Facebook Twitter Google +1     Admin

RESULADOS

20140304103505-7278-4792756137838-67225334-n.jpg

 

Tras cinco anos de goberno Feijoo na Xunta, un análise de resultados  destaca que o paro creceu en mais dun 50 %, desmantelouse a gratuidade dalgúns servizos públicos; a industria desapareceu practicamente, cunha baixada de un 21,8 % dos asalariados. A agricultura vai camiño da ruína; con eses mais de 380 millóns de euros que o goberno central desvía das achegas da UE e a complicidade dun servil Feijoo e unha incompetente Conselleira a débeda acumulada pola Xunta, que son impostos diferidos, xa é superior ó orzamento anual. Non  hai infraestruturas novas. O emprego público atópase en liquidación, e o pouco que se crea é ocupado, por diversos métodos, con persoal afín, mediante o método dixital. Xa non hai concorrencia libre e de méritos. O método usado polo PP é pre fideliza-los votantes e reter o poder, no pra facer xustiza. A corrupción é habitual, sendo a provincia da Coruña a única que parece desaprobala, noutros casos hai unha alarmante comprensión. Houberan chegado estas circunstancias e estas credenciais pra que  Feijoo fora derrotado nas urnas; pero un incremento dun 26% nos orzamentos de propaganda, xunto cun encefalograma plano dos votantes son unha vacina preventiva determinante

04/03/2014 10:35 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris