Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2014.

SE CUARTEL

20140901104515-977-492094304155346-621609655-n.jpg

  Rajoy prometeu loitar sen cuarten contra do paro. Xa sabemos o que valen as promesas de Rajoy. Se miramos ós datos, o temor de que no fará nada está mais presente. Cando chegou o poder o paro xuvenil era do 43%, algo inaceptable, dicía en campaña electoral; agora é do 53%. Hai 850.000 persoas mais en paro que cando chegou o goberno, isto coas súas estadísticas. Traballas un día á semana e xa nos estás parado. Si aínda lle sumamos os precarios, hai un 1.650.000 parados mais. Da asco oílo. Solo sendo un descerebrado se pode sentir un ben

   

01/09/2014 10:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN CUARTEL

20140902102637-1385997999598banez-detalledn.jpg

   

  Rajoy prometeu loitar sen cuarten contra do paro. Xa sabemos o que valen as promesas de Rajoy. Se miramos ós datos, o temor de que non fará nada está mais presente. Cando chegou o poder o paro xuvenil era do 43%, algo inaceptable, dicía en campaña electoral; agora é do 53%. Hai 850.000 persoas mais en paro que cando chegou o goberno, isto coas súas estadísticas. Traballas un día á semana e xa nos estás parado. Si aínda lle sumamos os precarios, hai un 1.650.000 parados mais. Da asco oílo. Solo sendo un descerebrado se pode sentirse un ben 

02/09/2014 10:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN ANO MAIS

 

 Un ano mais, un grupo de fascistas reuniuse en Valladolid, en torno o monumento de Onésimo Redondo pra louba-la xesta deste sinistro personaxe da guerra civil. Curioso como se vive a historia, os malos eran  os leais ó goberno, os bos eran os criminais de dereitas. Pra poñela  guinda, alí estaba a airexa  bendicindo o acto. 

 

03/09/2014 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NO SE SABE O FINAL .

 

   Europa, recadeira á forza dos EUU, decláralle formalmente a guerra a Rusia. Na reunión da OTAN, última, asistiu o presidente  de Ucraína; foi un convidado especial, ó que os estados europeos non puxo ningún reparo; xa tiña logrado que Europa declarara un boicot comercial a Rusia, que tan nefastos resultados ten pra economía europea, pero el  sabía que podía conseguir un pleno, e así foi. España, pese a crise e os recortes e a que nada se xoga no asunto, involúcrase na guerra de Ucraína e envía un continxente de  300 efectivos, o cal é unha suma á ruína comercial dalgúns sectores. Este disparo o pe, ou autosuicidio, non creo que lle chegue a Rajoy pra colocar en Europa a De Guindos e a Cañete. Están en xogo outros intereses e ten en contra a segura perda de poder nas vindeiras eleccións. Non se poden obvia—los recortes, mentres nos mete nunha guerra que so lles interesa os americanos

 

 

04/09/2014 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN LUGAR CON ENCANTO

20140905110538-10171816-653047098094705-8087428357230965802-n.jpg

 

  Soutomaior, grazas a que todos pagamos a escote o custo e mantemento do castelo, é ese lugar máxico dende o que o PP lanza proclamas pra enardecer as escualidas masas. Diante dun público entregado, Rajoy pintou un país idílico, no que todo v ai de maravilla. Non hai dubida que pros peperros vai moi ven. Pro resto dos cidadáns espértalles un negro futuro; pois aínda que se saque o país das garras da gavota, deixaran a España tan saqueada, que nos vai `parecer unha broma a do 36. ¿Hai malversación o utilizar un diñeiro público, utilización do castelo de Soutomaior pra actos do PP?.                                                                

 

05/09/2014 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CIRCUSCRIPCION UNICA

 

  O Bipartito intentou que valera igual un voto, foral cal fora a provincia. Pretendíase evitar a sobrerepresentacións das provincias de Lugo e Ourense. Feijoo, naoposición montou un número e pediu a ilegalización de calquera reforma electoral quenon se fixera por consenso. !Que distinto comportamento ten agora!

 

06/09/2014 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CALADIÑO

España, o caladiño, estivo a toca-lo peto das pensións.  O Fondo de Reserva da Seguridade Social, como comprador de último recurso para os bonos do goberno español, formulando interrogantes sobre o papel deste Fondo como garante dos pagamentos das futuras pensións.   O Estado votou man do Fondo pra autocomprarse débeda e arrefria-la prima de risco. Logrouse arrefriarse a prima de risco, pero baleirouse o fondo de pensión que Zapatero deixou en herencia. Dúas preocupacións xorden agora, por un lado a garantía do pago das pensións, de outro que a politiza económica do goberno que cada vez xenera mais déficit e obriga e recorrer  e xa non queda de que votar man. Ó menos o 90% do fondo de 65.000 millóns de euros investiuse nunha débeda española cada vez con maior risco, segundo cifras oficiais, e o goberno comezou a retirar diñeiro en efectivo para pagamentos de emerxencia. Os analistas sinalan que pronto o goberno terá un recurso menos para financiarse, xa que se enfronta a outro ano de recesión e dolorosas medidas de austeridade para pechar un gran déficit orzamentario. Esa presión, podería obrigar ao goberno de Rajoy a pedir este , ou o vindeiro ano o rescate, circunstancia que o goberno vai adiando polo alto custo político. 

 

 

08/09/2014 11:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN LUGAR CON ENCANTO

20140909105923-12247-1089380831103846-174016090565707186-n.jpg

 

  Soutomaior, grazas a que todos pagamos a escote o custo e mantemento do castelo, é ese lugar máxico dende o que o PP lanza proclamas pra enardecer as mesnadas. Diante dun público entregado, Rajoy pintou un país idílico, no que todo v ai de maravilla. Non hai dubida que pros peperros vai moi ven. Pro resto dos cidadáns espértalles un negro futuro; pois aínda que se saque o país das garras da gavota, deixaran a España tan saqueada, que nos vai `parecer unha broma a do .36                                                             

 

09/09/2014 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FIASCO EUROPEO

                                                                                                                                                                                                                                                                    Rajoy no soubo  conserva-la herencia que recibiu de Zapatero en cuanto al número de españois que ocupan cargos relevantes internacionais. España sempre tivo una vicepresidencia europea más un comisario.  Despois de que votaran do consello do Banco Central Europeo, Rajoy puxo toda la carne en el asador para colocar a Luis de Guindos como Presidente del Eurogrupo y de paso solucionaba un problema doméstico, dado que De Guindos e así solucionar un problema doméstico con Montoro. Nin de Guindos nin Cañete teñen a talla, nin os méritos que a maquinaria de opinión e propaganda do Goberno e do PP publicitou. A esta mala esolla  hai que sumarlle a previsible perda do poder, por moito que queira amaña-la Lei Electoral. Con de Guindos descartado e o ofrecemento a Cañete dunha carteira de segundo orde, así como a notoria perda de parlamentarios, solo cabe falar de fiasco. 

 

 

10/09/2014 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEMPRE TEÑEN UNHA GUERRA

 

 

 O príncipe Bandar bin Sultan, púxose a traballar. Agora hai un poderoso e incómodo inimigo auspiciado polos americanos que impulsaron o  nacemento de grupos brutais, como Al-Nusra e o "Estado Islámico de Iraq e o Levante", que apareceron como fungos para encabezar a loita contra o goberno de Assad en Sirya. Polo tanto, o resultado do plan de Condoleezza Rice, de 2006, non é outro que a creación do bárbaro "Estado Islámico", o cal non ten precedentes en toda a historia do Islam. A poderosa industria bélica de EEUU necesita guerras e entre os islamistas e Ucraina ten, de momento, cuberto o cupo 

11/09/2014 10:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASÍ É A VIDA

20140912105442-10308630-10152415813366774-6491587884437760217-n.jpg

   

 

  A de Guindos, pese o seu incuestionable curriculum de servizo ó gran capital e servidor fiel de ideoloxías ultraliberais, non o queren en Europa. Demasiado servil, demasiado radical. A Cañete so lle ofrecen unha Comisaría de segunda. Este cacho de intelecto, que despreza a muller, por considera-la un ser inferior, servidor de Monsato, tampouco cae ben en Europa A Comisaría que lle destinan ten moito que   ver cos seus intereses privados; é de esperar que terá mais dificultades pros seus chanchullos que en Españistán  

12/09/2014 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CURRICULUM

 

 O magnífico currículo de Luis de Guindos, despois de da derrota electoral do PP de Guindos pasouse ó mundo da empresa e das finanzas e foi nada máis e nada menos que o director para España de Lehman Brothers ata que o xigante norteamericano quebrou. Foi esta quebra, por un importe superior aos tres rescates que leva Grecia, a que precipicito a gran crise económica e dende logo a maioría de presidentes europeos terían pensando moi moito nomear ministro de Economía a alguén que saía de Lehman Brothers. Por certo Luis de Guindos non se decataba de nada ou non quixo explicar  a quebra de Lehman.  Rajoy quería dar unha saída digna a De Guindos e colocalo en Europa, para quitarse de enriba as pelexas entre este e Montoro, pero este non parece argumento de peso en Bruxelas e a xogada fallou.

 

13/09/2014 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN AMORAL

 

 

  Considérase por enriba de toda norma, ética ou legal, por iso non debe sorprender que o cardeal Antonio María Rouco Varela, nunha decisión sen precedentes, que está a suscitar sorpresa e indignación no propio Vaticano, decidiu seguir vivindo no pazo episcopal, ainda qe xa se lle apartara do cargo, na planta nobre do edificio. O cardenal decidiu quedar na súa residencia habitual e acondicionar o primeiro piso (xusto por debaixo do seu) como vivenda do novo titular da arquidiocese. Parece que Rouco quere escenificar, con esta inesperada decisión, que segue mandando.  

 

15/09/2014 11:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE QUÉ FALA

20140916104120-10001285-10201619824807000-2062271244764893305-n.jpg

.  


A saída da crise é unha xigantesca mentira. O noso país ten, non solo o maior paro da zona euro, senón que os empregos novos son de peor calidade e a débeda rexistrada e a mais alta dos últimos 150 anos. O noso país ten o maior nivel de desemprego xunto a un nivel de endebedamento salvaxe, pasando por posuír os prezos máis caros nos produtos fundamentais -electricidade, gas, carburantes, telecomunicacións e servizos bancarios- e cun crédito á economía real caendo sen pausa. Cómo España, cuns desequilibrios económicos así de brutais e un patrón de crecemento insostible, pode pasar de golpe a ser a "locomotora" de Europa?  Páxariños preñados. A saída da crise é unha xigantesca andrómena.

16/09/2014 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON LLE FALLEDES

20140917104226-1662230-684981711553332-964319495-n.jpg

 

  Gallardón falloulle a  Rouco; non vai sacar nesta lexislatura a prometida Lei do aborto. Os pederastas están moi preocupados, cada vez hai menos nenos. Os bispos e a caverna estánk  que votan fume. Botín, Isidoro, non lle falledes vosoutros tamén a   Rouco. Acordádevos  del.  

17/09/2014 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS ALEMANS TAMÉN QUEREN

20140918112004-untitled12n.png

 

Os alemáns queren participar na lucrativa industria da guerra, xunto cos americanos. Especialmente dende o comezo deste ano, a elite política alemá axitouse para ter unha "maior responsabilidade" na política mundial. Con este fin, queren suavizar as restricións en materia de transferencia oculta de armas a rexións en crise, así como eliminar as barreiras lexislativas a chamadas intervencións humanitarias. Dende entón, houbo intentos masivos para erradicar obxeccións morais a partir da memoria colectiva dos alemáns. Queren ter as mans libres para participar en futuros conflitos militares mundiais sen restricións

18/09/2014 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TAMÉN FINARON

20140919110659-ooi.jpg

 

  D Laudelino era un aplicado traballador do téxtil. O comercio no que traballaba pechou e quedou no paro, o seus anos xa non atopaba un traballo. Subsistiu remexendo nos contenedores do lixo. A morte de Don Laudelino deixa un fondo baleiro no salón da fama dos españois que non fixeron nada por España porque non son o suficientemente poderosos para ter ós poderes fácticos collidos polas pelotas. Un oco que será enchido con calquera outro español non exemplar, como ti. O mesmo tempo morreu na rúa, onde vivía, outro español dende que foio desafiuzado da súa casa polo banco Santander. Era  unha vítima mais da codicia. Finaron, pero non foron titular de ningunha noticia. Aínda no remate da vida ha diferenzas.

19/09/2014 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN BALEIRO

 

 

 Botín ordenáralle ó PP e o PSOE que pecharan o paso a POEMOS. O pasamento de Botín nada alterou as cousas a orden  está dada e cumprírase, porque o baleiro non se produce solo pola ausencia de persoas. O sistema subsiste

 

20/09/2014 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LECCION ESCOCESA

20140922114114-01-politica.jpg

 

  Pouco, ou nada, ten de similitude o caso escocés con situacións nacionalistas en España, pero cada quen ve a lección no que lle interesa. A vitoria, no referendo escocés, dos partidarios de permanecer en Reino Unido leva aparellada a promesa de maior autonomía, pero nas filas conservadoras xa  xurdiron voces de desacordo. En realidade non hai mellora autonómica, porque Escocia non ten autonomía, solo un parlamento decorativo sen competencias reais. Cámeron, que non acto de soberbia e desprezo o pobo escocés, alentou un referendum que daba por gañado, NADE CONVOCA UN REFERENDUM PRA PERDELO, e que se non é polo defenestrado Gordon Brown, houbera perdido. A  dimisión do líder nacionalista Alex Salmond subraia a vitoria do non, tras un resultado que, de non se ter magnificado antes, sería notable. Tamén dá conta do esixente hábito de rendición de contas, clave nas democracias avanzadas, pero descoñecido en España, tamén constata as ansias de autonomía, que de concretarse, solo sería en sanidade, educación e servizos sociais.

 

22/09/2014 11:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MERCANDO VONTADES

20140923112413-imagesmncc20w4.jpg

 

  A golpe de  comilonada, o PP pretende fideliza-lo voto dos vellos. No lugués concello de As Nogais, con `pouco mais de 700 habitantes, na súa maioría vellos, o alcalde do PP, fixo un convite a cargo do concello, é dicir, dos propios veciños, pra facer unha papancia. A xuntanza tivo moito éxito; éxito que o alcalde espera rentabilizar en votos. Esta práctica habitual do PP, xa a realizaran en concellos da Coruña, próximos á capital con nefasto resultado electoral pros alcaldes convocantes. Claro, non se poden equiparar con un pobo da alta montaña luguesa. Son prácticas denigrantes, que supoñen unha fame secular e unha miseria do presente, que vende a dignidade por un cacho de empanada

23/09/2014 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LUZ DE VERME

 

  A luz que o goberno di ver non pasa de ser a luz dun verme. Xa  tanto tempo levamos oíndo  falar de que estamos saíndo do túnel, que xa se  ve a luz do final do túnel. A luz que o goberno ve, é a luz dun verme. Xa pasamos o cabo  de Fornos, as raíces da recuperación son fortes e fondas. A economía española, segundo as cifras oficiais, é a que mellor marcha de toda Europa. Isto sinxelamente é unha broma. A suposta saída da crise é unha xigantesca patraña. Xa se crea emprego, a un nivel que se tardarían vinte anos en acadar un nivel de emprego similar a cando Rajoy chegou ó goberno.  

 

24/09/2014 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOVA MARCHA CONTRA O ABORTO

20140925111110-10653698-861256627226629-4055482876031191033-n.jpg

 

 Extrema dereita, unida ós islamistas protagonizan unha marcha antiabortista. A Conferencia Episcopal non quixo protagonismo, despois da vinculación con grupos violentos da era Rouco Varela. Esíxenlle a Rajoy o cumprimento do programa, solo nese punto, os demais non les importan. Non lles importan os pobres, cantos mais mellor. Mesnadas de pobres e ignorantes. Así a man de obra será mais barata e os poederastas terán  material. Non, nada místico, nin santo, solo infamia, manipulación e interese bastardos 

25/09/2014 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SANIDADE DESTRUIDA

20140926112617-1269-im-300x225.jpg

 

   O 55% dos hospitais xa son privados e son financiados con fondos públicos. Cando o PP deixe o goberno, deixará en erencia a ruína da sanidade pública. Os usuarios, e os cidadáns en xeral, non notarán, nun principio, o cambio de sistema. A calidade da sanidade en centros públicos  irase deteriorando  paulatinamente, pra que  os usuarios vaian optando pla sanidade privada,cando a sanidade pública estea totalmente arruinada e desprestixiada, será a hora de instaurar o modelo sanitario do PP. Que consistirá na subsistencia de algúns centos públicos como centros de beneficiencia. Os privados dividiranse entre os que traballen pro seguros privados, que teremos  que suscribir, e os de élite, totalmente privados 

 

26/09/2014 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CO CU Ó AIRE

20140927133249-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

 

  Feijoo queda co cu ó aire. Con pouco peso no goberno central, ou por desleixo a Galiza. Navantia prevé desviar oito buques do flotel de Pemex ao estaleiro de Puerto Real. Este encargo, orzado en 180 millóns de euros, estivo apadriñado desde o primeiro momento pola Xunta de Galicia. Os traballadores de Navantia Ferrol reuníronse esta mañá nunha asemblea para decidir novas mobilizacións precisamente en demanda de carga de traballo. Ás 12.30 horas, iniciaron unha marcha desde o estaleiro cara ó consistorio de Ferrol, posteriormente, membros do comité de empresa de Navantia Ferrol mantiveron unha reunión co alcalde, José Manuel Rey, outro que tal baila,  que quere narcotizalos.

 

 

27/09/2014 13:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CANDO UN AMIG@ SE VAI

20140929111306-417782-363823353728533-806459185-n.jpg

 

   Cando un amig@ se vai, algo de nosoutros se vai con el, ou con ela. O baldeiro é cada vez mais grande a medida que o tempo e a distancia se fan mais presentes, e ese baldeiro nada o poderá encher. Tódolos camiños teñen o seu remate; por calquera que collamos somos xente de paso, polo que é inútil pensar que algo é pra sempre. Solo xeito de face-lo camiño e de remata-lo é importante.  Non sentas magoa polo que deixas atrás, porque o interesante irá contigo onde queira que os fados do destino te leven, o demais alédate de perdelo, tarde ou cedo tiña que ser, e  aínda que nun principio sexa doloroso, pensa que calquera cousa será mellor 

 

29/09/2014 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VAITES DOMINE

20140930112140-1336379599-abccbe5a2cc7276bfcd00cba6ff44d40.jpg

 

    O monaguillo da Conferencia Episcopal vaise sen cumpri-lo encargo  que lle fixera os Bispos, devolvernos ó século XIX. Tal borracheira teñen de poder e de  enchenta  o clero que xa se considera con dereito a impoñer o que lles peta. Os recortes, lonxe de tocarlles a eles, aínda lles incrementou os ingresos. No ensino, propiedades públicas que se lles conceden pro seu uso e disfrute. Nunca viriades a un parasito saciado. Por el non sentades magoa, xa atopou un choiazo

30/09/2014 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris