Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2014.

MOITO QUE LIMPAR

 

 

O Director da policía outorga un contrato de 400.000 euros pra fornecer de papel hixiénico  a distintas dependencias, outorga o contrato a unha empresa estranxeira.  Así non se axuda a recuperalo país. Moita merda hai. Ten fixacións, como a do 11 M. Aínda a estas alturas sigue coa teoría da conspiración e recorreu a un truquillo, non moi apropio, pra cargarse agora o comisario que levou aquela investigación                                                                                                         

01/05/2014 11:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROMETE

20140502105047-1385997999598banez-detalledn.jpg

Primeiro de maio, pra festexar o traballo sen traballo, e os que teñen a sorte de traballar ven como as condicións de traballo empeoran, ano a  ano. O traballo deixou de er unha maldición pra ser unha bendición. O Goberno promete crear 1.200.000 empregos en dous anos.   Non pensei que lles faltaran tantos familiares por empregar. Non pode ser que o goberno fixera esa promesa pensando nos cidadáns correntes. Por forza, tiña que referirse as súas familias, as familias que acaparan empregos, que teñen o don da ubicuidade, ou que tódolos seus membros están chupando do público, ou do que depende do público. A derradeira EPA describe un panorama aterrador. Galicia cos seus 296.500 parados rexistrados, e os seus 100.000 emigrantes dende que Feijoo goberna é a campioa do paro. Si temos en conta paro e emigración superamos a Andalucía; pero Feijoo xa dixo que a EPA mentía, que en Galicia había 70.000 persoas traballando, que non cotizaban á seguridade social, e non figuraban traballando. Os que vivan da familia, das pensións dos xubilados, furgando nos contenedores do lixo, terán que darse de alta na SS.

02/05/2014 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS RECORTES, ¿A QUEN?

 

  Os políticos non sufriron ningún recorte, as dietas incremetáronas nun 22%. A airexa, non  solo non sufriu recortes senón que gañou, a monarquía aparentemente sofre un recorte do 2%, que recuperou con intereses, a banca é inundada de diñeiro público, as eléctricas son colmadas de privilexios. Amnistíase ós defraudadores. ¿A quén recortan?, pois. Os dependentes, os funcionarios, ós servizos públicos e os traballadores, en xeral, son os únicos que sufriron recortes

 

03/05/2014 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LIBRE PRA MANIPULAR

A nade lle interesa que haxa unha información independente e veraz. Queren unha masa de borregos que sigan unha información manipulada, da que o menos importante e  a verdade. O que realmente parece interesar é a formación dun estado de opinión que favoreza uns determinados intereses. Si non é o asasinato da pomba é o seu dopaxe. A proclamación do  día da prensa libre non é mais que a certificación de que a prensa non é libre, e que nos conformamos con que un dos 365 días haxa unha información libre e independente.

05/05/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O AMIGO INSIBLE

AGE ten amigo invisible pra financia-lo seu proxecto. Cando era segura a perda da maioría absoluta polo PP, aparece a figura mesiánica de Beiras, que sen ter unha ideoloxía definida, mais aló do seu magnetismo persoal, divide a esquerda e salva a Feijoo, que pese a perder 200.000 votos, amplía a súa maioría. Nade sabe de onde saíu a xenerosa financiación do proxecto Beiras, quén é o se amigo invisible. A Feijoo chégalle con agardar a sombra da maceira, que as mazas caerán de maduras. É necesaria, urxente, a reforma electoral coa introdución dunha segunda volta como   a maioría dos países

 

06/05/2014 11:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CAÑA CAÑETE

20140507105931-10288733-653051534760928-1344833328722831640-n.jpg

 

  O mitin de Lalín de Cañete foi unha festa de insultos. O home que lle quitou o campo galego as subvencións da Unión Europea, que propiciou un acordo pesqueiro devaluado, do que aínda se descoñecen algunhas partes, promete que defenderá os intereses de Galicia en Bruxelas. Mal imos si o vai  facer como agora. Din que as vacas da granxa que visitou en Lalín, están en folga e non dan leite. As vacas teñen o seu sentimento, non aturan que o seu leite teña un prezo errático, en competencia desleal con outros de Europa. Nesa orxía de promesas electorais sae a enquisa de parados, menos paro, pero pouco menos, así que non hai lugar pra triunfalismos. O PIB vai medrrar o 1,1%. Deguindos envalentónase e Cañete desmelénase. Grecia vai medra-lo 4,5%, e todos así. Cañete di que non vai segui-las indicacións de Europa como o PSOE. Nesto a Comisión Europea felicita a España por seguir as súas ordes, pero avisa de que aínda quedan mais recortes, que o paro non remitirá e que a marcha da economía é moi feble.

07/05/2014 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DROGADOS

20140508110048-1517535-769852733033686-2968343953340255114-n.jpg

Segundo as enquisas, o PP vailles dar un baño electoral os outros partidos nas vindeiras eleccións. Nin a ausencia de futuro, nin a xestión capitalista ultraliberal que está a facer da crise lle pasa factura. No fondo os españois, tras largos anos de ditadura, na que a propaganda anulaba a  capacidade crítica de decidir, asimilan como esponxas a  propaganda do PP e todo o que leva a cagada da gaivota

08/05/2014 11:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS AYATOLAS

 

 Un crego de unha parroquia de Xaén, di nunha homilía que os homes antes chegaban borrachos e pegaban ás mulleres, agora a violencia é maior, esta homilía foi pronunciada nunha misa de primeiras comunións, un entorno moi propio. O cura non foi apartado do seu ministerio. Co bispo que teñen, non podía ser doutra maneira. O  bispo de Alcalá di que as separacións son unha doenza, e a aparenta nada de anticonceptivos, darlle polo cu. Todo se supera, 230 nenas foron raptadas en Nixeria, por un grupo islamitas. As mais novas son violadas 15 veces diarias. Definitivamente, as relixións son perigosas e grupos de fanáticos din e fan burradas en  nome de Deus.

09/05/2014 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A IMPORTANCIA DAS PENSIONS

20140510111241-1351539979-bddc85fc5c13387188313ef2817fb50e.jpg

 

   Moitos españois viven das pensións dos seus maiores. É unha economía de supervivencia, pero que xenera unha sociedade de  parasitos, que se habitúa a sobrevir con limitacións e non enfrontarse o seu propio futuro. Futuro que será moi incerto cando o sustento das pensións non exista xa. De ú  nico medio de supervivencia á obscena utilización nas eleccións europeas polo PP. Esa é a triste realidade.

10/05/2014 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOBRE RODAS

20140512114941-1491694-4160942598915-3795995465095453553-n.jpg

 

  Tanto nos repiten que imos ben, que isto mellora, que imos convencernos de que é certo, que imos sobre rodas. Incluso os que remexen nos contedores do lixo esperando atopar algo que levarse á boca van a convencerse que forman parte desa sombra negra que quere escurecer os avances económicos e sociais do goberno. A recuperación é un slogan, pero a forza de repetilo haberá quen o crea, sobretodo aqueles cun número moi limitado de neuronas

12/05/2014 11:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SUBA DE SOLDOS

20140513104951-10303797-632695193485648-6552738796622088482-n.jpg

  Os soldos dos funcionarios están conxelados ,e baixan, o suprimi-las pagas extra. O Axuntamento de Madrid súbelles o soldos os asesores un 35%. Iso é a proba de que os recortes non lle afectan ó PP . Non son os únicos. Políticos, rei e airexa son da mesma caste. o país vain ben, pra uns estase saíndo da crise, xa se ve a mellora.

13/05/2014 10:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BANDAZOS

20140514104720-1506988-298782253609742-5722699245020078891-n.png

 

 Ese invento que lle chaman UPyD non deixa de sorprender. Sabemos donde saíu. Rosa Diez foi militante e cargo do PSOE. Un día a súa estrela apagouse dentro do socialismo. Foi entón cando cando co apoio económico do  “amigo invisible” funda o UPyD. Nun primeiro momento, como era de esperar, róuballe votos ó PSOE, pero a súas ideas, cada vez mais extremistas e cavernícolas, pasa a disputarlle votos ó PP, e iso pode crearlle problemas, porque todos saben o que costa manter un partido político, especialmente  cun obxectivo moi personalista e cada vez mais claro nos seus intereses. Nun mitin chegaron a afirmar que con Fraco todo ía mellor. De aí a apoloxía do fascismo non hai nada, aínda que se trate de buscar votos entre os nostálxicos do ditador. Tamén se declarou inimiga e belixerante co BNG. Cos outros nacionalismos, aínda que llo pide o corpo, procura non provocalos. Débelles ter medo

14/05/2014 10:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O AVE UNHA CORRUPCIÓN MAIS

20140515103808-2013061518142064744a.jpg

 

 

  Varias persoas son  detidas polo furto, estafa, etc. de millóns de euros con motivo da construción do AVE a Cataluña. A empresa CORSAN, beneficiaria  en contratos do AVE  levou de turismo a varios cargos do ADIF ás pistas de esquí de Aspen.  Os peritos informan ó xulgado que os mortos e feridos na curva de  Angrois e centos de feridos, houbérase evitado si se respetara o proxecto  orixinal. O xuíz imputa a varios cargos do ADIF. Houbo homicidios, houbo lesionados, houbo estragos; ten que haber responsabilidades penais e políticas, pero despois de nove meses a ministra está nun cómplice silencio.

15/05/2014 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS TRIBULACIONS DO AMIGO

 

 

 

  Si Marcial Dorado ten problemas coa xustiza será porque queira. As súas  tribulacións, dun xeito ou outro, ha de superalas solo, aínda que os amigos sempre estarán aí. A súa axuda ha de ser discreta, gardando as formas; pero ha de sentila, de feito xa ha está a ver. El sostén que a súa inmensa fortuna é froito do traballo e non do tráfico  de drogas. Non se xulga a súa fortuna, o xuízo actual é por narcotráfico, así de claro. Que teña unha fortuna inmensa, sen que se poida acreditar a súa orixe, é unha incógnita, nada mais

 

 

16/05/2014 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESMORECENDO

20140517112939-41800-104054672961766-1532-n.jpg

 

  Hai que valorar e admitir a labor titánica  de un grupo de persoas, empeñadas en manter aceso o candil da cultura galega. A loita que libran contra os que partindo dunha falsa liberdade amenazan a nosa lingua,  esas bestas que veñen cabalgando da escuridade e están cavando as fosas nas que pretenden enterra-lo idioma galego. Os xenerosos que empregan as súas enerxías en manter viva a chama da lingua, sen utilizar outras armas que a palabra, son calificados de violentos, polos que usan o poder do goberno, dos medios de comunicación e canto organismo lles sirva ós seus diavólicos plans, e usando cartos e recursos nosos en contra nosa. Esta xente laiase que a defensa do idioma sexa pacífica, eles querían que houbera algo de violencia pra que xustificara a entrada na contenda do Ministro do Interior, que de momento se limita ás comisarías e o exterior de Galicia, con contundencia, por certo. É que dende o seu punto de vista somos unha anomalía. Creo, vendo como van as cousas,  en cuestión de 50 anos acabaran co que os ignorantes chaman anomalía, pero a loita dos soldados da luz, ó mellor conseguen alonga-lo período da primavera.

17/05/2014 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A POR TODO

20140519103322-ferrer1-350x200.jpg

 

  Teñen a prensa, teñen a radio, teñen a TV; agora van polas redes sociais. Pode que alguén se pasara cos seus comentarios, pero Pilar Manjón leva tempo soportando burradas, sen que o PP se inmutara, Marhuenda  está libre,  pese a dicir que hai que matalos. As X do PP ensalzan o franquismo exhibindo bandeiras preconstitucionais, o alcalde de Baralla ofende ás vítimas do franquismo e xustifica o seu asasinato, etc, etc,. Agora uniríanse ós países como China e algúns árabes no control total da información.

19/05/2014 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CON POUCA LUZ

20140520104349-2.jpg

 

  O debate na TV entre os candidatos ás europeas do PP e mais do PSOE foi anódino, sen votar luz sobre nada, esquivando no debate entrar nos asuntos que lles podían  interesar  ós votantes. Cañete non decepcionou; actuou como un típico exemplar de macho cabrío, falto de ideas, limitouse a ler un guión preparado, e logo a soltar paridas  e o saberse perdido no  debate, no que el mesmo se derrotou , xustificou a súa ineptitude na debilidade da opoñente e na súa inferioridade, pola condición de muller. A verdade é que a bagaxe cultural da representante socialista é ben pobre, ó on ser capaz de superala no debate, xustifícase polo medo a que se prantexara algunha inmoralidade do PP. Ou particularmente do propio candidato. Pois dende os 251 millóns de euros que cobrou a súa empresa, ós enchufismos de TRAGSA. malia eso haberá moitos galegos que lle voten. non temos remedio, o noso é a servidume, son atavismos históricos que non se superan.

20/05/2014 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEMAGOXIA

 

 Diante dun electorado pouco formado, os políticos tocan a música mais melodiosa pros oídos dos electores. Prometen baixar impostos, e baixan os impostos directos, que pouco representan nos petos do proletariado, pero moito pros ricos, pra compensar soben os impostos indirectos e recorren á débeda. No corto período do goberno Rajoy a débeda española duplicouse. España xa está situada entre os países mais endebedados do mundo e sigue medrando. A débeda son impostos diferidos que terán que pagar ás xeracións futuras. A canallada do rescate bancario xenera unha amoralidade que da unha sinal de total impunidade ós causantes da crise: Cando unha persoa comete unha ilegalidade, cando rouba a unha poboación e sae impune estáselle a dar a oportunidade de que o volva facer. Os representantes da banca son en gran parte os causantes da situación actual, estiveron a xogar nun casino e conduciunos a unha situación de extrema pobreza. Se enriba os axudamos a saír dos exercicios anuais con beneficios e ningún dos seus directivos remata no cárcere, vano seguir facendo, porque lles paga a pena.      

 

21/05/2014 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEBEN TER RAZÓN

 

 

 Feijoo presumiu no Ferrol de dar carga de traballo ó naval. É aritmética simple, o PP vai construír nos asteleiros de Andalucía un buque con 5.000.000 de horas de traballo, n Ferrol un buquiño de 1.000.000 de horas e traballo. En Andalucía gobernan os socialistas, en Galicia o PP. Conclusión somos unha anomalía, un país de borregos ós que se lles minte e se lles insulta sen o menor pudor. O naval segue en coma, solo se lle prolonga a agonía.  O traballo contratado solo empregara 265, dos case tres mil; pero algo é algo. Está desmostrado, a intelixencia dos que votan ó PPg debe ser algo oculto, virxe; pois si creen que non lles afecta o naval está errados, si creen que nos afecta o acordo lesivo pra Galicia do reparto de pesca que fixo Cañete, e os vascos, por compaixón, nos ceden gratuitamente cota da que lles deu  Cañete, si non lles importa que Cañete desviara 350 millóns  de axudas de Europa pro agro galego pra latifundios de Castela e  Andalucía, si os galegos non lles interesa que  pidamos a Europa un rescate pra banca, que teremos que pagar. Si os galegos nos lles interesa que5 se  rescaten as autopistas  e non se pague a dependencia. Galicia, xunto con Valencia e Madrid, sexa a Comunidade que dedica mais fondos ó ensino e a sanidade privada, que siga o enterro e seguide votando ó PP.

 

22/05/2014 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POLO NOSO BEN

 

   Os que pelexan por un posto de Deputado non o fan por egoísmo; fanmo por altruísmo, un desinteresado afán de servizo á Comunidade. É impresionante a cantidade de boas persoas que hai, que todas elas están dispostas a face-lo sacrificio de gozar das prevendas do Parlamento Europeo. E todo o fan por nos. Non sei que se pode sentir cando sabes que seguro che vai toca-la lotería, pero seguro que é como un terremoto de pracer, especialmente pra eses que van de recheo e nin sequera fan o ridículo como Cañete. Raro que fagan pedagoxía de programa, limítanse a votarlles a culpa a outros, a meternos medo co home do saco; no   fondo, quérennos desmotivar pra que non vaimos a votar, é única oportunidade na que podemos decidir

 

23/05/2014 10:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MARAVILLOSO

 

  É maravillosa a xustiza social do PP. Desouzan a unha muller con cinco fillos e danlle a vivenda   á filla dun militante do PP do axuntamento de    Gandar, Granada.  O Concello de Gandar (PP) non tivo en conta a súa situación nin solicitou o informe preceptivo dos Servizos Sociais municipais para comprobar se entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Vivenda se encontraba algunha familia en situación de exclusión social. Chegaba con que se atopara se vivenda alguén do PP. É o caso de Ana Carmen, que vive na casa do seu xenro con cinco dos seus fillos e un neto. Un dos seus fillos, de 17 anos, está acollido en Aldeas Infantís. "Nin sequera podo dicirlle que vinga porque non hai sitio na casa", Encántame este país cos políticos honrados que ten, co pacífica que é a xente, coa xustiza social que hai  

 

24/05/2014 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN NOVO ESCENARIO

 

 As eleccións europeas teñen a súa propia linguaxe, non son equiparables ás eleccións internas, pero debuxan un escenario que é indiciario do que pode pasar en clave interna. Chegamos ó fin do bipartidismo e os actores políticos teñen que adaptarse a este novo escenario, ou complicaráselles a vida, que xa non será a plácida alternancia na que viviron. A irrupción na escena política de novos partidos, a pesar de dominar o voto clientelar e os medios de comunicación, marca o fin dunha era. Os que saiban reaccionar sobrevivirán, os que non, verán o fin do seu reinado

26/05/2014 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CÓDIGO ÉTICO

 

 

   Despois  do asunto do alcalde de Porriño, despois das investigacións sobre Paula Prado e familia, despois da apertura de xuízo pra maioría da corporación compostelana, na que hai xa unha  segunda dimisión; despois do asunto xudicial do Presidente da Deputación de Pontevedra, etc. Feijoo vai ter que sacar outro código ético, ou ben será como dos irmáns Marx, movedizo, que se adapta a todo. O mais seguro é que nunca cumpriu coa ética, o mellor é porque non sabe ben qué é. 

27/05/2014 10:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PATADA DE BURRO

20140529111541-10360254-623551451064021-3614901815045381970-n.jpg

 

  O Concelleiro de Seguridade Cidadán de Coslada, do PP, arreoulle unha coz a un señor de 63 anos que protestaba porque fora estafado coas preferentes. Dun burro solo se pode esperar unha patada, pero si é polas costas, como neste caso, o burro procede dos establos do PP, sen lugar a dubidas. Non foi detido, nin amonestado. O goberno non ve unha conduta reprochable no feito, porque defendender a estafadores, narcotraficantes,  corruptos, etc, non é delito.

 

29/05/2014 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ESTABA FUGADA

20140530105654-1544613-731913963505710-1561531831-n-b-b.jpg

 

A portavoz do PPg, Paula Prado, non estaba fugada, solo agachada, de supoñer que polas súas corruptelas municipais.  Deu sinais de que vivía, atacando ó BNG. non comprendo esta xenreira e non explica as corrupcións do PP. O ataque o BNG, seu inimigo preferido, será pra ocultar e non explica-la perda de votos, malia ter todo o poder do seu lado, nin o cese de Varela

30/05/2014 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS ANTISISTEMA

20140531112020-10402917-713731048672598-8136123521803570990-n.jpg

 

 

Chámanlles ós antisistema ós que manifestan o descontento na rúa, ós que protestan contra as inxustizas; porque queren prohibir as manifestacións de desacordo; hai que ir como ovellas ó matadoiro, en orden e sen protestar. Pódennos deixar sen traballo, sen vivenda, sen servizos sociais. Aínda que non sexa iso o que pretenden, déixannos claro que eles son o sistema. Un sistema que solo serve á banca e o capital. Son o sistema de explotación do traballador, os que lles fan o traballo sucio ás sabandixas que deixan seco ó pobo.

31/05/2014 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris