Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AXUDANDO Á SELECCIÓN NATURAL

AXUDANDO Á SELECCIÓN NATURAL

 

   Pra Xunta está claro que algúns seres humanos están destinados a ocupar o mais alto da escala social. Por si deus deixou aberta a porta selección natural, a Xunta non quere deixar nada o chou e considera que é prioritario intervir na selección natural, facendo que os fillos das clases escollidas alcancen un lugar de privilexio na sociedade. Viu con alivio como Wert permitía subvenciona-los colexios ultras nos que se discrimina por sexos e clases sociais, aínda que isto último non se diga. Os fillos das clases dominantes teñen que seguir mandando, aínda que non sirvan, pra iso hai que darlles unha educación diferenciada. Os fillos dos obreiros teñen que seguir sendo obreiros.  Solo así se pode manter o estado de cousas. Con premura, a Xunta habilitou 3.000.000 de euros pra subvenciona-los catro colexios. Iso é unha mostra da axilidade do goberno da Xunta. O esencial debíamos ser os seres humanos sen discriminación ningunha por calquera causa. De haber diferenzas, deben de sobrevir pola propia natureza e o esforzo do intelecto de cada persoa, non polas cousas e medios creados polo home que deben de estar ó servizo da Humanidade. De aí que urxe votar fora estes elementos.

0 comentarios