Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2014.

SAMAIN. Un relato verídico

 

 

  Hoxe é o día de defuntos, dos que xa morreron, non así dos que se resisten a morrer, dos políticos que xa tiñan que estar amortizados, pero que se agarran os seus privilexios como garrapatas. Despois de todo hoxe é un día de festa, a xente acode ós camposantos nun ambiente festivo, as penas trócanse en ledicias, as bagoas en risas. Pra nun mudar o tema do día, falemos de camposantos.  Coñecín a un home que tiña que pasar por un fondo e estreito camiño o lado dun  camposanto. O home era moi precavido e, sendo noite, pensou que o mellor era cruzar polo camposanto, un lugar alto e despexado que lle emitiría ver a un posible inimigo. Dos mortos, pensaba el, non había que preocuparse, era dos vivos de que había que gardarse. Cando ía camiñando polo camposanto, algo veo e lle tapou os ollos. Podía ser algo do outro mundo, el había violentado a paz dos mortos. Non era propio del quedar cravado no chan sen poder dar un paso, o medo o paralizaba. El, que non coñecía o medo agora era o seu prisioneiro. O pouco puido reanuda-lo  camiño, aquela cousa que o cegara, marchara.  O día seguinte volveu de día o camposanto pra aclara-lo asunto. Houbera un enterro e no cha quedara un cacho de papel dun cirio; unha brisa de vento levan tara o pel do chan e veulle ós ollos. Casualidade, ou non, pero as cousas nun contesto determinado collen unha determinada dimensión.   Relato verídtico.

 

01/11/2014 11:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN EXEMPLO

20141103113040-imagesnn-m.jpg

 

 

  É neste intre en que o galego está sufrir unha despiadada persecución pola Xunta e o facharío, hai que salienta-la iniciativa dos veciños de Vilaboa (Pontevedra).  Nun acto de alta sensibilidade e agarimo precedeuse a firma da acta de vontades por parte de veciños e veciñas de Salceda de Caselas que desexan que todo o relativo o seu pasamento se realice exclusivamente en lingua galega. A primeira veciña foi Carmen Troncoso. Nas súas verbas lembrou que "aprendín a falar en galego, chorei e criei ós meus fillos en galego" e agora lles pide que reciban a acta que asinou onte, ante Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia, como notario.

 

03/11/2014 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALGO ASI XA MO IMAXINABA

20141104120454-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

O conseguidor era íntimo amigo de Feijoo, e tiña unha relación dos  regalos que deu os distintos cargos  da Xunta. Non se fiaba deles, e en caso de que o trincaran quería deixar constancia dos trapicheos.  Tamén era o provedor oficial do PPg. Un dos que se dedican á infraestrutura dos actos de campaña do PPg. Pra mais cachondeo tiña un soldo de mais de tres mil euros ó mes, como encargado de eventos e conseguidor. Non é o cese da Conselleira de Traballo, como piden algúns, é Feijoo o máximo responsable. Sairán contratos subvencións e outros amaños, pero non haberá cadea, nin ceses. Teremos que mercar máscaras pro    cheiro.

 

04/11/2014 12:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COFELY

 

 Non sei si é unha empresa do entorno do PP, moi relacionada coa recente trama,  pero alí onde hai   un goberno do PP, COFELY funde as súas raíces e medra con negocios sospeitosos. Cospedal dalle negocios suculentos, pero onde realmente ten fondas    raíces, é en Madrid en Galiza. O SERGAS non solo contrato  xa sumou 12 millóns. Nada se sabe dos negocios e os amaños que ten en Galiza.

 

05/11/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ELES SON CULPABLES

20141106105719-1239401-616575685051032-1686971587-n.jpg

 

A segunda guerra mundial varreu o fascismo de Europa, menos de España.  Franco non solo non foi molestado, senón que recibiu o apoio total dos países democráticos.  A razón fundamental é que EEUU atopou en España un portaavións gratuito, a cambio de lle pagar como aluguer, fundamentalmente, coa chamada axuda militar, que consistía en entregar a España material obsoleto, destinado á chatarra.  A longa ditadura, e o xeito de saír dela, creou unha pobo descerebrado e submiso e, paralelamente, unha casta de  políticos montados a lombos dos votantes e preocupados unicamente deles mesmos. Os electores votan a un partido, a unhas siglas, independentemente de que o candidato sexa honrado. Isto acontece coa maioría dos electores. Carecen de criterio político obxectivo , e  o candidato corrupto vai obtelos mesmos votos. Seguiremos.     

06/11/2014 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CERCADOS

20141107112550-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

 O PP atópase cercado pola corrupción e está ensaiando varios xeitos de volve-las tornas. O PP non  ten unha solución unitaria, está optando por varias estratexias. Cada líder ten a súa solución, que van dende a de Cospedal, dicindo que todo o que se podía facer, xa se fixo, o que é o mesmo, hai que procurar que non nos pillen, sen mais. E a mais astuta de Feijoo, que pretendía blindarse cun pacto co PSOE. Pra iso diseñouse unha ampla estratexia que consistía nunha preparación da opinión pública, mediante o bombardeo informativo dos medios de comunicación afíns. Cando o campo de batalla se atopara ermo, entraría en escena Feijoo.  O Presidente intentou convencer a Besteiro de que aceptara o plan que concibira, pero Besteiro púxolle condicións: que o plan fora público, que se involucraran os demais axentes sociais, non solo ó PSOE, medidas reas contra dos corruptos, nada de códigos éticos baldeiros, e que comparecera no Parlamento pra dar conta da corrupción. Feijoo saíu moi contrariado da reunión; nin o bombardeo informativo, nin a longa sesión de acoso de Monte Pío deu resultado. Terá que da-la cara.

07/11/2014 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ATADOS NO PASADO

20141108111842-977-492094304155346-621609655-n.jpg

 

Vivimos no pasado, aínda non superamos a Guerra Civil porque simplemente se estibo  machacando e ensinando unha visión da historia imposta polos vencedores dunha guerra.  A corrupción funde as súas raíces nesa España en negro e non nos sacudiremos esta praga, ata que a transición se efectúe. A xustiza é lenta e selectiva,  parece que o corrupto é impune. A impunidade coa que traballan é case absoluta. A xustiza é moi lenta e moi condescendente cos corruptos.  Ós corruptos non se lles obriga a devolvelo roubado e as improbables penas de cadea  son irrisorias.  Si no seu momento Europa amparou a ditadura fascista, agora segue con tibieza a reposición da memoria histórica e acolle o erdeiro daquel réxime no seno das Institucións europeas, non porque o consideren un igual, senón porque é peón moi manexable, que nunca prateará problemas, nin reivindicacións.  Pero non n os enganemos, fora de Europa fai moito frío. O que se necesita é xente respetable e sen atadras do pasado pra defendelos intereses de España

08/11/2014 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS CORRUPCION EN GALICIA

 

   Unha mais das razóns de Feijoo pra  tapa-la corrupción en Galiza, foi o intento de protexerse co PSOE, e pra iso intentou convencer a Besteiro. Xunto coa trama,  na que é elemento destacable o se íntimo Pachi Lucas, está involucrado.  A utilización de diñeiro público para asuntos privados en Fomento-Galicia, incluíndo de obras a dedo e outras que nin sequera existiron. Pero a corrupción , especificamente en Estradas Pontevedra é ta grave que merece un tratamento específico.

 

11/11/2014 11:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

  Complexa cousa a política. A un neno explicáronlle  no colexio que era a política, pero el non entendeu nada. Seu pai explicoullo cun exemplo, dicindo.

Nesta casa eu son o capital, o que pon o diñeiro, túa nai é o goberno, el administra a casa, ti es o futuro e a criada o traballo.

De noite espertou coa ganas de ir o Baño. Primeiro foi a xunto de súa nai, pero estaba durmindo; logo foi ó cuarto da criada, e alí estaba fodendo o pai con ela. Total que se cagou e comentou: estache boa a política. O goberno durmido, o capital fodendo no traballo e  o futuro cagado

 

12/11/2014 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EL NON MENTE

20141113114709-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

Non dirá toda a  verdade, pero tampouco se pode dicir que mente. A liña entre a verdade e a mentira é tan fina é sutil, que a apreciación do sentidos das palabras depende de quen as interprete. Feijoo, en sede parlamentaria, negou que el avisara a Pachi Lucas da intervención dos teléfonos e que fora o consiguidor . Crespo di o contrario. Que Pachi Lucas frecuentara monte Pío, incluso que pernotara alí, pódeo facer merecente de calquera sospeita, pero non quere dicir que todo sexa certo. Pero algo non cadra

13/11/2014 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOITOS VERÍAN UN MIRAGRE

  Pra moitos sería un  miragre que lles permitiría hata comer; a outros non lle fai falta. O mais chungo é que o PP vai perde-lo diñeiro que tiña na conta de Suíza ó non quere recoñecer que era do partido. pouco lles importa, teñen diñeiro en negro a moreas; non saben que facer con tanto carto. Dalles moita seguridade que non se poida establecer un nexo xurídico entre suborno e contrapartidas.

 

14/11/2014 12:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A TENTACIÓN

 

   Señor en que país vivimos. Sabíamos que vivimos nun país  corrupto, pero se alguén non o sabía, Monago dixo  ben claro. Foi a terceira versión que deu das súas viaxes ás Canarias e cada vez a cousa está mais escura. Entre  versións que cambian a cada comparecencia, vimos como a casta se apoia, PSOE cala e EU sérvelle de muleta pro seu goberno. Monago non foi a Canarias a foder a nosa conta, según el.  A presunta visitada é unha muller de éxito no amor, unha tentación. As visitas d Monago a Canarias e os cruceiros do fin de semana, podían ser algo do máximo  intres nacional e nos uns mal pensados.  Non era Monago o único que  visitaba á muller fatal. Debía de haber mais dun casto barón do PP que a visitaba pra facer cochinadas. No PP hai terror ó que poida dicir esa muller                 

 

15/11/2014 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O HOME QUE PREGUNTA

20141117114304-392673-10200784612001659-741529528-n.jpg

 

  É desesperante, Feijoo nunca contesta o que se lle pregunta. Sempre responde con algunha pregunta, poñendo o ventilador en marcha. Non importa que a súa intervención non veña ó caso, o cal da crédito a que a súas intervencións xa as leva escritas e ensaiadas. Do que se trata é de confundir ós posibles oíntes con medias verdades e con un discurso xa preparado e estudiado, que non garda relación co guión, pero que lle permite saír do paso e incluso aparentar ser un campión. A oposición esfáchase  contra dun muro e súmese nun estéril monólogo. cando non hai discurso preparado, Feijoo recorre o exceso verbal, que raia o insulto. Todo sexa por  sacar das súas casullas ó interpelante.           

17/11/2014 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA NON HAI XEITO DE DISIMULALO

20141118113620-155791-364548966994451-1026897728-n.jpg

 

 O Bipartido encheu o país de Residencias da 3 ª Idade. Feijoo fixo dous grandes lotes. Un pra Fundación  San  Rosendo e outro pra un fondo no que figura súa irmá como apoderada. Uns resgalos á conta dos galegos. 

18/11/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRA NOTA

20141119112826-312356-584638371587667-1472684032-n.jpg

 

    O noso país ten o maior nivel de desemprego da zona euro, xunto a un nivel de endebedamento salvaxe,  os prezos máis caros nos produtos fundamentais: electricidade, gas, carburantes, telecomunicacións. O crédito á economía real desaparecido.  Cómo España, cuns desequilibrios económicos así de brutais e un patrón de crecemento insostible, pasou de golpe a ser a locomotora de Europa. Coas estatísticas do PP todo é posible.

19/11/2014 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOS XA CONTROLAMOS

20141120111423-10502024-1017523601596188-2709754260732179246-n.jpg

 

 O Presidente das Cortes foi rotundo: As  dietas por viaxes da súas señorías seguiran sendo secretas. Xa nosoutros nos encargamos de controlalo gasto. Despois de asistir con escándalo ó caso Monago, no que a caverna se empregou a fondo pra tapalo asunto, e os resto da casta desapareceu nun cómplice silencio, a intervención do Presidente das Cortes pon as cousas claras. Todo seguirá igual.

20/11/2014 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN É O RESPONSABLE

20141121115537-2014102909474242296.jpg

     Crespo e asociados tiñan montado varios chiringuitos pra cazar subvencións, o tinglado garda semellanzas co asunto da Xunta de Andalucía, a diferenza é que en Galiza unicamente unha persoa percibía os cartos, había un conseguidor a soldo da trama, íntimo de Feijoo, e colaboraban en maquilla-las cifras do paro con contratos ad hoc . Parece que a táctica da Xunta de vota-la culpa a peóns da administración non consegue, de momento, frea-las investigacións, e o proceso segue medrando como unha bola de neve. A cuestión é se chegara ó cume. 

21/11/2014 11:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

IMPUTADOS DO DIA

20141122120733-1610106-679749568743213-1044965131-n.jpg

 

  Tódolos días hai unha lista de imputados por corrupción. O caso de algún político que derrocha diñeiro público. Roubar,  ós políticos sáelles a conta. Os tribunais so moi compresivos cos corruptos, as penas son leves e nunca devolven o roubado. Nunca, nunca se ordenou o ingreso, dun corrupto ladrón, en prisión preventiva. Os procesos duran anos e cando se dita sentencia é tan leve que parece que o Tribunal, en vez de condenalo, lle pide perdón

22/11/2014 12:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ABUSOS

20141124111642-164627-622811534412825-908888071-n.png

 

Por tódolos lados vemos abusos de  todo tipo,  pero os abusos sexuais de relixiosos  son, ademais de punibles e obscenos. O bispo de Granada recibira denuncia dos abusos sexuais cometido na súa diocese, pero non fixo nada.  Foi o Vaticano o que lle ordeno actuar. Pra vella garda do clero, os abusos non merecen ser investigados. É unha caste que da noxo

24/11/2014 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS CORRUPCION EN GALICIA

20141125114200-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

 

   Unha mais das razóns de Feijoo pra  tapa-la corrupción en Galiza, foi o intento de protexerse co PSOE, e pra iso intentou convencer a Besteiro.   Os eólicos, a autovía da Costa da Morte, o hospital de Vigo, as privatizacións, os concursos de obras, fornecementos  e servizos, a financiación do partido. Todo precisaba a  cobertura pra disimular un estado de feitos. O PSOE non se prestou e hai quen se cobra vinganza. O ventilador ponse en marcha e veremos en que acaba. De momento alíviase a presión e esténdense o manto das dúbidas, que é o mellor aliado dos corruptos. Valencia Madrid e Galiza son  as tres autonomías campionas. Non lles vai mal coa corrupción; os resultados electorais, algunha leve condena, trae a conta un proceder

 

25/11/2014 11:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHORAMOS POR VIGO

 

  A Ministra de fomento dixo en Vigo que non se ía a construír a estación de ferrocarril, conforme o que se había proxectado, porque era un proxecto moi caro.  O porto exterior da Coruña si que  é carlo. Vigo é unha cidade que ten mala sorte cos políticos. Ten un alcalde, que con  tal de manterse no poder co apoio do PP,   consinte que teñan a Vigo como un antro, esquecido e ninguneado ,e pra mais, unha mala Ministra lles escupa na cara, lles poden o proxecto do hospital  privatizandoo e reducindo nun terzo o proxecto orixinal.

 

 

26/11/2014 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CON DOLOR

 

   Sacar á Ministra de Sanidade do despacho foi como un parto con dolor, custoulle saír. Chamaran a policía, pero O Ministro de Interior contéstolles que estaban ocupados desafiuzando vellas. Unha equipa de obreiros estaba preparada con ferramentas  pra desatornillala da cadeira, pero o final saíu voluntariamente, o que mereceu un eloxioso recoñecemento do portavoz do PP.

 

27/11/2014 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POR QUÉ

 

 

  A millonaria conta de Bárcenas, escondida nun banco suízo, está a nome de Mariano Rajoy, Presidente do Partido Popular. Qué pasa con esta documentación proporcionada polo Dresdnen Bank de Suiza?. O PSOE cala, Por qué?. Os grandes medios de comunicación esquecéronse, por qué?. A fiscalía non actúa, por qué?. En calquera lugar de Europa e do mundo civilizado ó caradeplasma señor Rajoy xa o terían sentado nunha catapulta e lazado da Moncloa. O afundimento do sistema político actual, que dende a transición estivo irmandado coa oligarquía do franquismo, chegou a un estado de descomposición insoportable  e insostible.

                                 
28/11/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CHEIRO

 

   Un irresistible cheiro, que non é celulosa, sae da concello da Porqueira. O posible ofrecemento do cargo de vicepresidenta da Deputación de Ourense, ou outro cargo dentro das filas do PP, amén de algúns empregos é demasiado guloso pra manter unha suposta integridade. É que o demo ten uns instrumentos de sedución moi convincentes, sobretodo pras fes febles . por moitas e peregrinas escusas que o transfuga de, ningunha é crible, mais si o bandazo é pro extremo do arco político.  Parece cencia ficion, pero no debilitamento da esquerda está a forza do PP

 

29/11/2014 11:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris