Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2013.

UNA VELLA HISTORIA

20130902110707-louzan-22222.jpgO actual presidente da Deputación de Pontevedra, militante do PP  e antigaleguista acérrimo, ven da canteira de militantes peperos de Ribadumia, ese lugar no que Rajoy pasou uns días de vacacións. O Presidente da Deputación de Pontevedra era porteiro no axuntamento  de Ribadumia, antes de trepar ó posto de Presidente da Deputación. Dende o posto de porteiro do axuntamento de Ribadumia a súa fulgurante carreira política, vai ligada a influencia do seu valedor e amigo NENE, que foi alcalde do PP do axuntamento de Ribadumia. Ribadumia é unha destacada canteira de políticos populares. O actual Senador: Telmo Martín,  iniciou a súa carreira como fontaneiro, foi de éxito en éxito. Socio de construcuatro, sobre a que pesaba unha sanción do goberno bipartito da Xunta, pero que logo o acceder a Xunta o PP, o expediente foi sobresido. Construatro é unha empresa en auxe; a súa estrela ía a brillar mais coa construción e urbanización do entorno dun novo hospital pra Pontevedra, aínda que o atasco na construción do de Vigo, terminou afectando a un proxecto, no que o Axuntamento capitalino, gobernado polo BNG, e a Deputación e  Xunta, gobernadas polo PP, manteñen posicións encontradas. Volvendo , de pasada, ó asunto do exalcalde do PP, que  atópase sumido nun proceso xudicial por contrabando e branqueo, que se espera termine prescribindo.
02/09/2013 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERIGOSO DELICUENTE

20130903103943-1377878328-182450-1377878716-noticia-normal.jpg  A solidarizade de anónimos cidadán permitirá a recuperación dos restos de  José Vals Casanova, fusilado o 2 de setembro de 1938. Un cidadán que foi fusilado polo polas topas franquistas, nun pobo de Valencia, reo do perigoso delito de ser demócrata,  Unha virtude que os golpistas do 36 converteron en delito.  Pra demostrar que dentro do PP non todos son cavernícolas , o alcalde da localidade, do PP, apoia o feito. O fin, os seus restos descansaran ó lado dos de súa mai, e non como se fora un can, igual que acontece con moitos españois, asasinados polos fascistas. A solidaridade cidadán e a colaboración dun alcalde d PP, fai deste asunto unha noticia. DE. Isto ten toda a actualidade despois das declaracións de Hernando,  voceiro do PP; que por certo non terían maior importancia si non fora polo cargo que ocupa dentro do PP.  Os seus argumentos son a repetición dos usados polo franquismo, intentando votarlle toda a culpa dos mortos á república; un goberno lexítimo, que se viu obrigado a ir a unha guerra pra defenderse dunha rebelión protagonizada por militares felóns, pero incitada pola airexa e os civís de extrema dereita. Os case un millón de mortos hai que contabilizalos entre os producidos na guerra e os fusilados na posguerra. Foi o conflito mais sanguento da historia mundial, tratábase de exterminar a oposición e os franquistas levárona a cabo con rigor. Os alcaldes obrigábaselles, o que moitos facían con gusto, a facer listas de civís pra fusilar, que en casos eran transportados ó campo de batalla pra simular que morreran en combate. Non debemos , nin podemos esquece.los feitos, nin terxiversación  da historia, por que do contrario estaremos condenados a repetila. O que lle acontece o sr Hernando e outros peperros, non é amnesia, nin ignorancia, é froito dunha transición que non foi tal. Aquí non se depuraron responsabilidades e os criminais do pasado e os seus herdeiros, seguen entre nós, e neste momento, moitos deles en cargos de responsabilidade política. A banalización e proliferación de xestos fascistas co beneplácito do goberno motivou unha advertencia ó goberno español, con apercibimento de sanción. É condición esencial ser un país democrático pra ser membro de UE. España podía, incluso, ser expulsada. 
03/09/2013 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GRAN ÉXITO

20130904101249-pro-photo1341152517.jpg Pro goberno é un gran éxito que en agosto baixara o paro. Non importa que sexa verán, nin que a cifra de desempregados baixe solo en 31 persoas. A Alegría do executivo por este ridículo éxito, evidencia a extrema necesidade que teñen de algún dato que non sexa tan negativo; nembargantes a afiliciación a SS descendeu en 99.069 persoas. De Guindos calificou os datos de moi esperanzadores. Non acerto a comprender como se lles pode incha-lo peito con 31 desempregados menos nun océano de paro, adornado cunha baixada tan alarmante  da SS. Pra mais non se sabe si esa cifra de 31 se debe a persoas que non figuran na lista do paro, ben porque emigraron, se xubilaron, ou se aburriron de buscar emprego. Unha cousa si é certa a precariedade laboral incrementouse. Os fantásticos datos do emprego solo existen na cabeza dos peperros mais descerebrados e nas de un goberno desnortado, que os utiliza como cortina de fume pra agochar os escándalos que o acosan.
04/09/2013 10:13 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

PINTORESCO

20130905105808-sorpresa.jpgO goberno do PP está moi precupado cos delitos medioambientais. Vai sanciona-las gasolineiras flotantes da Baia de Alxeciras e os buques que se acheguen a repostar, mentres o Ministro competente é un dos implicados neste tráfico. Tamén imputan as autoridades da Roca vertidos de áridos na batía, áridos que son vendidos por España. Isto aliñado cunha lei de costas que permite a privatización de espazos públicos e restrinxe a protección da zona marítimo-terrestre. Asombroso.  
05/09/2013 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS LAPAS DE FEIJOO

20130906110230-1236384-548595205189222-290054513-n.jpg  ¿Cántas bagoas son necesarias pra apagar ós lumes dos criminais?, ¿cántas bagoas son necesarias pra que Feijoo se apee da burra e rectifique a súa política forestal?. A política pra combate-las lapas que segue Feijoo apártanse radicalmente da elaborada  polo bipartito, logo da experiencia do 2006. De entrada vetou a información sobre os lumes, a que agora se da é convintemente tratada. Non se fai a limpeza dos montes e dos predios dos particulares como política preventiva. Sempre falan de brigadas, nunca das persoas que participan nos operativos. En cada brigada participan poucos efectivos, algunhas con catro persoas, sen formación nin medios axeitados, pero amigos do alcalde. As brigadas, na súa maioría son municipais ou subcontratos privados. A falta de coordinación, profesionalidade e medios é asombrosa. A industria do lume, en Galiza, é poderosa e eficiente, inflúe no emprego e a cambio de que arda uns montes alivia, temporalmente, as listas do paro. Os meteorólogos anuncia a chegada de chuvias, con elo virán as mellores medidas que Feijoo ten contra as lapas. Xa non será necesaria mais enxeñería da desinformación, pero nunca oiremos falar do número de efectivos que participaron na campaña, nin do  abandono do monte, nin da desprotección dos núcleos de poboación. Feijoo eliminará os comuneiros, e co monte todo hermo poderá repoboar todo de piñeiros e eucalitos. Os votantes xa se domaran con un pouco de propagada e axuda dos caciques.
06/09/2013 11:02 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

PARQUES NACIONAIS EN NEGOCIO

20130907103504-12-03-09-corrupcion-y-mentira-.jpgOs Parques nacionais tiñan como meta a conservación en estado natural de espazos declarados tales pra súa conservación ecolóxica. Pero o PP quere introducir paulatinamente, dun xeito gradual e silandeiro, pra atopar menos oposición,. a realización de actividades económicas, o que en definitiva se pretende é a privatización e outorgamento de concesións de explotación.  Como a esta xente non a voten do goberno, vanse facer os donos do país e arruinalo. A iles, aínda que se lles enche aboca con en dicilo, sendo un dos seus recorrentes discursos non queren a España como Estado, quérena como propiedade particular, un gran cortijo peperro, que repartirán entre os amiguetes e acólitos do partido. Logo aínda no lo intentarán vender como un gran logro, unha xestión lúcida.  
07/09/2013 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA INSOLACIÓN

20130909101331-1341412348-819689-1341412616-noticia-normal.jpg

 

 

 

 O Ministro Montoro declarou froito quizá dunha insolación, nunha escola de verano, por suposto do PP, que España era un exemplo mundial de desenrolo económico. Do único que pode presumir España é do nivel de corrupción.  Dante imaxinaba pros corruptos un lugar no inferno no que estaría asolagados en pez fervendo. O que non se imaxinou é a cantidade pez que sería preciso pra asolaga-los corruptos de España. É mais, ¿caberán no inferno?. Montoro é un personaxe instriónico, que imita a Cantinflas, pero dándolle un toque ó Groucho.  As clases nesa escola  de verán foron de alto nivel, tendo como obxectivo que os asistentes teñan unha conciencia crítica e unha tolerancia hacia os que non pensen o mesmo. O portavoz parlamentario da Comunidade de Madrid, Iñigo Enriquez de Luna, insistiulles en que era necesario combater   movemento do 15M, porque so un perigo pro sistema: evidentemente, son un perigo pro voso sistema de corrupción. Ti e os teus  sodes os inimigos do sistema, do sistema, da democracia, das liberdades, da educación e sanidade publica,

09/09/2013 10:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A SÚA MANEIRA

20130910104128-imagescatavebc.jpg

 

 

 A Xunta de Galicia  vai acatar, que remedio, a sentenza que lle impide subvencionar ós centros de ensino que segregan ós alumnos. !    co ben que  tiñan montado o choio, dándolles unha subvención extra que lles compensara dese montaxe sexista!. O cumprimento da sentenza non é inmediato, como é de lei. A Xunta tómase un tempo cómodo de cinco anos pra cumprila. Inaudito. Hai un delito de desacato, pero semella que no lles afecta os da Xunta. É unha afrenta a xustiza, pero tamén a sociedade. Esa xente ten que ir a  cadea; a ver si dunha vez toman as cousas en serio.

10/09/2013 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOI DUBIDOSO

20130911104422-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 

 

A adxudicación da xestión privada de varios hospitais madrileños vaise a facer sen ter en conta o que digan os tribunais de xustiza. Nunca a mafia se distinguiu por respetar un sistema legal, parece que isto é igual. As empresase adxudicatarias, na súa maioría americanas, e nas mans das que terminaran os hospitais nun prazo de tres anos, teñen graves problemas no seu país, pero iso no foi obvice, antes o contrario, foi un acelerante. Non sexa que se coñezan cousas que den escalofríos. Sen cortarse un pelo, as empresas adxudicatarias xa anuncia que atraeran turismo sanitario. Os ricos de EUU e Arabia poderán  disfrutar de hospitais construídos cos impostos dos españois e os beneficiario lucrarse; mentres os españois solo serán clientes con rango de beneficencia. O mais preocupante é que este sistema é o que quere implantar Feijoo, iso si, dándonos vaselina pra que non nos doa tanto.

11/09/2013 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAÍS DE FÚTBOL

20130912094457-983965-10200837421591185-586116765-na.jpg

 

 

España é un país de fútbol, de banalidades, de pasar dos problemas, de vivir unha vida sumida na ignorancia, non se querer dar conta da súa miserable vida. Houbo unha multitude na presentación do extravagante fichaxe que fixo o Madrid, nembargantes é discreta a participación en protestas sociais. Unha magoa que non nos deran os xogos olímpicos. Ós españois, e os madrileños en particular non lles importa que lles recorten en educación, sanidade, ou dependencia. Non lles importa o mal goberno das Institucións. Os políticos o saben; por iso lle dan circo. O pan xa é outra cousa. Un fato de famentos, idiotizados e mais doados de anexar. Mesmo a policía está pensando en sustitui-los equipos de disolución de manifestacións por un balón de fútbol.

12/09/2013 09:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN FANTOCHE

20130913115032-1343378987-7490698cfbc3fd92a0e987597023a8b8.jpg

 

Carromero, cicais non sexa un perigoso delicuente, pero ten acreditada unha longa lista de faltas en materia de circulación. Oswaldo Payá morreu porque FAES enviou a Cuba a xente  co misión de  apoiar e financia-la  oposición e crear problemas ó goberno cubano. Todo o demais é manipulación mediática dunha prensa afín ó neo-liberalismo que predica Aznar, a cabeza pensante de FAES e a orixe de moitos males. O alto cometido de Carromero é evidente polos apoios da Familia FAES. Esperanza Aguirre mesmo chegou a calificalo de heroe. O terceiro ocupante do coche que sufriu o accidente, era un mozo sueco, o que un medio de comunicación quixo entrevistar pra que corroborara a versión de  Carromero, pero negouse a que o relacionaran con Carromero. Con estas campañas sucias, a figura d Paya queda definitivamente eclipsada. Ese foi o gran logro de FAES.

13/09/2013 11:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONSELLOS DE CICERON

20130914102125-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

 

 

 

 Dez consellos que Cicerón lle daría a Rajoy, e que este debía aplicar no seu  goberno

1.A corrupción destrúe un país  

 2. A inmigración non  toda é mala. 

3. Nunca hai que empezar, e por tanto,  non apoiar, unha guerra inxusta.

4. A intelixencia non é mala

5. O gobernante debe ser íntegro

6. Non hai que subi-los impostos

7.A negociación é necesaria

8. Ter ós inimigos cerca

9.Debe haber un  equilibrio de poderes real

10. A leis deben ser publicadas con vocación de permanencia

Rajoy incúmpreos todos,  ten ese triste record

 

14/09/2013 10:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CON UN PAR DE MELÓNS

20130916103648-536454-304774759638177-1057808013-n.jpg

 

 

 O que foi Presidente de Pescanova foi un exemplo de todo o que se pode facer co patrimonio de outros, coas subvencións públicas e cos postos de traballo. Sospeitase que o furado elévase a mais de tres mil seiscentos millóns de euros; así cando se rouba ó grande chámaselle furado,  ou calquera cousa que faga mais honorable a desfeita. O diñeiro está a bo recaudo , supoño, porque por mala xestión que se faga non é posible facer tamaño furado. Cando pretendía facer unha transferencia a China, fai pensar que ha mais niños noutros lugares; os ovos non deben estar sempre xuntos.  É o exemplo de bo empresario, emprendedor de destinos ocultos, ó que a cada non alcalza a comprender, pese o que fixo. que non haxa medidas cautelares. Paréceme curiosa a estafa ós bancos, simulando unhas ventas superiores  nun 80% ás reais pra descontar os pagarés. Sen dúbida é un xenio. Por  algo é amigo de Feijoo

16/09/2013 10:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ROUBO ÓS PENSIONISTAS

20130917105133-1351539979-bddc85fc5c13387188313ef2817fb50e.jpg

 

 

 O PP vai recorta-las pensións, dese xeito os pensionistas van perder cada ano poder adquisitivo. Non é que as conxelen, senón que as someteran a recortes anuais. O fondo das pensións, o aforro coñecido como a ucha das pensións, que tiña por obxecto cubri-lo posible déficit, apropiouse del o goberno. Unha vez mais baten sobre as costas dos mais febles, quitan diñeiro ós necesitados pra darllo ós bancos e a airexa. Estes do PP son mala xente, e demóstrano a cotío. Solo coa corrupción,. Cos cartos que esa mafia veu amasando xa se tiña, dabondo, cubrido os desaxustes orzamentarios nos que a súa incompetencia e mala fe os mete. Dende que chegaron ó goberno non fixeron mais que facer mais ricos ós ricos e mais pobres ós pobres, destruír probas dos seus delitos, recortar prestacións, destruír e precariza-lo emprego e subir impostos. A cara cuadrada e a dos ollos, saen nas portadas ríndose do diñeiro que sacarán ós pensionistas pra reparti-lo en sobres.

17/09/2013 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿ESMAGADOS, OU XUZGADOS?

20130918101539-603295-10151759567746145-109835503-n.jpg

 

 

A nade se lle ocorre xustificar  actos violentos, pero iso non pode evita-la crítica a actuación do sistema cando é merecente delo. A severidade das sentenzas son posibles, logo da reforma do CP que fixo Aznar, que permite calificar de Banda armada a grupos de alboratores;  con esas ferramentas e moito intres, ós supostamente pertencentes a Resistencia Galega, e digo supostos, porque en Dereito non se supón nada, todo debe ser demostrado, foron condenados,  nalgúns casos,  a 18 anos de cadea. A violencia, aínda que non sexa grave,  non debe ser xustificada; pero a xustiza que se precie ten que ser xusta i equitativa. Outros actos similares, noutras partes do Estado, son tratadas  con outro baremo. Iso é o que mais carraxe da. Do mesmo xeito, deixar campar e facer apoloxía da violencia a grupos fascistas, non é ter o mesmo baremo. Feijoo e os seus perderon a oportunidade de ser mais discretos cando arremeteron contra dos que clamaron  contra da sentenza. Estar en contra da sentenza non é apoiar a violencia, simplemente é salientar algo inxusto. O PP galego non condena o franquismo e defende e ampara ós que fan apoloxía da sanguinaria sublevación franquista. Actuemos con mesura e sentido.  

 

18/09/2013 10:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

É O QUE SOMOS

20130919103631-davila080410b.jpg

 

 

O PP representa a galiza paleta, caciquil, e postfranquista de sempre. Unha Galiza, que en parte, aínda vive na Idade Media. Gran parte dos galegos teñen nos xénes un atavismo histórico que os liga ós servos da gleba. O PP non é un partido democrático, segue a lexitimar os crimes franquistas e amparar actitudes fascistas; é unha suma de intereses das clases dominantes que moitos galegos acatan por esa condición de servos. O PP incentiva políticas que fagan de Galiza un pobo afundido na ignorancia,  na sumision e na pobreza pra facer o que lles da gana, hai que eliminalos reivindicar un modo digno de gobernar. Como dicía na concentración do día da Patria Galega, so nos queda soberanía ou exilio; non nos deixan outra opción.

19/09/2013 10:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NO HABER DE OBAMA

20130920103631-1010044-504411486320123-1737393183-nm.jpg

 

As imaxes da violación, tortura e asasinato dunha moza  cristiá Siria. Os criminais fixeron  unha derradeira fazaña, deixando unha sinatura macabra; á vítima craváronlle un crucifixo na boca. Iso ponnos de manifesto, por si algún non o sabía, da calaña de xente que promociona Obama. A imaxe, por si sola, xa horroriza. Obama descubriuse como un verdadeiro canalla, que non coñece límites, con tal de apoiar os plans de Isrrael, que acumula puntos pra xustifica-la súa desaparición.Un clérigo musulmá publicou unha fatua incitando á violación das mulleres cristiás sirias. Mais de un cento de islamistas españois foron a Siria a apoia-la guerra santa; o inimigo na casa, ollo.

20/09/2013 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

 

 

A comparecencia ante o xuíz dos imputados de ADIF, deixa a sensación de que se tomaron a cachondeo a citación; non solo contestan con evasivas, senón que se consideran alleos o accidente, un desprezo total ás vítimas  e pasando a bola. Ó  final non sabemos si as sinais foron retiradas, si había sinalización deficiente, ou si non completaron a obra de sinalización, xa fora por desleixo, ou aforro. Parece que foi un tal Lorenzo, responsable de circulación, o que mandou retira-la sinalización. Falta saber si foi por propia iniciativa ou por orden de alguén. Con todo, deron a sensación de que non tiñan intres en aclarar nada e que pasaban das preguntas e do mesmo Tribunal, como si se souberan intocables. Un auténtico esperpento. Todo isto non é mais que escuridade sobre a dor. Segundo ADIF o fallo é solo do condutor. Tódolos sistemas de seguridade funcionaron correctamente. Catro kilómetros  antes do accidente tiña que empezar a frear, pra chegar ó  lugar do accidente a 80 kilómetros. Mais o  que parece claro é que a sinalización era criminalmente deficiente, e así o entendeu o xuíz, que imputa a Adif. Tan criminal que unha sola baliza, que costaba   14.000 euros, houbera evitado o   accidente

21/09/2013 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CON SENTIDO

20130923103049-1186783-10201871280242601-2042966805-n.jpg

 

 

 Hai cousas nas que non queremos involucrarnos; pero ó final alguén ten a habilidade de meternos  no miolo. Síntome nacionalista; non nacionalista español, senón nacionalista galego. Os problemas que me interesan son os da miña terra, non os problemas de España e de Cataluña. Non é a miña unha visión miope do mundo, senón de prioridades. Nade pode prantexarse, nin involucrarse en conflitos alleos, que o remate tamén poden afectarlle, pero de momento hai que arranxa-la casa, os problemas domésticos; por iso me asombra que algúns entren ó trapo con tanta paixón, tomando partido. O nacionalismo catalán sempre foi burgués, o galego pola contra sempre foi proletario. É moi doado atopa-los atallos pro dereito a decidir, a min dáme que CIU se meteu nunha lea, nun problema que eles mesmos crearon e agora non hai demagoxia que os salve. Pódese ser nacionalista, pero hai moitos nacionalismos e moitos intereses. É preciso ir coa verdade, non ilusiona-la xente con mentiras, así si deciden seguir saben certo cal é o futuro e aquí nade di a verdade.

 



23/09/2013 10:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ROU ÓS FEBLES

20130924104428-581839-10151924569809913-44441847-n.jpg

 

 

O Goberno coa escusa de que as pensións son insostibles está aplicando unha doutrina ultraliberal, pretendendo eliminar o sistema de pensións, facendo crer que é inviable. En España solo se dedica un 14% d PIB ó pago das pensións; cantidade que é supera da por tódolos países da UE. O que o goberno en realidade pretende é crear un estado de opinión que favoreza a expansión do negocio dos  seguros privados.  Pra este depravado goberno calquera medio é axeitado, incluído o roubo da ucha das pensións. Si o Goberno tiña necesidade de mais recursos que realizara unha re forma fiscal, que equiparara o sistema español cos demais países da UE, si así fora o país tería futuro, doutro xeito cumprirase a estimación, segundo a cal pro ano 2020, un de cada tres pobres da UE será español. Un grupo de expertos independentes rebateu o documento do PP sobre as pensións e demostra que o sistema actual é viable con outras políticas; solo a premeditada política do PP, mais ideolóxica que económica, a fai inviable.

24/09/2013 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INSUPERABLE

20130925102442-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

O insuperable Feijoo acusa a oposición de ser compracente coa violencia. Pra Feijoo ós que non votan o PP son uns violentos. Claro, quere, en lugar de votantes un rabaño de ovellas. Que os galegos non son violentos demostro que pese a dicir estas burradas, que pese a non condenar a violencia fascista e darlle acubillo, que pese a non cumpri-las sentencias e que pese a corrupción e clientelismo do PPg; neste país non pasa  nada. E logo aínda ten o papo de reclamar adhesión a súa política, baixo o que el chama un pacto.

25/09/2013 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PUDO SER, NON O NEGO

20130926105658-537985-590102604350385-1270420163-n.jpg

 

 

    Entre o ditador e o seu herdeiro houbo este diálogo:  

- "Escucha Juancar, voucho deixar todo masticadito"
- "Pero Tito Paco, a xente non é parva"
- "Tranquilo, deixarémolo todo atadito nunha falsa Constitución Democrática"
- " E os vermellos? "
- "Para iso esta o PSOE, para enganar e que a xente crea que hai esquerda"
- "Xa, xa, pero os comunistas non cederán"
- "Os comunistas de verdade serán encarcerados, exiliados ou torturados"
- "Bo Tito Paco, fíome de ti"
- "De todos os xeitos Juancar, se se poñen parvos e a túa figura titubea, móntase un falso Golpe de Estado, a túa defendes a falsa democracia e seguimos co rolo máis décadas"
- "Foder Tito Paco, canto te quero,".

26/09/2013 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERIGOSO COÑECEMENTO

 

 

A ciencia, o coñecemento son un perigo pros plans dos políticos. O desleixo pola ciencia e a cultura. O afán dos políticos, non solo por deixa-la esmorecer, senón facer políticas activas  que dificulten a ciencia, xa sexa limitándolle recursos, ou o campo de investigación, é común

 

27/09/2013 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NO BO CAMIÑO

20130928103539-150288-465371866848828-1047552871-n.jpg

 

  Rajoy, nunha entrevista que concedeu a un medio de comunicación americano, dixo que xa saímos da  recesión, pero non da crise; da que pronto sairiamos pra crear emprego de xeito estable. Este patético personaxe mentiu tanto que, aínda que dixera a verdade, sería imposible crerlle. Os Organismos internacionais, que predicen a evolución económica, pintan un sombrío futuro pra economía española. É de teme-lo peor.

 

28/09/2013 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DERECHO A LA VERDAD

 

 

 

Ya es hora de tomárselo en serio. Catalunya, igual que cualquier pueblo tiene derecho a de decidir. También tiene derecho a la indepenencia. Pero el pueblo catalán, que es el que va dicir su futuro, tiene derecho a la verdad, a saber cuales son las consecuencias de su decisión. Si   aún así, decide independizarse, que lo haga. Pero tiene que saber que saldría automaticamente de la   UE. Podría seguir utilizando el euro, lo mismo que lo puede utilizar Somalia, sin ningún beneficio del club. Las empresas exportadoras y las que  desarrollan su actividad en mercados amplios se buscaría otro emplazamiento, tributarían en el lugar de su emplazamiento. Podrían ser un paraíso fiscal, pero los beneficios no llegarían al pueblo, no tendrían la cobertura y respaldo de ningún estado.  Los paraísos fiscales existe gracias a la complicidad de algún estado. Sería un estado fallido, que ni siquiera podría entrar en las ONU, los miembros permanentes del CS, con derecho a veto, no lo permitirían, porque ellos también tienen. Poe eso el derecho a decidir, también tiene que ser el derecho a la verdad.

 

30/09/2013 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris