Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2014.

SOLO ERA UNHA PROMESA

20141002110949-561297-157618684403986-706578778-n.jpg

 

 

    Feijoo necesita gañar unas elección. Galiza necesitaba traballo, así naceu unha promesa, que nunca   se fixo en serio. Como se di na Voz: Nada hai máis desilusionante que unha promesa incumprida. Sobre todo, se o que se promete é traballo. Ían haber traballo pra 4000 peroas. A realidade é que ó día de hoxe, nin  siquera chega a 400. Con  moito cinismo tanto Feijoo como o alcalde de Ferrol, fan que se anoxan polos encargos os asteleiros de Andalucía.  A razón obnedece a unha estratexia de Xénova pra gañar en Andalucía. Os peperros galegos, como sempre, dobran o cervviz. Galiza non lles preocupa.O alcalde de Vigo tampouco lle preocupa o asunto; el anda noutras guerras

02/10/2014 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN VIOLENCIA

20141003112522-untitledyui.png

 

  Sempre, ó longo d historia, agás o caso de Gandi, as revolucións sempre se fixeron con violencia. O que non alcanzo a comprender é que perseguen os que xeneran violencia; o asunto non é tan simple. Fai un ano, nun pleno do Concello de Baralla, tratábase de condenar calquera xeito de violencia, o alcalde opúxose a que se condenaran os fusilamentos da rebelión do 36, engadindo, que eran fusilamentos merecidos; á saída do pleno, o alcalde saudou, brazo en alto, ó modo fascista. Por mais que pediron co PP desautorizara ó alcalde, non o fixo.  non sei se de aquelas augas veñen estes lodos, pero aquel acto, como este, tamén é merecentes da mais rotunda condena. Estaba previsto un acto de repulsa pola actitude reiterada de comportarse do alcalde, que se suspendeu a raíz do atentado. Nade pode acusar ó alcalde de ser o autor material, ou intelectual do atentado, do mesmo xeito, foi temeraria a actitude do PP de culpar a todo o nacionalismo e á esquerda. Deixar que a policía investigue sen presións interesadas. Incluso pode haber sorpresas

03/10/2014 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TOCOU O GORDO

 

  Aínda non houbo o sorteo de Nadal, parece que a  Galiza xa lle tocou o gordo. Nos orzamentos do vindeiro ano previse que Galiza sexa a terceira comunidade á que Montoro lle asigna un maior orzamento. Xa chove sobre mollado; unha cousa é o orzamento asignado e outro o grado de execución. No orzamento anterior non se chegou a un 50% de execución. De pouco serve que se diga que se destinan a Galiza X millóns, se logo non se executa a cantidade presupostada. A razón é que é solo uns orzamentos pra propaganda 

 

04/10/2014 12:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A BOLA DE NEVE

20141006105846-10154195-10202875759671673-8917140720384741349-n.jpg

 

  A débeda española solo é superada por EEUU. Pero hai unha diferenza, aínda que a débeda de USA e moi superior, solo representa o 35% do PIB, mentres que en España sobrepasa o 100% do PIB. O pago de intereses xa é equivalente ó presuposto de tódolos Ministerios. Queda moi ben ese recurso de baixar impostos, como as contas hai que saldalas recórrese á débeda. Unha xeito de allear impostos pros que veñen detrás. Pero  os electores son así de simples e non lles interesa ver o engano. EEUU pode recorrer a fabricar mais moeda pra paga-la débeda, España ten que recorrer ós recortes, mentres mira como a débeda medra 

 

06/10/2014 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN FUTURO

20141007111209-1385997999598banez-detalledn.jpg

 

 Sen futuro e sen esperanza, o PP está quitando toda posibilidade de subsistir os pobres. Feijoo obriga a que os produtos da casa leven etiqueta; as presións das grandes superficies comerciais imponse, do que alí se vende non sabemos con que foi tratado, e que supoñen pra nosa saúde .  As cada vez mais pequenas pensións completábanse co venda do sobrante da horta, agora ¿qué será deles?. Pra recatalos bancos quitan 36.000 millóns das pensión, como aínda teñen que rescatar autopistas, quitan 8.500 á ucha das pensións. A suba das pensións pode chegar a inrementarse en dous euros ó mes. Sen dúbida que estamos gobernados por desalmados

07/10/2014 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMA ONTE

20141008121727-casos-corupcion-espac3b1a.jpg

 

  O debate da autonomía  non é un  tongo é unha diarrea de embustes. Dende o último debate deste tipo, nada cambiou. Si acaso, todo foi a peor. Non solo Feijoo nos quere facer crer que vivimos nun mundo farturrento e feliz, que Galicia vai moi ben, tamén a nivel da rúa os peperros militantes e os sen carnet, louban a grandeza e virtudes dos nosos políticos. Solo uns poucos inadatados dudamos de que sexan certas abondades dúas que eles presumen. Claro esa xente da rúa beneficiase da sombra do poder e o poder ten a costume e oficio de mentir. Imos a ver: o gasto en protección social é o mais baixo de España, o nivel de pobreza, co 58% dos fogares galegos en dificultades, con un 23% de pobreza estrema, cun paro, que non medra mais rápido porque a xente en idade de traballar emigra, de cada tres euros que se inverten en sanidade, dous van pro ensino privado, cunha sanidade pública que desmantelan, o caladiño. A débeda, pñasou co s gobernos Feijoo, de 3000 a 10.000 milóns de euros; pero o importante no é soo o volumen total de débeda, o importante é ter a capacidade de xenerar ingresos pra pagala. O que se ve e  que, mais á perda de votos de Feijoo, non hai competencia 

08/10/2014 12:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EBOLA

20141009112732-10153164-670854349671884-5963794843096846026-n.jpg

  O ébola é unha epidemia mais que lle debemos ó PP.  Os médicos desaconsellaron repatriar ós relixiosos infectados, porque e España non se dispoñía de medios, o Carlos III practicamente está desmontado polo PP, e era inútil repatriar a unha persoa que estaba en fase terminal, pola que medicamente nada se podía facer, pero o ardor relixioso do PP fixo cometer estra extravagancia sen sentido. A outras persoas que pediron a repatriación, nin se lles contestou; solo se repatriou a unha que podía aportar soro pra cura. A preocupación en Europa polo que se poida derivar deste acto , é máxima. A posibilidade de  que o virus do évola se propague por outras vías é  algo que os virólogos están pouco dispostos a declarar publicamente, pero que si consideran en privado: o virus Ébola podería mudar e converterse en transmisible por vía aérea. Ata agora, o Ébola só se transmite a través do contacto directo con fluídos corporais. Pero os virus como o ébola son cambiantes cando replican, o que significa que o virus pode variar xeneticamente entre unha persoa infectada e a seguinte.

09/10/2014 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CARTA A MINISTRA

20141010114531-cccbn.jpg

 

  A alarmante e irresponsable actuación do goberno no asunto do ebola, reflésxase nesta carta dun médico español voluntario en Serra Leona:  Vostede debe ter coñecemento a estas alturas de que os equipos de protección persoal, tecnicamente chamados PPE (Persoal Protection Equipment, aínda que os chamarei traxes, para abreviar) que se usaron como protección non eran os axeitados para esta enfermidade. Como xa debe saber, a OMS ten diferentes graos de protección segundo a enfermidade á que fai fronte, e o ébola require o nivel máis alto de protección pola súa gravidade, o seu alto risco de contaxio e, sobre todo, polo pouco coñecemento que os profesionais temos desta. O traxe axeitado illa completamente do ámbito, non hai nin un micron de pel sen protección, sen cubrir, e algúns dos elementos son dobres, como é o caso das luvas. Os compañeiros que entran regularmente a unha zona de risco, zona de illamento ou que poidan estar nalgún momento en contacto con pacientes sospeitosos ou confirmados, ademais de levar o traxe, reciben un adestramento de 2 semanas nun centro axeitado e por profesionais cualificados. No noso caso, aquí en Serra Leoa, é Médicos Sin Fronteras quen nos dá o adestramento, probablemente os profesionais con máis e mellor experiencia, os que mellor saben tratar e xestionar o ébola. As medidas de protección son moitas máis que o traxe de protección, e lévanse para|a efecto constantemente (spray con auga clorada, recipientes para lavado de mans con auga clorada en cada esquina, desinfección con este mesmo tipo de auga para adoites de zapatos, etc.). Só para darlle unha idea: a colocación correcta do traxe (PPE) leva uns 10 minutos, e a retirada deste é un proceso duns 20 a 25 minutos onde se seguen estritamente uns pasos ordenados e baixo a supervisión de dúas persoas: unha, continuamente desinfectando con spray; e outra, recordando os pasos que hai que seguir.

 

10/10/2014 11:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALIZA PREPARADA

20141011110406-576430-3891445572732-1476805076-3477327-550322228-n.jpg

 

  Segundo a Conselleira de Sanidade, Galiza está preparada pro ébola. O hospital de referencia, O MEIXOEIRO, os posibles infectados teñen que entra por consultas externas. Non hai unha zona especialmente aillada. O aviso ó 061 non equivale a ter ambulancias preparadas pra este fin. En Galiza non as hai. Carécese, segundo os profesionais, de material e formación. Deus nos colla confesados

11/10/2014 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONDENA O TERRORISMO

 

 Hai que ver que habilidade e que inmoralidade lle votan algúns políticos  pra emitir unha condena dun acto terrorista. Darse presa en condenar un tipo de terrorismo, mentres se cala sobre outros, evidencia de que non se está en contra de todo o terrorismo, senón solo de aqueles que poden sacar un beneficio. Con todo o único positivo do debate, foi a condena unánime de todo o terrorismo, incluído o franquismo.  Mais  a condena do franquismo, fixo que varios persoeiros e simpatizantes do PP, matizaran que a condena do franquismo solo se fixo como unha concesión pra acadar un acordo, pero se convencemento, xa non tiñan porque condenalo. Co que estropearon o acordo. Outra cousa quedou clara, a oposición está atomizada e Feijoo non ten alternativa. Non  ten motivo pra inquietarse, faga o que faga.  

 

13/10/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN BALÓN DE OSÍXENO

20141014103540-10441006-4782689582201-8196067014703290976-n.jpg

 

O caso da enfermeira contaxiada en Estados Unidos puxo de manifesto varias diferenzas co modo en que se manexou a situación en España

A posible contaxiada,  chama o hospital a noite do venres avisando de que ten "febre baixa". Dende esa chamada ata que é ingresada nunha unidade de illamento pasan 90 minutos.

A información sobre os días previos ao ingreso de Teresa Romero no hospital Carlos III segue sendo escasa e confusa. Sábese que o día 30 chamou ao servizo de prevención de riscos laborais do seu hospital. Tiña unhas décimas de febre. O protocolo establecía que un caso é sospeitoso se a febre supera os 38,6 graos. Ninguén lle dixo que fose ao Carlos III nin que quedase en casa. Según distintos relatos, o servizo de prevención volve falar con ela o día 2. Non acontece nada. Na madrugada do día 6 chama o 112, ten menos de 38,6 graos de febre, co que tampouco se activa o protocolo. Unha ambulancia trasládaa ao hospital de Alcorcón.

Tras coñecerse que os resultados preliminares dan positivo en ébola, esa mesma noite, un equipo especializado procede a descontaminar todos os espazos utilizados pola enfermeira. Tárdanse días en desinfectar a bloque onde vive Teresa ou persoal que a atendeu ingresa voluntariamente no Carlos III pra ser controlados

E USA o Estado enviou 90 efectivos pra axudar, e esa mesma noite foron porta por porta cos que tiveran contacto coa doente, en España enteráronse pola prensa e logo fíxoselles un enquerito  telefónico

A doente americana tiña unha mascota que sigue viva, a mascota de Teresa foi eliminada. En América informóuse á prensa; en España durante días circularon os bolos e as noticias falsas, dadas por medios de comunicación achegados ó PP.

14/10/2014 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AMORTIZADO

20141015111157-10672329-1005544649460750-6798032071730351443-n.jpg

 

  O Conselleiro de Sanidade de Madrid é, en realidade, un home de trapo, pra deter nel as críticas á cadea de incompetencias do goberno. A verdade é que o tío ten un físico que lle permite encarnar á perfeción o papel de cretino e insultón

15/10/2014 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TARAS

 

   Na maioría dos casos as cousas non has vemos como son , senón como as imaxinamos; por exemplo, podemos  ver un  Conselleiro con cara de bobalicón, e a Ministra con cara de mona (que non é o mesmo que que sexa mona), uníuselles unha presentadora con cara de cornexa, que friboliza co ébola e, cunha penosa escenificación, búrlase da infectada polo ébola. Pero pra completala caverna mediática faltaba o desmedrado,  pero foi fel á cita.   Xa temos unha equipa pra activalo protocolo do goberno, que consiste en botarlles a culpa a todos, menos a eles. As taras físicas dos personaxes realzan a escenificación do bulo. En lugar de informar fan chistes e chascarrillos.

 

 

 

 

16/10/2014 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CUARTO MENOS DE MERDA

20141017105107-10626538-10205064995333546-5397705265435772692-n.jpg

 

  Obama fala cos líderes europeos sobre o ébola,  menos con Rajoy. isto demostra a alta estima de estadista que teñen de Rajoy, estima que se veu refrendada pola xestión que fixo da infección do ébola.  Nos países europeos comparten a opinión de Obama sobre Rajoy. A súa incompetencia e a do seu goberno alarman ós países europeos. A introdución do ébola en Europa era so cuestión de tempo, pero Rajoy  foi mais rápido. Solo  a un inútil se lle ocorre a introdución de persoas infectadas de ébola en estado terminal, sen ter medios, nin estar preparado. A pelota a airexa non pode chegar a poñer  en risco o continente. 

17/10/2014 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESCURO

 

  Obama ignora a Rajoy ó consultar cos lideres europeos sobre o ébola, pero España será o lugar de descanso de 3000 soldados americanos desprazados a Nixeria. Dobre e inquetante pregunta. Qué fan tanto soldado nos países con ébola. O ébola non se combate a tiros, senón con médicos.  Será que os soldados están a protexer outros intereses aproveitando o ébola. Porqué elixen España como lugar de repouso. Será polo carisma,  e baixo perfil   de Rajoy,   que permite un incremento do risco de contaxio por un ninguneo

 

18/10/2014 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS PERSONALISMOS

20141020105934-imagesppp.jpg

 

 Leva encima a maldición da eterna e continua división. ANOVA    non ten un proxecto de país,  crible. Naceu co pecado orixinal da contradición, e iso sempre será a súa sombra. Beiras, como nacionalista, a menos que deixara de selo, non pode intentar mesturar a auga e o aceite. Non liga o nacionalismo co proxecto de unha Esquerda Unida, que sempre foi centralista,  españolista e antinacionalista. Véxase o caso da Deputada Lidia Senra que non lle permiten que use o galego no Parlamento Europeo. Esquerda Unida precisaba aflorar en Galiza, onde non tocaba pelo; de aí que vira o ceo aberto cun Beiras, un home carismático e de gran proxección mediática, que levou a bandeira do nacionalismo nunha longa e solitaria travesía. Pero que gañou Beiras co invento de ANOVA : Nada, darlle oxíxeno a Feijoo e r subirse ó carro de Esquerda Unida pra ter presenza mais aló de Pedrafita,. É o abrazo do oso. No congreso quedou clara a intolerancia coa discrepancia, e solo pra cubri-la cota se deu entrada na dirección a tres mulleres do sector crítico. ANOVA é Beiras e seguira a sorte que siga Beiras. No envite a quen mais lle vai é, curiosamente, a Feijoo, sen ANOVA perdería as eleccións. Ese é o que Beiras deixará pra historia.

20/10/2014 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONTAS TRAMPOSAS

20141021111605-1475927-711988478880154-7493003598393619657-n.jpg

 

 Nos orzamentos da Xunta consignase unha importante partida pra impunsa-las políticas de PROVIDA, mentres paralelamente se reduce o destinado a nenos con eivas. A lingua galega segue sendo obxectivo prioritario de destrución. Inversións reais pouco; se se escúe o tan socorrido hospital de Vigo, nada. O pagamento da débeda xa é o principal capítulo. Nos orzamentos do Estado ocorre algo similar, pero mais grave; o pago da débeda, que segue medrando, xa equivale os orzamentos de tódolos ministerios. Sempre nos venden unha baixada de impostos a cambio de menos políticas sociais e privatizar servizos. Cánto mais o pobo poderá soportar

21/10/2014 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A HORA DA DEFINICIÓN

 

 

  PODEMOS recolleu o voto do cabreo. Recortes, miseria, pobreza e tódalas inxustizas habidas, aínda aquelas que non foron inventadas. Os españois necesitan unha mínima esperanza, unha ilusión que lles prometa un futuro mellor. Vivimos nun momento difícil, de corruptos e  felóns. PODEMOS  é o incerto futuro, pero nada xa pode ser peor.  Non hai un minucioso programa de goberno, non se tocan temas clave, como é a financiación da airexa e os seus privilexios, reforma fiscal, ordenación do territorio, reforma da Administración, etc. pode que tampouco sexa esencial . Xa vimos o que fixo o PP coas promesas; así que chegaría que simplemente prometeran unha xestión  honrada.

22/10/2014 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA ESTÁ BEN

20141023115223-1959811-3873111762251-80437406-n.jpg

  

  Na presentación dos orzamentos do vindeiro ano, Montoro, con profusión de ocorrencias, pregoou as bondades dos orzamentos, que servirán, segundo el, pra consolida-la recuperación e a creación de emprego. Non sei si este home está mais por rirse dos cidadáns, ou é que é tan inútil, que vive nunha fantasía insultante e é incapaz de ve-la realidade.  Nunha España, onde o nivel de pobreza é escalofriante, onde segue a medra-lo paro, que incluso os que teñen emprego xa enchen as bolsas de pobreza, onde non se recupera o consumo interno, por falta de poder adquisitivo, no que medra o endebedamento do Estado, incluso, pra complicar mais as cousas, as exportacións comezan a resentirse. Cada vez son mais as familias con tódolos seus membros en paro, incluso dentro dos fogares privilexiados, eses que teñen traballo, son cada vez mais os que chegan con dificultades a fin de mes. Por contra o número de ricos medra, e o dos moi ricos multiplican a súa fortuna. España é campo de ensaio pra ver canto aguanta o pobo, pero chegará un día en que o mesmo pobo faga xustiza.

23/10/2014 11:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUEIXAS DE PAIS EN VIGO

20141024114932-300491-501065356588784-226814291-n.jpg

  Queixas de pais en Vigo por unha campaña de Galicia Bilingüe para publicitar un videoxogo. Pais de alumnos do instituto vigués do Castro expresaron onte o seu malestar pola repartición de publicidade de Galicia Bilingüe ás portas do centro. O panfleto entregado aos escolares difunde o videoxogo creado polo propio colectivo que se chama Trolas da normalización lingüística, que trata de adoutrinar en contra da lingua galega. Os panfletos foron distribiudos ós alumnos, á saída do colexio. Neles fálase  de “trolas” da normalización lingüista.   Esta malvada campaña en contra do galego está a cargo  desa organización de terrorismo cultural, que conta coa financiación da Xunta. Algúns do seus membros están situados en postos importantes da Consellería de Educación, o cal acrecenta o seu perigo

24/10/2014 11:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESPERPENTO

20141025112936-1526441-818417094883157-3302907126268730092-nb.jpg

  Non buscaban  un ferrado mais de sembradura no ceo, nin un sobre de diñeiro en negro, solo cumpri-lo deber, malio magro salario.  Insultárona, difamárona, mofáronse dela.  A presión social leva a este esperpento de recoñecemento a Teresa do Presidente da Comunidade de Madrid.

25/10/2014 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS CONSEGUIDORES

20141027113509-10689964-777080535687535-5077084693614550115-nxx.png

 

O empresario coruñés,  Crespo, e unha tupida trama, eran como unha especie de conseguidores que xestionaban subvencións, concursos, ou calquera asunto que dependera da Xunta. A súa especialidade eran os cursos de formación. Dun xeito similar ó de Andalucía, certificaban a impartición de cursos fantasma, pra embolsarse os cartos. Pero a súa actividade ía mais aló dos cursos, tamén facían contratos de traballo de un día, ou dous, co cal contribuía a maquillar as cifras do paro da Xunta. A colaboración  coa Conselleira da ramo era tan estreita, que mesmo lle conseguiu que a nomearan coruñesa do ano. O PP votou Tanto  lume como puido os cursos de formación da Xunta de Andalucía, e eles en Galicia aínda os superaban. Conclusión: PP e PSOE son parte dun mesmo problema, a corrupción. Claro coa sola diferenza de que aquí non actúa a xuíz Alaya. Xornal de Galicia  xa destapara a trama, e a investigación comezou no 2.011, pero solo cando se achegou as investigación os Altos Cargos, o PP presentou denuncia na fiscalía. Como no Gürtel o único que  pretenden é ser parte no proceso pra  entearse do que saben.  O Alcalde da Coruña, e algún achegado mais a Feijoo podían estar no allo, Pachi Lucas  é un dos mellores amigos personales de Alberto Núñez Feijoo, feito que achegaría o escándalo á presidencia mesma da Xunta malia que o titular do Goberno galego quixo rebotar toda responsabilidade no alcalde da Coruña, que o sumario demostra que mantiña unha relación de grande confianza con Crespo. 

27/10/2014 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SIN FIN

20141028114307-404846-607035715979386-1891058490-n.jpg

 

  Cada día acontece que descobren novos casos de corrupción no PP, tamén do PSOE, incluso deteñen a xente, pero os cárceres están baleiras, nelas non hai ningún político.  A sensación de impunidade é total.  A corrupción sae gratis, incluso é premiada, como é o caso do que foi alcalde de Santiago, que pra sacalo de en medio déronlle unha patada pra riba. O colaborador de Esperanza Aguirre, o Presidente da Deputación de León   e 49 mais son os derradeiros detidos; son solo unha instantánea do día, mañá, como aconteceu onte, haberá mais. Os xuíces independentes non son capaces de poñer orde. O PP, si se pretende que España sexa un país dingo ten que ser ilegalizado e que devolvan todo o roubado

 

28/10/2014 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ACEBES NEGA

 

  No atentado de Atocha Acebes negou cos islamistas foran os autores do atentado, diante do xuíz negou que houbera unha caixa B, tamén negou comprar accións de Libertal Digital con diñeiro negro do PP, Tamén negou coñecer o arquitecto da reforma de Xénova, aínda que o xuíz lle amosou unha foto  dándolle a man. non está penado ser un ignorante e ter mala memoria. Por iso mente tanto.

 

29/10/2014 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN MALAS COMPAÑÍAS

20141030111153-2014102909474242296.jpg

 

  A investigación da trama de Crespo  iniciouse fai tres anos. Cando as investigacións apuntan a persoeiros do PP, a cargos da Xunta e ó propio Feijoo, é cando se intenta unha estratexia similar ó da Gürtel. Denuncian ó caso á Fiscalía pra estar como parte acusadora. Feijoo é felicitado polo presidente de Iberdrola polo seu triunfo electoral, Agasallaba o alcalde de Santiago, logo o seu sucesor, o conseguidor Pachi, Crespo, seu amigo persoal, etc. de todo o que hai reportaxes fotográficos, sen esquecer a Marcial Dorado. Sempre en malas compañías

30/10/2014 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CARREXO

 

 Nada asombra de Feijoo, nada asombra do PP. Feijoo ve normal que levara a votar ás velliñas do asilo, incluso loubou o acto, porque é unha cousa de comportamento ético, axudar a quen non pode andar. Vese cal é o concepto de ética pra este prócer. Por suposto ve normal o carretaxe electoral, e reproche nada, nin de arrepentimento.  Independentemente do resultado do pronunciamento xudicial, os encausados xa foran premiados polo PP. O carretaxe, os axentes electorais e cantas cousas, contribúan a enche-las furnas de gaivotas seguiran formando parte da paisaxe electoral, independentemente da súa legalidade. Porque non hai dúbida que  a utilización de persoas cuxas facultades intelectivas e volitivas estaban afectadas» por padecer algúns deses anciáns alzhéimer e demencia senil non é ético, nin legal i é un acto noxento.

 

31/10/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris