Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O EMPREGO

O EMPREGO

 

  Si,  para ministra son  tempos de enchenta. Seis piso, dúas fincas e un solar; malia eslo cobra 1800 euros de axuda para pagar unha residencia. Mellor ve-la botella medio valeira. Do lado do emprego, non do paro. Levamos tempo oíndo que graszas a reforma laboral o emprego mellora. Hoxe hai mais parados que cando o goberno chegou ó poder, iso  é un feito. Ademais hai un segundo factor moi importante a ter en conta: o concepto de ocupado e parado que utiliza a EPA. Unha persoa que traballe unha hora á semana a cambio dunha comida e que estea o resto do tempo, as outras 39 horas, buscando traballo non é un parado senón un ocupado. En relación con 2013 o paro diminuíu en 424.459 persoas. A poboación en idade de traballar diminúe en 321.526 persoas dos que só un de cada tres é inactivo. O resto son parados que desapareceron previsiblemente que emigraron. Desas 424 mil persoas que non aparecen como paradas, 220 mil  fóronse. Os parados maiores de 61 anos pasan a xubilación forzosa, saen das  listas do paro.  A fórmula máxica de maquillaxe pra  resolve-lo problema do paro que utiliza  este goberno, é que si hai parados, que se vaian e non contaminen as estatísticas que lles benefician. Deste xeito quérennos facer crer que,  votar ó PP é a forma máis intelixente de loitar contra o desemprego. Pero pequeniñas cousas estropean esta idílica imaxe: a poboación activa descendeu en 232.000 persoas nun ano, co que os novo -empregados lle quedan a Rajoy en 120.000. España perdeu nese tempo 152.000 habitantes. Ó final os resultados son negativos, o paro malia contratación estacional, con empregos precarios, segue en aumento

 

0 comentarios