Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XA SE SABE

XA SE SABE

 

 

   Con disimulo, sen molestar, pra que saiban que nomeando a DE GUINDOS, España non vai prantexar problemas a Bruxelas, o PP, logo de presentalo como bandeira nas eleccións  esqueceuse do asunto e quere votarche a culpa do incumprimento a outros, a Bruxelas e a Almunia. De nada lles vai valer ós trileros a súas malas artes O artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea dispón que poderán considerarse compatíbeis co mercado interior as axudas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de rexións nas que o nivel de vida sexa anormalmente baixo ou nas que exista unha grave situación de subemprego. Alberto Núñez Feijoo anunciaba o seu compromiso de presentar un plan para o naval. Despois de transcorrer máis de tres anos “o único Plan presentado foi o de usar os estaleiros como itinerario turístico”. O dique non é un capricho. Senón que é “unha ferramenta fundamental” para poder seguir no mercado tanto de reparacións como para poder afrontar a construción de barcos de maiores dimensións que están a ser demandados e cuxos contratos son adxudicados a estaleiros europeos, competidores directos nosos. A UE pon en evidencia tanto ó Goberno do Estado como ó da Xunta. “Nunca tiveron unha defensa real do sector naval galego, e moito menos na ría de Ferrol. Sempre foron a remolque da presión social, vendendo fume en cada campaña electoral e agora queren buscar un chibo expiatorio en Bruxelas que lles sirva de coartada para non cumprir coas súas promesas electorais”.

 

0 comentarios