Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GRAN PERDA

 

Mayor Oreja non quere encabeza-la lis do PP ó Parlamento Europeo. Ns catro anos da lexislatura só presentou unha pregunta á Comisión, que versaba sobre os crucifixos nas escolas. Esta estrafalaria produtividade tamén é compartida por outros Deputados de diversa tendencia. O Parlamento Eur6opeo é un cementerio de políticos, que non teñen sitio nos seus países. Volvendo ó do crucifixo: mais de tres millóns de nenos españois están na pobreza. Algúns complementan a alimentación no colexio. A Xunta, cunha opresiva orientación relixiosa, suprime os comedores escolares, pero reforza a orientación relixiosa, tanto en colexios como na asistencia. As mulleres coacciónanse a parir, unha vez que paren, o goberno abandona ás crianzas. Claro, seguir apoiando ós nenos sería comunismo. O apoio ó nascituro é catolicismo. 

0 comentarios