Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FUTURO HIPOTECADO

FUTURO HIPOTECADO

 Podemos pensar que o futuro que nos agarda ós galegos é moi feo. Os repetidos recursos ó endebedamento pra pagar gastos, reputados de correntes, fan que sobre as xeracións futuras vaia a pesar unha carga fiscal que os afogue. Repetidamente, Feijoo fálanos do ben que van as finanzas galegas e anda polos mercados buscando préstamos pra ir pagando as débedas, préstamos realmente caros, dada a baixa calificación da débeda galega. Mais de 120.000 mozos galegos emigraron dende que goberna Feijoo. Si á cifra de parados sumamos a deses mozos emigrados, a cifra de paro en Galicia sería pavorosa, pero Feijoo asegura que o paro e a emigración era maior co bipartito, e o produto industrial e meirande. Oíndo isto penso que aínda segue na viaxe con Marcial Dourado. A realidade é que o traballo solo é ofertado pola empresa privada, que é unha oferta feble, que está moi lonxe de crear novos empregos, ou empregos de calidade. O emprego na Administración que debía ser en base á capacidade, e mérito, en igualdade de oportunidades, solo é en base o mérito  ideolóxico. As oposicións suspendéronse, pero hai novas formas de incorporación, en base a un descarado nepotismo. O endebedamento non é pra construír infraestruturas, senón pra pagar sobreprezos ás concesións privadas, entre outras cousas.

0 comentarios