Facebook Twitter Google +1     Admin

OCASION PRA MENTIR

20140311113229-1780840-684964378221732-116444067-n.jpg

 

O Goberno de Aznar non necesitaba unha razón pra mentir, facíao a cotío, non precisaban un 11 M. O seu era enganar e mentir, aquela ocasión era a ideal pra fabrica-la madre de todas las mentiras. Dende El Mundo e dende a emisora dos Bispos intentouse, durante anos especular coa teoría da conspiración, que inventara Aznar. Os poucos minutos do atentado, os técnicos negaron a autoría de ETA, pero Aznar non quería perde-la ocasión de fabricar con aquela dor a mentira mais grande do seu goberno, que por certo, foi un período de mentiras, que nos fan escoitar, se non fora pola traxedia, as mentiras de Rajoy con certa hilaridade. Despois de dez anos, algún personaxe da mentira mediática, admite que todo foi unha montaxe orquestada polo PP. Nunca é tarde pra admitir un erro, pero nin Jiménez  los Santos, nin nade do PP fixo acto de contrición, malia que coa súa mentira fixeron moito dano, chegando a ocasiona-lo suicido dalgunhas persoas, que non puideron soporta-.lo acoso dos descerebrados, nin a campaña do Mundo, órgano de propaganda do PP, nin de Jiménez  los Santos, porque como dicía CX Cela, un home pequen non ten obriga de ser bo, bastante ten con ser pequeno, mais si é anano; pero o enroque do PP produce asombro.   

11/03/2014 11:32 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris