Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CALADIÑO

España, o caladiño, estivo a toca-lo peto das pensións.  O Fondo de Reserva da Seguridade Social, como comprador de último recurso para os bonos do goberno español, formulando interrogantes sobre o papel deste Fondo como garante dos pagamentos das futuras pensións.   O Estado votou man do Fondo pra autocomprarse débeda e arrefria-la prima de risco. Logrouse arrefriarse a prima de risco, pero baleirouse o fondo de pensión que Zapatero deixou en herencia. Dúas preocupacións xorden agora, por un lado a garantía do pago das pensións, de outro que a politiza económica do goberno que cada vez xenera mais déficit e obriga e recorrer  e xa non queda de que votar man. Ó menos o 90% do fondo de 65.000 millóns de euros investiuse nunha débeda española cada vez con maior risco, segundo cifras oficiais, e o goberno comezou a retirar diñeiro en efectivo para pagamentos de emerxencia. Os analistas sinalan que pronto o goberno terá un recurso menos para financiarse, xa que se enfronta a outro ano de recesión e dolorosas medidas de austeridade para pechar un gran déficit orzamentario. Esa presión, podería obrigar ao goberno de Rajoy a pedir este , ou o vindeiro ano o rescate, circunstancia que o goberno vai adiando polo alto custo político. 

 

 

0 comentarios