Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2014.

OS PATRIOTAS

  Emilio Botín e a súa familia, José María Aznar; Dores Cospedal; Rodrigo Rato; Narcís Serra; Eduardo Zaplana; Miguel Boyer; José Folgado; Carlos Solchaga; Josep Piqué; Rafael Arias-Salgado; Pío Cabanillas; Isabel Tocino; Jordi Sevilla; Josu Jon Imaz; José María Michavila; Juan Miguel Villar Mir; Anna Birulés; Abel Matutes; Julián García Vargas; Anxo Acebes; Eduardo Serra; Marcelino Oreja, son algúns dos 569 españois que depositaban o seu diñeiro no estranxeiro sen que este fose declarado en España. Así o asegura unha información publicada polo rotativo máis prestixioso do mundo, The New York Times, No último capítulo que viu á luz deste serial versa sobre o ocultamento por parte de Emilio Botín e da súa familia dunhas contas secretas establecidas dende a Guerra Civil na banca HSBC.  

 

01/07/2014 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS PATRIOTAS

  Emilio Botín e a súa familia, José María Aznar; Dores Cospedal; Rodrigo Rato; Narcís Serra; Eduardo Zaplana; Miguel Boyer; José Folgado; Carlos Solchaga; Josep Piqué; Rafael Arias-Salgado; Pío Cabanillas; Isabel Tocino; Jordi Sevilla; Josu Jon Imaz; José María Michavila; Juan Miguel Villar Mir; Anna Birulés; Abel Matutes; Julián García Vargas; Anxo Acebes; Eduardo Serra; Marcelino Oreja, son algúns dos 569 españois que depositaban o seu diñeiro no estranxeiro sen que este fose declarado en España. Así o asegura unha información publicada polo rotativo máis prestixioso do mundo, The New York Times, No último capítulo que viu á luz deste serial versa sobre o ocultamento por parte de Emilio Botín e da súa familia dunhas contas secretas establecidas dende a Guerra Civil na banca HSBC.  

 

01/07/2014 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PUTA VIDA

 

 Desafiuzan unha familia con un neno de 21 días. A protección á vida solo é mentres non se nace, unha vez nado, as crianzas e a súa familia terán que enfrontarse á vida sen ningunha protección. O cinismo do PP non ten límites. Está en contra do aborto, pero unha vez que a crianza ben ó mundo que se arranxe so

 

02/07/2014 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CRISE EUROPEA

20140703104558-10312384-714219755306947-5595246368662806236-n.png

 

 

  Ademais de Willy Meyer de IU, varios políticos como o eurodeputado Javier Nart de Ciutadans, Cristobal Montoro do PP, Elena Valenciano do PSOE ou a presidenta de UPYD Rosa Díez, aparecen na lista do fondo de pensións xestionado por unha SICAV. Non é solo un caso que afecta os implicados, contribúe a desacredita-las Institucións europeas, a alonxar, aínda mais, esta Europa corrupta, chea de viividores

03/07/2014 10:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉ É ISO DAS SICAV

20140704112640-montoro.jpg

 

As SICAV (sociedade de investimento de capital variable) son unha figura de investimento colectivo que ten por obxecto exclusivo a adquisición, tenza, desfrute, administración en xeral e alienación de valores mobiliarios e outros activos financeiros. Teñen moitas vantaxes fiscais entre a que destaca a tributación ao 1% do imposto de sociedades, por exemplo. As SICAV son utilizadas como unha inmellorable ferramenta legal das grandes fortunas para evadir impostos. As cen persoas necesarias para formalas, adoitan ser individuos que só achegan o seu nome á sociedade e frecuentemente están moi relacionados co investidor que achega a maior parte do capital mediante lazos de amizade ou parentesco. Tal e como recordan os técnicos de Facenda, neste sentido deixan de ser ferramentas colectivas para ser unha forma tramposa de xestionar un patrimonio particular esquivando o fisco. Como o capital mínimo para formalas é de 2.400.000 euros, é unha ferramenta exclusiva de persoas moi ricas. Ademais non é a Axencia Tributaria quen supervisa estas sociedades senón a Comisión Nacional do Mercado de Valores, afastando así o control destas sociedades do común do cidadán

 

04/07/2014 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CABREO NA XUDICATURA

.  O Fiscal do caso da Infanta, pasa de facer un escrito de calificación dos feitos e arremete contra do xuíz do caso, acusando, entre outras cousas, de prevaricador. As graves ofensas motivaron unha pechada defensa do xuíz, por parte das distintas Asociacións de xuíces e un tremendo cabreo do  xuíz afectado, que retou ó fiscal a presentar unha querela contra súa. O Fiscal actúa na liña do Miinisterio Público coa coroa. Os mortais asistimos atónitos a estas rifas, que nos fan ve-la xustiza como unha cousa que actúa segundo sexa o xusticiable

 

05/07/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CABREO NA XUDICATURA

.  O Fiscal do caso da Infanta, pasa de facer un escrito de calificación dos feitos e arremete contra do xuíz do caso, acusando, entre outras cousas, de prevaricador. As graves ofensas motivaron unha pechada defensa do xuíz, por parte das distintas Asociacións de xuíces e un tremendo cabreo do  xuíz afectado, que retou ó fiscal a presentar unha querela contra súa. O Fiscal actúa na liña do Miinisterio Público coa coroa. Os mortais asistimos atónitos a estas rifas, que nos fan ve-la xustiza como unha cousa que actúa segundo sexa o xusticiable

 

05/07/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS RABOS DA CASTA

20140707112750-pensar.jpg

 

 

   Un sobriño de Felipe González traballou, bo cobraba, porque alí nunca traballou, en IVERCARIA, con un soldo de 122.000 euros. Cando deixou de ter relación coa empresa, incluso lle perdoaron un préstamo de 23.000 euros. A muller de Madina, o pretendente a dirixi-lo PSOE, ficha por unha empresa refuxio de políticos. Mal camiño, que resta credibilidade e ética. Pola mesma empresa tamén ficha o marido de Soraya de Santamaría.  Todos se verán no comedeiro                                                                                                    

07/07/2014 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOVA POLÍTICA INFORMATIVA

 

 

  Rouco Varela mantiña unha política informativa de guerra, poñendo as cadeas episcopais o servizo do PP e  do ultracatolicismo. O perigoso, e que non lle preocupaba a Rouco, era a identificación do catolicismo  español co radicalismo católico. O novo papa, por medio da CE quere poñer orde nas cadeas informativas e que sirvan pra transmiti-lo evanxelio e non ser medio de propaganda política de ningún partido.Os "dez mandamentos" para o futuro de 13 tv que unha maioría de bispos parece decidida a cumprir son, grosso modo, os seguintes:
1. 13tv é necesaria. Pero como unha televisión que mostre á Igrexa, non á dereitaeclesiástica ou políptica. 3 Aceptar a crítica, interna e exterior. 4.ria. A defensa do Evanxeo ten que ser proposta, e non imposición.  5. Potenciar os informativos con maior presenza da información social 6. Promover os debates plurais. 7. O maxisterio do testemuño. 8. Aproveitar as sinerxías dun programa como un de  deportes.  Sería atractivo e economicamente viable. 9. Cambios no comité de de contidos, facendo plural. 10 13tv só terá sentido se se converte nunha televisión xeralista.

 

08/07/2014 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN TRUCO

20140709103857-images.jpg

 

  Despois dos resultados das eleccións europeas, ó PP entroulle o medo, xa non  lles chega con financia-la división da oposición; extrapolando os resultados das últimas eleccións, perdería numerosas alcaldías, pra que iso non ocorra, teñen que adapta-la lei electoral os seus intereses. O PP busca asegurarse o maior número de alcaldías por medo ós pactos da esquerda. Numerosos dirixentes do PP saíron este mércores en defensa da proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de reformar a lei electoral.  Normal, saben que como a situación siga igual, a maioría de alcaldes e concelleiros do PP se van ir ó PParo. A nova lei creará curiosos efectos. O que di inimigo, Bildo, sacaría a metade de alcaldías no País Vasco, co sistema que se lle ocorreu o PP. O novo sistema proposto polo PP ten como eiva principal que é un recurso que te como único obxecto conservar alcaldías, ademais ten como perversión a copia de outros sistemas que hai noutros países, pra solucionar un caso concreto, en modo algún está copiando sistemas electorais, senón collendo aquela parte deles que lles pode beneficiar.

 

09/07/2014 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS DESPILFARRO

20140710103750-getattachment.jpg

 

  A Xunta decidiu incorporar á administración 58 coches novos a través dun renting que terá unha duración de 4 anos e cuxo custo alcanza o millón de euros. O que máis destaca do asunto é que a administración conta con coches de alta gama que seguen sen usar dende que se compraron hai uns anos.  17 da era Fraga e un da era Touriño. Para intentar "reducir" un pouco a factura, a administración pensa entregar 25 utilitarios matriculados entre 1989 e 2004. 

10/07/2014 10:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS SAIAS

 

  Emulando os cregos, políticas do PP tapan baixo as súas poderosas saias, ós consortes, que actúan co meirande descaro e amoralidade, sabedores da súa inmunidade. Os consortes de algunhas políticas, ademais de estar ben situados, actúan  de gancho pra axudas públicas

 

 

11/07/2014 10:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BO CORRICULUM

20140712101358-untitled.png

 

  O Ministro de Guindos pretende ser presidente do Eurogrupo. Ten bo curriculum, por onde pasou deixou un rastro semellante a un furacán.  Curioso que canto mais o pasado o asolaga na merda, mais se crece, e incha o peito coa devolución anticipada de 1.800 millóns de euros do rescate bancario, que o PP segue negando, e coa desastrosa reforma fiscal. O rescate tiña un montante de cen mil millóns de euros, que solo se chegaron a utilizar unha parte, pero aínda así, se se sigue a ese ritmo de amortización tardaríase 30 anos en amortiza-lo recate.  Como non temos ese tempo, os vindeiros anos van a ser moi duros, pero o PP confía en perdelas vindeiras eleccións e que sexan outros os que paguen o rescate a uns bancos que arruinaron o país.

12/07/2014 10:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BO CORRICULUM

20140712101358-untitled.png

 

  O Ministro de Guindos pretende ser presidente do Eurogrupo. Ten bo curriculum, por onde pasou deixou un rastro semellante a un furacán.  Curioso que canto mais o pasado o asolaga na merda, mais se crece, e incha o peito coa devolución anticipada de 1.800 millóns de euros do rescate bancario, que o PP segue negando, e coa desastrosa reforma fiscal. O rescate tiña un montante de cen mil millóns de euros, que solo se chegaron a utilizar unha parte, pero aínda así, se se sigue a ese ritmo de amortización tardaríase 30 anos en amortiza-lo recate.  Como non temos ese tempo, os vindeiros anos van a ser moi duros, pero o PP confía en perdelas vindeiras eleccións e que sexan outros os que paguen o rescate a uns bancos que arruinaron o país.

12/07/2014 10:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RABO DE PALLA

  O Alcalde de Vilanova de Arousa perdeu os nervios cando visitaba un campamento infantil nas Sinas. Os nenos berraban pokemon, referido a un personaxe de debuxos, pero o alcalde entendeu PODEMOS. I é que PODEMOS tenos cos nervios a flor de pel

14/07/2014 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TAPANDO ÓS CULPABLES

20140715105547-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

  O novo agasallo os protagonistas da traxedia de ANGROIS amosa a fonda división estre as vítimas da traxedia e os protagonistas do rescate. Os protagonistas do rescate parece  que non ven chea a súa vaidade e déixanse seducir por loas sen fin, aínda que sexan descaradamente interesadas, como no caso da Medalla de Galiza. A Xunta pretende ocultar e soslaiar calquera investigación sobre a responsabilidade do accidente e intenta converter o asunto nunha festa. Unha festa que é unha afrenta ós que foron protagonistas e vítimas  da traxedia

... CONTINUARÁ

15/07/2014 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN POUCO DE CORDURA

 

 A postura das asociacións de vítimas do acédente de ANGROIS e a ameaza das mesmas de protesta con carteis no acto de entrega de medallas, pedindo xustiza, fixo que a Asociación de veciños de Angrois recapicitara e comunicara que non asitiría ó a entrega de medallas. Este desaire poñería roxo a calquera, pero  no a Feijoo, el o seu.

16/07/2014 11:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MASACRE EN UCRAINA

 

  Nade sabe quen foi o responsable do derribo do avión malasio  en Ucraina, pero Obama xa se lanzou a culpar ós prorusos de ser os    responsables. Estes négano e acusan ó goberno. Ningún deles merece a mínima credibilidade. Rajoy declarou que estaría cos SOCIOS. Eu estarei coa verdade. No avión viaxaba unha equipa punteira na investigación da SIDA. Non é descartable a implicación dunha loita comercial. Nos medicamentos xógase duro

 

19/07/2014 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COA VENIA

20140721104825-1472031-540480362714206-892022587-na.jpg

 

  A airexa dos xerónimos é coñecida polo seu tinte  fascista. Nela o de menos é o evanxeo, antes o contrario, fanse continua apoloxía do golpismo e incítase ó odio. Parecía que a marcha de Rouco ía muda-las cousas, pero no fondo todo segue igual, solo vernices. A supresión de calquera referencia que incite ó odio e sitúe a Igrexa católica como altofalante da extrema dereita,  evitando actos como os acaecidos en novembro de 2012, cando un grupúsculo de nostálxicos do franquismo entoaron o cara ao Sol nas portas do templo. Este ano, e ante o auxe da extrema esquerda, o párroco da Igrexa dos Xerónimos optou por endurecer a súa mensaxe esixindo ós católicos "estar preparados" ante a posibilidade de iniciar unha nova cruzada "por Deus e por España". E fíxoo na celebración da homilía e ante a atenta mirada dos descendentes de Francisco Franco, defendendo o Golpe de Estado.  

21/07/2014 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O HOLOCAUSTO

20140722113258-2.jpg

 

  O mundo asiste impasible o holocausto palestino; semella que a humanidade perdeu a sensibilidade. Non reaccionamos o asasinato en masa do pobo palestino.  Aínda que hai cas


22/07/2014 11:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADA QUE CELEBRAR

20140723103359-2013061518142064744z.jpg

 As asociacións de vítimas do accidente de ANGROIS, din de Feijoo: "se verdadeiramente tivese un mínimo interese e preocupación polas vítimas e as súas familias o que faría sería axudarnos a saber a verdade e a buscar todos os responsables políticos da traxedia, aínda que sexan do seu partido", para que "paguen pola súa irresponsabilidade, e preguntan: ¿Tomou vostede algunha iniciativa para que saiba a verdade?  ¿Leuse vostede os informes periciais independentes, que obran na causa xudicial, gran parte de cuxo contido se publicou nos medios de comunicación, sobre os incumprimentos constantes da normativa ferroviaria por parte de Adif, Renfe e o Ministerio de Fomento? ¿Sabe vostede que houbo un aviso por parte do Xefe de Maquinistas advertindo da perigosidade da curva, ao que non fixeron caso nin Adif, nin Renfe, nin o Ministerio de Fomento baixo a dirección do seu partido? ¿Sabe vostede que todos eses informes técnicos din que o accidente se podía ter evitado se se tivese contado coas medidas de seguridade propias da Alta Velocidade? vostede que o día 25 de xaneiro o Goberno de España tivo que publicar no BOE un Real Decreto Lei para aprobar a creación dunha Axencia de Seguridade Ferroviaria, que xa estaba creada (sen funcionamento) dende o ano 2006, para intentar parar un expediente que a Unión Europea iniciou contra o Estado Español por non cumprir a normativa europea en materia ferroviaria? ¿Comparte vostede as palabras do Secretario de Estado do Ministerio de Fomento, Sr. Catalá, sobre non falar mal da Alta Velocidade española para non "estragar" os negocios das empresas españolas? inceramente, nós non podemos crer que vostede non coñeza todos estes datos e seguramente moitos máis, porque soamente hai que facer o esforzo de escoitar, ler e pensar, sen intentar facer propaganda. vostede que o día 25 de xaneiro o Goberno de España tivo que publicar no BOE un Real Decreto Lei para aprobar a creación dunha Axencia de Seguridade Ferroviaria, que xa estaba creada (sen funcionamento) dende o ano 2006, para intentar parar un expediente que a Unión Europea iniciou contra o Estado Español por non cumprir a normativa europea en materia ferroviaria? ¿Comparte vostede as palabras do Secretario de Estado do Ministerio de Fomento, Sr. Catalá, sobre non falar mal da Alta Velocidade española para non "estragar" os negocios das empresas españolas?. Sinceramente, nós non podemos crer que vostede non coñeza todos estes datos e seguramente moitos máis, porque soamente hai que facer o esforzo de escoitar, ler e pensar, sen intentar facer propaganda.

23/07/2014 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TEATRIÑO

20140725105501-2013032114383575958.jpg

 

  As vítimas de ANGROIS non querían medallas, querían xustiza. Fai un ano da traxedia e o proceso xudicial  apenas avanzou. No ameto político nade  asume responsabilidades. Noutro país, o ministro do ramo houbera dimitido. No ameto parlamentario, PP e PSOE vetaron unha investigación parlamentaria. Logo Feijoo, co seu mais puro estilo marrulleiro intenta rentabiliza-la dor e, en lugar de xustiza, reparte medallas, do xeito que fixeran os colonizadores cos indios. Con voz afectada, ó estilo Groucho, fai entrega da medalla.  

25/07/2014 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CASTELAO

 

   Dixo Besteiro que Castelao non era un símbolo, era un feito. Pra cada galego pode ser unha cousa distinta. Incluso Feijoo, que representa os ideais dos Reis Católicos, de castración e doma de Galiza, foi renderlle homenaxe o seu panteón, o cal foi mais ben un insulto. Sen ánimo de polemizar, Castelao si foi un feito, existiu; pra moitos de nos é, ademais, un símbolo,  a representación do que supuxo a súa doutrina de amor e compromiso con Galiza, un xeito de vivir e pensar. Que cada quen tome a dose que poida dixerir.

 

26/07/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O IMPERIO SIONISTA

 

 Israel está e plena espansión. Dende que se creou o estado xudeu foise anexionado territorios dos veciños e, con calquera pretexto, de cando en vez, dálles un tunda. Israel ten o exército mellor entrenado e sofistificado do mundo. Certo que vive nun avespeiro, pero el se encarga de axita-lo enxameo. Aproveitando a enorme débeda arxentina , un grupo de xudeus pagou parte da débeda a cambio da maior parte da Pampa Arxentina. En Chile é coñecida a compra de grandes extensións de terreo polo "filántropo" ecolóxico Douglas Tompkins. É de coñecemento público que a ecoloxía non é a verdadeira motivación das súas compras. O non é o único, hai outros estranxeiros e nacionais vinculados ao sionismo que tamén están a adquirir terras en Chile e Arxentina .  Establecementos hoteleiros  do cono sur están ó servizo exclusivo de grupos xudeus, facendo a función de apoio loxístico, pra cartografia-la zona. ¿Qué se agocha tras estes movementos?. Non é ningunha ciencia ficción a hipóteses de que están artellando a constitución da expansión do estado de Israel hacia América do Sur, aproveitando a debilidade dos dous gobernos da zona.    

 

 

28/07/2014 11:16 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A CAMARILLA

20140729103514-safe-imageh.jpg

  

  Unha camarilla político-económica esténdese como unha mancha de aceite por España. A corrupción dos políticos parece xeneralizada, pero tamén os corruptores están en tódalas esquinas. As empresas electrizas, que gañan diñeiro a esgalla non lles chega con beneficios astronómicos, aínda fan trampas pra subir mais as tarifas. Tiñan que devolver 5.000 millóns de euros, cobrados de mais, pero non teñen tempo pra facelo.  Iberdrola, que tiñan que nacionalizala, permtiuse o descaro de ameazar con marcharse. Expropiacións en Sudamérica, multas no Reino Unido; parece que ai non ´o caso de España. Aquí incluso lle dan axudas. Tamén ten en nómina a moitos ex  

29/07/2014 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O EMPREGO

20140730111633-1491694-4160942598915-3795995465095453553-n.jpg

 

  Si,  para ministra son  tempos de enchenta. Seis piso, dúas fincas e un solar; malia eslo cobra 1800 euros de axuda para pagar unha residencia. Mellor ve-la botella medio valeira. Do lado do emprego, non do paro. Levamos tempo oíndo que graszas a reforma laboral o emprego mellora. Hoxe hai mais parados que cando o goberno chegou ó poder, iso  é un feito. Ademais hai un segundo factor moi importante a ter en conta: o concepto de ocupado e parado que utiliza a EPA. Unha persoa que traballe unha hora á semana a cambio dunha comida e que estea o resto do tempo, as outras 39 horas, buscando traballo non é un parado senón un ocupado. En relación con 2013 o paro diminuíu en 424.459 persoas. A poboación en idade de traballar diminúe en 321.526 persoas dos que só un de cada tres é inactivo. O resto son parados que desapareceron previsiblemente que emigraron. Desas 424 mil persoas que non aparecen como paradas, 220 mil  fóronse. Os parados maiores de 61 anos pasan a xubilación forzosa, saen das  listas do paro.  A fórmula máxica de maquillaxe pra  resolve-lo problema do paro que utiliza  este goberno, é que si hai parados, que se vaian e non contaminen as estatísticas que lles benefician. Deste xeito quérennos facer crer que,  votar ó PP é a forma máis intelixente de loitar contra o desemprego. Pero pequeniñas cousas estropean esta idílica imaxe: a poboación activa descendeu en 232.000 persoas nun ano, co que os novo -empregados lle quedan a Rajoy en 120.000. España perdeu nese tempo 152.000 habitantes. Ó final os resultados son negativos, o paro malia contratación estacional, con empregos precarios, segue en aumento

 

30/07/2014 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AUTOESTRADA REGALADA

20140731104555-1477495-877958422246089-307251603-n.jpg

  

  A autoestrada do atlántico foille regalada por AZNAR a Sacyr por 1700 millóns. Sacyr, emprea do entorno do PP. Un ano despois, Sacyr vendeuna a un fondo americano, gañando 6.000 millóns de e uros O servizo que presta é de pena; pero Feijoo suxire s usuarios que a denuncien. ¿Pra que coño está a Xunta?. Si pasa dos problemas dos galegos, que se vai, solo pra chupar sobra. O que os cidadáns tiñan que facer é esixir responsabilidades a Ana Pastor, por consentirlle a AUDASA ese maltrato ós cidadáns galegos. Elementos do PP, Bárcenas, de tenedor e Muntaner Pedrosa, pontevedrés, amigo de Rajoy, de presidente son as cabezas visibles, e do PP, de aí que non haxa problemas pra empresa. O dos atascos nos peaxes e o mal servizo seguiran, malia os ditos do Ministerio, que  solo  se fan pra galería.

31/07/2014 10:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris