Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CURRICULUM

 

 O magnífico currículo de Luis de Guindos, despois de da derrota electoral do PP de Guindos pasouse ó mundo da empresa e das finanzas e foi nada máis e nada menos que o director para España de Lehman Brothers ata que o xigante norteamericano quebrou. Foi esta quebra, por un importe superior aos tres rescates que leva Grecia, a que precipicito a gran crise económica e dende logo a maioría de presidentes europeos terían pensando moi moito nomear ministro de Economía a alguén que saía de Lehman Brothers. Por certo Luis de Guindos non se decataba de nada ou non quixo explicar  a quebra de Lehman.  Rajoy quería dar unha saída digna a De Guindos e colocalo en Europa, para quitarse de enriba as pelexas entre este e Montoro, pero este non parece argumento de peso en Bruxelas e a xogada fallou.

 

0 comentarios