Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2014.

BAGOAS

20140602112432-untitled.png

 

Rajoy, non chorou como fixera Boadil. Nosoutros si choramos,  de oírlle dicir que o goberno sabe o que fai. Si, o goberno sabe o  que fai, é certo, con premeditación está arruinando o país, aínda que penso que cando un Presidente do Goberno ten que utilizar ese argumento é que realmente está navegando a cegas e non ten idea do que debe facer. Pide que teñan fe no Goberno. O FMI a OCDE, en moitos casos, coas instrucións previas do goberno, gaban as reformas  e  piden mais miseria, non mais austeridade.

 

02/06/2014 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROS ESCÉPTICOS

20140603112357-untitled5.png

 

  O único positivo da abdicación do Rei é que Rajoy ve reducida a lista do paro, despois todo é cuestionable e escuro. É cuestionable que a lexitimación do Rei pra gobernar veña da imposición dun ditador e que non pase polas urnas pra ser lexitimado democraticamente. É escuro o papel do Rei no golpe de estado do 23F. Hai repúblicas que fan bo a calquera rei, pero esas repúblicas, no fondo, son ditaduras, e de  repúblicas solo teñen o nome. En España, a I república terminou por ser un instrumento dos poderosos, mentres deixaban que o pobo xogara á política e non os molestara. A segunda república, agás de ser un reino de Taifas, que lle facilitou a un ambicioso Franco a súa sinistra misión, ía polo bo camiño, pero o pisarlle os callos a airexa e os ricos, sentencio o seu fin. A transición da ditadura a seudodemocracia non foi obra do Rei, foron os mesmos franquistas que se aseguraron a impunidade e os privilexios, a elo contribuíu uns demócratas, principalmente socialistas, comunistas e nacionalistas moderados, domesticados por corenta anos de terror, e que o final tan ben se adaptaron que terminaron contaxiados da corrupción 

03/06/2014 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿DE QUE RECUPERACIÓN FALA?

20140604103558-1003693-10201504559278128-458442556-n.jpg

 

 

O PSOE  din que ten raíces republicanas, pouco fondas, polo que se ve. O  Rei abdicou agora porque a presenza de Rubalcaba ó fronte do PSOE garántelle un apoio seguro á transición pra perpetua-la monarquía; despois do Congreso socialista a cousa pode variar, aínda que ningún dos futuribles se pronunciou sobre o asunto. A razón fundamental é que os dirixentes solo pensen en nadar e garda-la roupa, solo unha parte das bases, que non está contaminada polo poder, segue tendo a pureza das ideas socialistas. No futuro, un futuro moi incerto, os auténticos socialistas terán que enfrontarse á casta dos burócratas. Pode que a actual liña do PSOE leve a desaparición do PSOE; nun proceso como o grego. Naqueles concellos que pactaron co PP xa se  viu o camiño.

 

04/06/2014 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PARTE DE TRANSICIÓN

20140605112507-sorpresa.jpg

 

   Primeiro ano da transición. Parte dende O Escorial: Vencidos e desideideolixizados os grupos da oposición, continúa  triunfal a transición, O Rei apastará os rabaños, e si algunha ovella se descarría, sempre queda o recurso de corrompela. Primeiro ano da abdicación. As ovellas pacen mansas. Os seus pastores non deixaran que se desmande do rabaño. Despois de corenta anos Franco segue reinando. O Rei xuntou, a largo do seu reinado, uns   aforrillos estimados en 2.300 millóns de euros. Botín de reinado. Ademaís a xubilación real.

 

05/06/2014 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA ESTÁ BEN

 

   O indulto convertese nun instrumento mais pra burla-la xustiza. Mentres se indulta a traficantes, corruptos,etc cunha ofensiva xenerosidade, á muller que atacou o violador da súa  filla néganlle o indulto. Estes políticos o único que pretenden é cabrear ó persoal

 

06/06/2014 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA CRISE PROS POBRES

20140607122243-264578-601763316511818-569468366-n.jpg

 

 

   Vivimos nunha crise, económica e de valores. O certo é que non é unha crise universal, non lle afecta a todos por igual. O diferencial entre ricos e pobres medrou de xeito exponencial coa crise; así, os ricos son cada vez mais ricos, e os pobres son cada vez mais pobres. As consecuencias da crise recaeron sobre as costas dos pobres, resultando intocables os banqueiros  a airexa , ós políticos e a monarquía.  Os valores da sociedade, en parte polo efecto da crise, centráronse nun culto o diñeiro. Nesta confusión de valores emerxe a airexa católica impoñendo a súa doutrina moral, por suposto, ós pobres.

07/06/2014 12:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERDIDOS

 

 

  Os resultados das pasadas eleccións deixaron unha ensinanza que nade asume, ben porque sería admitir que o mundo dos votantes está convulso e xa nos lles pertence, ben por qué se creou unha utopía, que vai se-lo enterro duns soños. Das moitas ensinanzas que podemos ver, unha destaca: Tódolos partidos que non ofreceron soños e utopías perderon votos. A crise xerou unha onda de descontentos, unhas realidades traumáticas, das que a xente necesita fuxir. As formacións que ofrecen utopías, entrelas: PODEMOS, ESQUERRA ou BILDU, conectaron coas arelas da xente. Os demais, co seu clásico menú, que se limita a ofrecer, ano tras ano, o mesmo, perderon o apoio. Con todo, asombra que aínda haxa 7.000.000 de votantes, ós que non lles importa a corrupción, a miseria, a fame e que lles voten a crise sobre as súas costas . Cando chegue o momento de ofrecer solucións concretas, será o intre de valorar se verdadeiramente hai unha solución máxica, realista ou seguimos buscando culpables

 

09/06/2014 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON É UNHA TABERNA

20140613105554-404846-607035715979386-1891058490-n.jpg

 

Feijoo debería ter prohibida a entrada no Parlamento. Feijoo é home de taberna; non sabe comportarse no Parlamento. O Parlamento é un lugar pra debater, non pra insultar, en lugar deso a cidadanía ben merecía unha explicación crible do que pasa no concello de Santiago. Nada pode oculta-la desfeita de Santiago coa súa convulsa política municipal. Solo o Conselleiro  estrela pode calma-las augas. Un home que saíu ben librado de leas xudiciais, pode ser o que necesita Feijoo e deixar de exhibir as súas dotes de follonero

13/06/2014 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRISTE OBRIGA

20140614105524-578221-344546775646851-1917104250-n.jpg

 

  Todo o mundo ten dereito á defensa, incluídos o matrimonio Basterra-Porto, unha defensa tan boa como poidan pagar. O límite debe ser a ética e a moral. Dáse por sentado que no xuízo importa a mellor defensa, incluso a costa da verdade. Os últimos, que non derradeiros, descubrimentos, no ordenador de Basterra e no móbil de Rosario, levan o asunto a uns límites escabrosos de mentes enfermas, que encolle a alma mais endurecida. Nestes casos o papel dos avogados débese limitar o xuízo, fora del, calar e non opinar.  

14/06/2014 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TORRRENTE

 

  Dentro das incomprensibles medidas de indulto do Ministro de Xustiza, agás dos narcotraficantes, políticos corruptos, etc, destaca a do Garda Civil que gravou unha agresión sexual, mentres se esmendrellaba coa risa. O personaxe de Torrente parece superado. Este indulto  que se lle outorgou a un Garda Civil que, non só non fixo nada para evitar unha agresión sexual, senón que ademais a gravou en vídeo co seu teléfono móbil "sen deixar de rir. Unha sentenza da Audiencia Provincial de Asturias. O seu delito tivo lugar en 2011: omisión de deber de perseguir delitos.

 

16/06/2014 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CLENTELISMO

O Concello da Coruña cesara á responsable da Fundación Lois Seoane, non era do PP a había obtido o posto por concurso. Mérito , capacidade e pública concorrencia, non son valores apreciados polo PP, menos mal que a xustiza puxo as cousas no seu sitio, e obriga ó Concello da Coruña a repoñela no seu posto e a pagarlle os salarios que deixou de percibir. Tamén a xustiza anula os nomeamentos do Interventor e  Tesoureiro que o PP fixera o chegar ó goberno municipal de Santiago. Prescindir dos que había na planeilla e nomear unha equipa que non lles molestara, exerce-lo clientelismo político é propio do PP, non  é xeito de gobernar, menos mal que a auga volve o rego

 

 

17/06/2014 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ACOLLONIDA

20140618111904-aznar5.jpg

 

   A chica da curva está acollonida con Carromero, Esperanza Aguirre, o fillo de Gallardón, o concelleiro do PP de Santiago; así como outros ilustres peperos. Cabe preguntarse que teñen estes condutores co alcohol. Aquela promoción do viño e o volante, a rebeldía as normas de tráfico,  que fixera Aznar, debe ter moito que ver. Son destemidos condutores, por riba da lei, que contan coa protección do PP, de ai que sempre busque o acubillo cando son pillados no allo.

18/06/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ACOLLONIDA

20140618111904-aznar5.jpg

 

   A chica da curva está acollonida con Carromero, Esperanza Aguirre, o fillo de Gallardón, o concelleiro do PP de Santiago; así como outros ilustres peperos. Cabe preguntarse que teñen estes condutores co alcohol. Aquela promoción do viño e o volante, a rebeldía as normas de tráfico,  que fixera Aznar, debe ter moito que ver. Son destemidos condutores, por riba da lei, que contan coa protección do PP, de ai que sempre busque o acubillo cando son pillados no allo.

18/06/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ALCALDE DIKXITAL

 

  Santiago xa ten novo alcalde, o terceiro da lexislatura. Malia ser un alcalde dixital, escollido, se supón, pra limpa-la imaxe de corrupción que o PP deixou en Santiago, te un escuro pasado, cunha habilidade demostrada pra nadar nas riadas xudiciais. Catro cargos da Dirección da Consellería de Infraestruturas da Xunta, están imputados no caso Campeón por suposto tráfico de influencias na tramitación irregular de contratos en favor das empresas da trama de Jorge Dorribo. Os investigadores gravaron unha chamada dun funcionario deste departamento a Carlos Monjero, man dereita de Dorribo e responsable da firma de estudos técnicos Proitec, na que o traballador da Xunta daba instrucións ó empresario pra amaña-la adxudicación do proxecto de mellora da estrada que une Cerdedo e Campolameiro (PO-230). "É en relación a un tema que teño por escrito da directora  Ethel Vázquez, agora Conselleira, dun proxecto que tedes que realizar vós no concello de Campolameiro", podíase oír na gravación. Cando os axentes acudiron ás oficinas da Xunta a pedir o expediente, foron informados pola directora de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, tamén imputada na causa, de que non existía. Pra desgracia dos catro cargos de Infraestruturas implicados no caso, as xestións para amañar aquel contrato deixaron máis rastro á parte da conversación teléfonica interceptada polos investigadores. No rexistro da sede de Proitec, os axentes de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria conseguiron a proba de que o encargo a dedo do proxecto da PO-230 a unha empresa da trama non eran imaxinacións súas. Alí encontraron un documento con cabeceira da Xunta no que o entón subdirector xeral de Estradas, o tamén imputado Luis Miguel Muñoz Bretos, co visto e prace do seu superior, Ethel Vázquez, solicitaba ofertas para a obra a Proitec e a outras dúas firmas que, como lle insinuaran dende a Xunta a Monjero na picada telefónica, tiñan relación tamén coa trama e, polo tanto, presentarían propostas o suficientemente malas para ser descartadas. Isto explica, tamén, a imputación do Ministro socialista Blanco, por Dorribo. Utilizado  por...., logo dunha longa entrevista no despacho de Feijoo, entre Feijoo e Dorribo

 

19/06/2014 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POLA AUSTERIDADE

20140620102830-safe-image-po.jpg

 

   A Xunta merca 58 coches novos, tendo os Audis de era Fraga, que electoralmente lle atribuíra a Touriño. Feijoo non paga os coches, os coches fáinolos pagar a nos, pra facer un uso subrealista deles, pois funcionarios de a pe, pra trasladarse a algún chirnguito da Xunta, desprazase en coche oficial. O parque móbil, que non deixa de medrar, ten mais de 2.000 vehículos, moitos, como o do Presidente, que é de abricación francesa, son producidos fora do país. A estes chourizos non lles importa despilfarrar diñeiro público, mentres a miseria esténdese polo país, trátannos como un fato de iidiotas, i eso debemos ser. Non facer por votalos do poder e mandalos á cadea, é de traizón á crase humana

20/06/2014 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REFORMA FISCAL

20140621110858-montoro.jpg

  Montoro acaba de anunciar unha reforma fiscal con baixada de impostos. Non fai falla ser un experto fiscal pra saber que a reforma a quen realmente beneficia é ás rendas mais altas e o capital; pero os subnormais  creranlles. O Director do B de E. Xa di que pra cadra-las contas haberá que recortar 55.000 millóns de euros. A ROJA apeárona do mundial e xa o goberno non conta coa caixa tonta pra entreter ós idiotas, por  iso quere mercar canal + e outras empresas de información libre, a través de empresas afíns, pra seguir narcoinformando ó pobo. A un empregado, de renda baixa, pode supoñerlle a redución tres euros mensuais, per a unha renda alta 1.700 euros ó me. As rendas do capital  pode supoñer unha sustanciosa redución, que unido o clásico fraude fiscal será un escándalo. Haberá unha suba dos impostos indirectos, unha redución do gasto social, manteranse os santuarios e os dos políticos, agrandando a fenda entre ricos e pobre; pero curiosamente isto é o que parece querer o pobo.

21/06/2014 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FONDAS CI CATRICES

20140623111334-falanxe.jpg

 

 

 Pasaron anos, pero as feridas da masacre da sublevación franquista non se curaron e transmítense como unha estigma as futuras xeracións. A visita da Maxistrada arxentina que investiga os crimes do franquismo, deixou o descuberto o medo que aínda hai na sociedade española a tratar asuntos do réxime de Franco. No día de hoxe, cativo e desarmado o Exército vermello, as nosas tropas vitoriosas alcanzaron os seus últimos obxectivos militares. A guerra rematou", dicía o último parte oficial emitido dende o cuartel xeral de Franco o 1 de abril de 1939, coa voz do locutor e actor Fernando Fernández de Córdoba.   Este non foi o epílogo. Solo foi un punto e seguido dunha sanguinaria represión. Nas posteriores datas houbo case medio milleiro de mortos, xa fora por fame, frío, e outras causa derivadas da penosa situación da poboación. As execucións continuaron e cífrase  en perto de sesenta mil. Os actores materiais e os que seguen ocultando e intimidando os inv+estigadores, son culpables

23/06/2014 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FACTURAS NOS CAIXONS

 

   O que dixo que non éramos un país punteiro en tecnoloxía, erraba. A Xunta presume de boa administración, vai de sobrada, i é única  en non   acudir ó fondo estatal de financiación. Nos caixóns da Xunta acumúlanse moreas de facturas sen pagar. As transferencias a outras administracións adíanse. Deixan de prestar servizos, péchanse comedores escolares  i evítanse recoñecer novas obrigas como as do Risga. Pero non todo é austeridade; por exemplo Galicia Bilingüe,  asociacións antiaborto, centros de ensino privado de matiz relixioso, arranxos de bens eclesiásticos etc, non coñecen os recortes. E si a cousa vai a peor, adiantase o peche do exercicio e as obrigas pasan o exercicio seguinte

 

24/06/2014 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS CHANCHULLOS DA FREMAP

20140625102944-1176366-579884698736110-827310788-n.jpg

 

 

 

   A mútua patronal atravesaba apuros contables, ó non poder xustifica-las contas. A Administración de Zapatero exercía un control sobre as finanzas da organización polo uso dde fondos públicos e sospeitar que non era transparente. A mutua pretendía que o control da Administración era unha intromisión na xestión privada. Os fondos públicos, que era o que motivaba o control, debían sufrir unha sorte de mutación máxica ó pasar as entidades privadas e escapar a todo tipo de control. Cando  o PP gañou as eleccións respiraron tranquilos, ó fin ían poder face-las cousas como querían. O escándalo é tremendo,  41 millóns de euros esfumáronse, pero nade irá á cadea

25/06/2014 10:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Sen nada

20140626102657-safe-imageert.jpg

 

  Catro millóns de parados están sen ningunha prestación, nin sobres. O 27,5% dos nenos españois está na pobreza. Os do PP reciben sobres con sobresoldo. Eles descoñecen a pobreza. A Airexa recibe do Estado 11.000 millóns de euros, ós que hai que engadir a exención de impostos e outros privilexios, o que eleva a cifra a 43.000 millóns de euros o ano. A corrupción costa a Facenda miles de millóns, os políticos innecesarios custan 500 millóns de euros ó ano; parques móbiles de película, sementeiras de asesores, etc. Si todo se arranxara, España sería un país con superávit e non habería fame, nin miseria.

26/06/2014 10:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

IGUALIÑOS

20140627103304-1003693-10201504559278128-458442556-n.jpg

 

   Gobernos de PP e PSOE financiaron con 80.000 euros ex-combatentes de Franco que axudaron a Hitler. A Irmandade nacional da División Azul recibiu subvencións públicas de forma ininterrompida dende o ano 2000 por un importe total de case 80.000 euros. A coroación de Felipe VI e o aforamento do rei, veu poñe-la guinda as múltiples coincidencias ideolóxicas e de estratexia entre PP e PSOE. Apoios mútuos e axuntamentos e outras Institucións, forman parte dun sindicato de intereses.

27/06/2014 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESPAÑA CAÑI

20140628121938-10417722-661244807282271-3599148654406783708-n.jpg

  Esta é a España do PP. Fiscales que protexen a corrupción. Evasores fiscais, co Ministro do ramo á cabeza, corrupción generalizada, delicuentes amnistiados, persecución de ideas, restauración da Idade Media, etc

28/06/2014 12:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

o mensaxeiro morto

 

    Logo de que afundiran as Caixa galegas, logo de que foran reflotadas con diñeiro público; por fin  foi regalada  a Capriles, dunha coñecida familia ultra de Venezuela. A presentación en sociedade de ABANCA, que xurde das cinzas das caixas galegas, fíxose ante o mais granado da sociedade político-económica galega, con especial presenza da dereita e notables  ausencias do nacionalismo. Na mediática presentación prodigáronse en promesas que solo será iso, promesas. Hai que ter clara unha cousa, o negocio do diñeiro é sempre o mesmo, sexa quen sexa o empresario. O regalo está feito e os beneficiarios xa están listos pra comer. Todo foi bo bonito e moi  barato. Fundir un banco, rescatalo con diñeiro público e regalala a un amigo que nos pagará o favor. Os  "salvapatrias" venden o pais ós estranxeiros. As caixas morreron de man de politicos e mangantes varios. só quedan voraces bancos, de dubidosa españolidad(su españolismo esta en Suíza e Sicavs). Na nostalxia queda Caixa Rural Galega, pronto irán a por ela. 

 

30/06/2014 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris