felipe González, atoparíamos moitas claves do socialismo español actual 

02/10/2013 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASOMBROSO

 

 

 

Dentro do Golpe de Estado encuberto que promove o PP, Defensa ascende a coronel a un militar ultra do corpo xurídico, que cuestiona en público a Constitución e o Rei. O mais indignante é que o proposto para ascenso foi imposto na lista por orde do PP. Na primeira avaliación figuraba fora do  cupo que ascendería, pero Defensa mandou repeti-la avaliación. Despois da que se armou, o TS vai investiga-los feitos. Defensa sigue coas bandeiras ó vento, en cumes nevadas. O mellor tiña razón este señor: “estamos nunha democracia bastarda”; por iso pasan estas cousas.

03/10/2013 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CLARO E TRANQUILO

20131004094227-996179-651333494895381-1600518803-n.jpg

 

 

Rajoy está tranquilo. Hai cousas que non se poden demostrar, e o PP non se financiou ilegalmente, -dixo Rajoy-. a Fiscalía traballa a tope pra impugnar todas e cada unha das acusacións; o xuíz e da casa. Todo está atado e ben atado, dicía o  vello ditador, e que razón tiña. Os fachas fachandean de selo e defenden con ardor guerreiro a limpeza dentro do PP. No precisan probas de inocencia, chégalles coa axuda dos amigos, que imposibiliten proba-las acusacións. Solo ós esquerdistas se lles ocorre acusar de corruptos a esa crase selecta, elixida por Deus pra rexe-los destinos da católica España. A chulería sae das esterqueiras e o ar vólvese irrespirable. Quero a independencia

04/10/2013 09:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OUTRO ENSINO E OUTRA AIREXA

 

O PSOE ven de presentar un documento, no que se propón sacar a relixión das aulas, como en Francia. O sistema de predominio da relixión achéganos ó sistema dos países mais ortodoxos do islamismo radical. Teñen razón os franceses cando din que África comeza nos Perineos. Ese é un temor que tamén comparte os xibraltareños. A España de sotana asusta, e o que pode quere verse fora desa  escuridade. No referido documento, tamén se recolle a necesidade de reforza-lo ensino público como prioritario do sistema, e a concertada como algo subsidiario. Difícil de crer dun partido que puido poñer o ensino e a airexa no seu sitio. Os anos de goberno socialista non se distinguiron por impoñer o laicismo do que fala a Constitución e o protagonismo e privilexios da airexa consolidáronse, o mesmo que o ensino, como negocio e adoutrinamento.

05/10/2013 10:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DECADENCIA

20131007105845-1380911735-707943-1381006110-portada-normals.jpg

 

 

O Madrid do PP perdeu un tercio dos turistas. A cidade esta asulugada de lixo. Os lugares mais turísticos presenta un estado de abandono e desleixo, que causa unha fonda depresión. A imaxe recorda a Italia de Berlusconi, que pra contentar ós electores rebaixaba os impostos, deixando o país sen servizos. En Madrid pasa algo parecido, o populismo do PP foi minguando as arcas municipais, logo a megalomanía de Gallardón terminou por afundi-la facenda municipal. O baixo perfil e incompetencia da Botella, rematou por darlle a puntilla a un Madrid moribundo. Os ingresos mingúan alarmantemente, os gastos necesarios redúcense e increméntanse os santuarios, todo unha boa xestión   a que non son alleos os cidadáns de Madrid. Si Carlos III levantara a cabeza, volvía a morrer.

 

07/10/2013 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DECADENCIA

20131007105848-1380911735-707943-1381006110-portada-normals.jpg

 

 

O Madrid do PP perdeu un tercio dos turistas. A cidade esta asulugada de lixo. Os lugares mais turísticos presenta un estado de abandono e desleixo, que causa unha fonda depresión. A imaxe recorda a Italia de Berlusconi, que pra contentar ós electores rebaixaba os impostos, deixando o país sen servizos. En Madrid pasa algo parecido, o populismo do PP foi minguando as arcas municipais, logo a megalomanía de Gallardón terminou por afundi-la facenda municipal. O baixo perfil e incompetencia da Botella, rematou por darlle a puntilla a un Madrid moribundo. Os ingresos mingúan alarmantemente, os gastos necesarios redúcense e increméntanse os santuarios, todo unha boa xestión   a que non son alleos os cidadáns de Madrid. Si Carlos III levantara a cabeza, volvía a morrer.

 

07/10/2013 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOMOS OS SEGUNDOS

 

 

Somos os segundos, iso si, pola cola. O custe laboral en Galiza é o segundo mais baixo do estado. Por debaixo de Galiza solo está Canarias. Segundo os que propoñen salarios mais baixos pra saír da crise, nosoutros non deberamos nin sequera ter entrado nela. Pero a realidade é que si estamos dentro da crise económica; o certo é que nunca deixamos de estar en crise. Flutuamos non momento de avance e retroceso, pero nunca sen saír do túnel. Faise necesario facer unha diagnose do motivo polo que nos atopamos neste estado de postración económica. Temos que coñece-las razóns, se queremos por remedio; a menos que non se queira poñer remedio pra que as cousas sigan así. En certo momento, cando CITROËN pretendía facer unha instalación subsidiaria da de Vigo, suxerinlle a un concelleiro de Pontevedra a oportunidade que se presentaba pro municipio, que sacaría a Pontevedra do esmorecemento que padecía, e padece. Moi serio contestoume que iso sería un perigo, Pontevedra podía medrar e escapárselles das mans. Non creo que sexa solo unha anécdota, esa pode ser unha das razóns polas que Galiza non medra. Os gobernantes interésalles unha poboación derrotada, sen esperanza, pra así dominala e manipulala. Finalmente a fábrica de Citroën foi pra Ourense; agora xa hai empresas en Portugal traballando pra Citroën. Non interesa unha Galiza desenrolada, interésalles  os recolectores de votos unha Galiza feble,   economicamente e mentalmente.  

08/10/2013 10:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASÍ É

20131009104903-1238346-638968769458789-31951866-nh.jpg

 

 

 

  Non atopo explicación, pero hai xente que pensa que está destinada a salva-lo mundo, e por moito que os fodan volveran a votar a aqueles que os foderon. Solo así se comprende que o PP volva a recupera-la intención de voto. Certo que o PSOE non ofrece alternativas que ilusionen, pero non é o responsable da crise como  nos quere facer crer o PP. Os responsables da crise están dentro do PP; ademais, hai mas opcións que o PSOE. A auto flaxelación é unha adición

09/10/2013 10:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OUTRO CHIRINGUITO

20131010112122-384536-466966636659561-1995457909-n.jpg

 

 

A conferencia de expresidentes que se inventou Feijoo é o xermolo de outro chiringuito. Feijoo estase xa a preparar un pluriemprego mais pra cando deixe o cargo. É inaudito que se invente esas conferencias, con papancias, e demais gastos anexos, de persoas que viven arredadas da primeira liña políticas e nos cargue os custos os nosos petos, mentres ningunea a oposición e o Parlamento 

 

10/10/2013 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONTRADICIONS

 

Non sei cando se verá esa luz ó final do túnel, que di o PP, nin si lle estamos tocando o cu a crise como di Montoro; pero a saída da crise non se nota no peto da xente, pero si se nota nos cemiterios. Mariano presumiu en Tokio de que os salarios baixaban, pola contra, Montoro di que medran, o mellor esquecéselle engadir:  “medran para tras” De Guindos di que medramos, o FMI di que hasta o 2018 non medrará a nosa economía . Rajoy di que a crise remato; claro,  agora ven a pobreza. Pra Montoro xa lle tocamos o cu á recuperación. Os seareiros do PP, non os do  aguilucho, porque pra estes nunca houbo crise, inchan o peito. A  gripe comeza propagarse mais lentamente por falta de persoal. A infección xa chegou á maioría da poboación. Rajoy ten razón a propagación da miseria remite, cada vez quedan menos libres dela, solo os políticos.

11/10/2013 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PATINAZO

20131012102905-404846-607035715979386-1891058490-n.jpg

 

 

O PP de Madrid querelase contra Tomás Gómez por un pufo de 42 millóns de euros no tranvía que une  Parla. Tomás Gómez era alcalde de Parla cando se instalou o tranvía; pero quen adxudicou a obra foi a CA de Madrid estes peperros andan loucos buscando escándalos cos que tapar a   súa corrupción, pero cando atopan algo a súa ledicia dúralles pouco. Descobren novas corrupcións e fan un favor ó país, pero resulta que topan coa súa merda

.

12/10/2013 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAN, NON CIRCO

20131014105940-1380911735-707943-1381006110-portada-normals.jpg

 

 

A  actuación de Ana Botella en Bos Aires foi tema pra un sin fin de bromas, que encheron páxinas nas redes sociais. A pouca pegada da candidatura de Madrid posiblemente se debeu a varios motivos, o principal: o desacreditado control da dopaxe, en segundo lugar en que Madrid vive como conxelada na historia e sigue sendo unha enseña da negra etapa franquista, conservando douscentos nomes  de enxalzamento do franquismo de sitios de Madrid. Isto que a nosoutros non nos pode resultar tan raro, ó mundo civilizado non lle parece normal que se siga ensalzando un feito sanguinario e cruel, converténdose na peor  tarxeta d presentación de  Madrid. Os xogos Olímpicos son tamén un negocio e a situación económica  de España non axuda. O que  fora, queda algo relevante: o gasto de mais de cen millóns de euros en promociona-la candidatura de Madrid, co que se houbera dado de comer a moitos nenos, que pasan fame, e pros que non hai nin  comedores escolares, e as familias en paro van ó lixo na procura de alimentos, o lixo polos lugares turísticos.

 

14/10/2013 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NA LEMBRANZA

20131015110506-1014151-10151477312666898-1035853888-nf.jpg

 

 

 

O domingo 13, nun ambiente  de normalidade, na aldea de Montecubeiro, no concello de Castroverde, a 15 kilómetros de Baralla, cuxo alcalde foi expresamente invitado, sen que  aceptara a invitación. Según un dos organizadores:"Sería ben recibido, sen matices", afirmou Sarille, quen  lamentado que finalmente non acudise a este acto, porque "simbolizaría" a condena explícita ao franquismo,  celebrouse un homenaxe ós fusilados na aldea no ano 1937. Como marco, a monumental pedra na que figuran os nomes dos asasinados.  Sen dúbida que houbo moitos Montecubeiros, pero alí non houbo solo asasinatos, houbo unha horrenda masacre de civís inocentes. Dos vinte asasinados, hai que destaca-lo caso do mestre , republicano e librepensador , director do teatro campesino, que lle arrincaron os ollos, a lingua e os testículos e despois  mataronno  a pauos. A Manuela Graña  violouna toda a banda falanxista  antes de ser asasinada....O franquismo non é cousa do pasado, como veñen    demostrado  grupos ultras e autoridades. Non hai que ser morno con actitudes de ensalzamento do franquismo; a tolerancia ten que ser cero, a apoloxía do franquismo e calquera manifestación "lesiva" á dignidade dos represaliados e vítimas debe ser  tipificada "como delito" no Código Penal, o cumprimento da Lei de memoria histórica non admite mais dilacións

              

 

15/10/2013 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A GUERRA NON REMATOU

 

 

O goberno español foi requerido pola ONU pra que facilite o achádego dos restos dos represaliados polo ditador. No seu lugar protexe unha crecente marea de xestos antidemocráticos, de enxalzamento fascista. A aplicación dos ditados da lei da memoria histórica e dunha decencia elemental. Uns soben ós altares, outros baixo terra, sen que sequera se saiba onde. Mentres non se pechen as feridas da guerra e se siga coas ofensas fascistas, propiciadas dende o poder, a guerra civil non rematará. O amparo das condutas antidemocráticas teñen no PP unha comprensión que se explica por ese 10% de votantes de extrema dereita e un 45% de cargos ultradereitistas dentro do PP.

16/10/2013 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CORRUPCIÓN EN SANTIAGO

 

 

 

  Os gobernos municipais progresistas de mais de 20 anos non lixaran a imaxe de Santiago do xeito que o está a facer o PP. O Alcalde xa tivo que dimitir por leas xudiciais. Neste momento solo tres edís está fora de preitos xudiciais. Como non podía ser doutro xeito, o PP de Santiago culpa á xustiza de persecución. Algo,  con premeditación tramaba o PP, cando nadamais chegar ó poder municipal nomeou un Tesoureiro e un Interventor.  

 

 

17/10/2013 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS DEFRAUDADOES

20131018105531-1383787-612081242188102-2001878204-n.png

 

 

Todos imaxinamos ós defraudadores como un fato de capitalistas avaros e insolidarios que defraudan ó Fisco e levanse o diñeiro a paraísos fiscais. Grazas a Peggy, cabeza ilustre dun PP, que ten experiencia constatada en fraudes, enteámonos que o perfil de defraudador é o de parado, que gasta o xeneroso subsidio no país, comprando comida pros famentos fillos. É unha estafa moi elaborada que nin o inxenioso Ministro Montoro pode amnistiar. A esta  rea de insolidarios ós que nos lles preocupa o déficit, nin a situación do país.  Os parados hai que elimina-los, das estadísticas, porque, ó parvo, esta chusma esquerdosa está a poñer en dúbida o gran avance do goberno. Cáritas e Intermón, entre outras, pintan unha sociedade de menesterosos, cando todos sabemos, grazas á ilustre Vicepresidenta do Goberno, que os parados son delicuentes.  Para esta bolsa de defraudadores só cabe a persecución implacable, porque son tan miserables que nin Montoro, que é un mago para as amnistías fiscais, sería capaz de deseñar o formulario correspondente. O que aforremos en prestacións sociais sempre poderá ir a salvar bancos, a outro plan Pive ou a pagar ás compañías eléctricas, que esas si que sofren co déficit de tarifa.


 

18/10/2013 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUE LIO

20131021115908-603295-10151759567746145-109835503-n.jpg

 

 

 

Son confiado; pero que difícil mo poñen.  Ós irmáns da Ministra de Traballo prescríbelles o delito polo que estaban imputados en Merca Sevilla. A mesma xuíz instrúe o caso de ERES , que asemella unha telenovela cutre, que pugna cos Gürtel. O comisario que investigaba a corrupción césano.

21/10/2013 11:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PESCANOVA

20131022105355-532000-318687004927795-1298278661-na.jpg

 

 

Si tiña algunha dúbida,  os feitos veñen a clarifica-las cousas. Da a impresión, iso é que está a pasar cos exdirectivos de Pescanova. Hai que ter detrás un gran furado financeiro, as pequenas chourizadas poden acabar  con un na cadea.  O expresidente de Pescanova culpa da situación da empresa ós bancos. Un argumento que serve pra que sexa alegado, na súa literalidade polos desafiuzados polas hipotecas. A ousadía de Fernández de Sousa era tal que despois de estar , de facto, intervido pola CNMV, continuou coas trampas contables. O que realmente se fai imprescindible pra viabilidade da empresa e a conservación dos postos de traballo, é saber  onde foron a parar centos de millóns de euros. Fernández de Sousa parece que non o vai a dicir. 

22/10/2013 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ANCLADOS NO PASADO

 

 

Froito do medo da herdanza da era franquista é a suposta fobia a opinar da política. Á ditadura interesáballe que a xente non tivera opinións políticas, iso era cousa duns poucos iniciados fieis ó réxime. O peor analfabeto é o analfabeto político. El non oe, non fala nin participa nos acontecementos políticos. Non sabe que o custo da vida, o prezo das fabas, do peixe, da fariña, do aluguer, do calzado e das medicinas dependen das decisións políticas. O analfabeto político é tan animal que se comprace e incha o peito ao dicir que odia a política.  Non sabe da negación de certos tratamentos, pra aforrar cartos. Non saben da ausencia de políticas de prevención. Non sabe o imbécil que da súa ignorancia política provén a prostituta, o menor abandonado, o asaltador, e o peor dos bandidos, que é o político aproveitador, enganador e corrompido, lacaio das empresas nacionais e multinacionais. 

.

23/10/2013 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REPUGNANTE

20131024120937-1378018217749guerra2c.jpg

 

.

 

A excarceración de presos non deixa de ser algo que repugna a calquera persoa de ben, pero non unicamente polos presos de ETA, senón por que perigosos delicuentes presos por asasinatos, violacións, etc, en aplicación da mesma sentenza, quedarán en liberdade. Non fai falta ser xurista pra saber que as normas penais non son retroactivas. Isto era un parche , que se sabía tiña data de caducidade, duraría xusto o tempo en que alguén o impugnara, como así foi. Non tempo que levamos de esta seudodemocracia púidose haber reformado o Código Penal,  de cuxa eiva son culpables, a partes iguais, PP e PSOE, mais preocupados dos seus bandullos que do país. O verdadeiramente sorprendente e que haxa quen se resgue as vestiduras por este feito e non se escandalice porque os asasinos do franquismo non foran xulgados.   En que cloaca se esconde o que se manifestaba, xunto co PP, pola política antiterrorista de Zapatero. O PP prometeulles as asociacións mais ultras das vítimas que os presos non sairían todos xuntos. Uns sairán hoxe e o resto mañá

24/10/2013 12:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VIVINDO NA BARBULLA

 

 

Como cando o goberno do inesquecible Aznar, Rajoy  lévanos de burbulla en burbulla. Pero pretende facernos crer que o país vai mellor. Ó menos iso é o que dixo nun acto de FAES, acompañado do inefable Aznar. Na presidencia do acto coincidiron os dous personaxes que mais dano fixeron a España. O país  sen dúbidas que para algúns vai ben, iso é a conclusión que sacaron da última EPA. Un crecemento de unha décima xa lles fai incha-lo peito. Esa décima, e algo é algo, débese  ao equilibro da balanza de comercio exterior. Medraron algo as exportación e minguaron as importacións.  Consumo interno sigue caendo; a emigración medrando; o traballo estable destrúese e medran os contratos lixo. En Galiza medra a débeda e baixa o consumo doméstico e industrial. Un panorama idílico                                                        

25/10/2013 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A PRIVATIZACIÓN DO SOL

 

 

O desenrolo das enerxías renovables estáballes a facer unha competencia as eléctricas que estás non ían admitir. A autosuficiencia enerxética  non é asunto que lle interesa ás eléctricas, o seu é que a conta de resultados  non sufra ameaza. As renovables podía ser unha ameaza pro seu monopolio, pra defende-los seu intereses están os políticos cesados, ós que etas compañías incorporan xenerosamente as súas nóminas. É posible que a privatización do sol que fixo o PP choque coa lexislación europea, pero mentres, os que se endebedaron nas renovables non poderán paga-los créditos, os bancos embargaranlles e as eléctricas faranse coas instalacións. Quén soubera cando o asalto de Feijoo ós eólicos ía pasar isto. Os que optaron pola indemnización acertaron. Aquel episodio foi unha mostra do futuro que se aveciñaba. O entusiasta abrazo a Feijoo no Obradoiro polo presidente de Iberdrola era un presaxio.

 

26/10/2013 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS CONSPIRADORAS

 

 

 

Cospedal e Aguirre teñen en común un descoñecemento da mais elemental ética e lealdade. Ámbalas dúas tamén teñen unha selectiva amnesia. Tamén neso se   semellan as dúas lideresas. Na ala de extrema dereita do PP teñen un apoio inestimable e as dúas cortexan ós radicais de dereitas. Na manifestación pola solta de presos de ETA, os presos comúns parecen  non interesarlles, evidenciose a división dentro do PP, nun asunto que noutro tempo foi bandeira. A ala mais dereitosa lamenta a perda deste patrimonio. Tradicionalmente o PP veu utilizando o terrorismo con fins partidistas ; agora a ala mais dereitosa quere seguir co filón. Tampouco lle interesa a dor das vítimas. Pra eles é mais rendible a tensión, seguir alimentando os sentimentos de odio e vinganza. A guerra non rematou,  eles seguen no 1936 e os vencidos seguen cos brazos baixos. Hai que seguir coa confrontación. 

 

28/10/2013 10:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA PINGA DE DEMAGOXIA

20131029104916-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

 

 

 

A CA de Madrid baixa os impostos no tramo autonómico, mentres non teñen cartos pros comedores escolares, regalan hospitais e a débeda autonómica medra e a dependencia solo conserva o nome. A penuria de moitas familias madrileñas, desatendidas polo seu goberno autonómico, choca con estas alegrías orzamentarias, que sempre favorecen ós mesmos. Moitos ven neste acto unha rebelión contra do bruxo Montoro. O mais seguro e que sexa unha medida de demagoxia, moi semellante a que fai en Galiza Feijoo, aínda que con diferenzas notábeis, pero  co mesmo fin, que pecha comedores escolares, recorta en sanidade e axudas sociais. Estes xestos de propaganda teñen o efecto de beneficiar ós mais ricos e prexudicar ós mais necesitados; pero como o pobre non aspira a outra cousa que seguir sendo pobre, a medida, dende o punto de vista propagandístico, é efectiva. En definitiva, o porco non ten culpa, senón, qen lle rasca o lombo.

29/10/2013 10:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROPAGANDA

20131030123658-1424496-631717660213071-1543811125-n.jpg

 

 

 

 Na Telegaita fixéronlle unha entrevista a Feijoo, que foi, como era de esperar, un acto de propaganda do goberno da Xunta, carente de todo intres periodístico. A carencia de intres periodístico era de agardar, pero o indisimulado insulto a mais elemental intelixencia, puxo de manifesto a baixa valoración que teñen da intelixencia dos espectadores pra exercer unha valoración crítica  da entrevista. Os entrevistadores eran a crema do mais dereitoso do periodismo español. Ningún se saíu do guión de preguntas aprobado polo gabinete do Presidente. Non se tocaron temas como os recortes en sanidade, preocupante pros doentes de cancro, diálises, mamografías, etc. Nin dos recortes en educación pública e comedores escolares. Nin do destrozo da economía galega e dos sectores produtivos. Mesmo chegaron a falar de que o endebedamento minguaba, cando supera amplamente o conxunto de tódolos gobernos anteriores.  Aguantar un programa tan zafio te un custo neuronal grande; aínda que se mudara e canal, a curiosidade levaba a conectar de novo a telegaita, despois de haberse osixenado o cerebro, pra saber cal sería  a seguinte patraña.  Nin unha soa mención os miles de galegos en  situación de pobreza e exclusión social, nin unha sola mención o alarmante incremento da xente que acude ós servizos de comedores sociais, nin unha soa mención a emigración forzosa,  etc. Galiza país feliz.

30/10/2013 12:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FRACASO

20131031105612-1385117-631779563540214-1035628047-na.jpg

 

 Unha das principais razóns que Wert alegou pra reformala educación foi o gran fracaso escolar. España é un dos países da UE  que mais recortou en educación. Per non foi un recorte xeneralizado, xa que os recortes se fixeron predominantemente no ensino público. Mímase o ensino privado, especialmente o dos centros da airexa católica. Na nova reforma adquiren protagonismo estrela os asuntos de contido ideolóxico. Pra aloxa-lo lo estigma do fracaso escolar recórrese á maxia, e a relixión será obrigatoria e co mesmo peso que calquera asignatura fundamental, así os alumnos sempre poderá ter o consolo de rezar 

31/10/2013 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris