Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALARMA

ALARMA

 

 

   A desaparición do galego é un feito comprobado. Durante o mandato de Feijoo estase dando unha perda crecente de galegofalantes. A Dirección de Política Lingüística, converteuse nun órgano irrelevante pra promoción do galego, mesmo é unha Entidade que colabora no seu desprestixio e exterminio. A comparecencia do Director de Política Lingüística evidenciou que non hai ningún plan de apoio ó galego. Coa chegada de Feijoo suprimíronse as galescolas, e o ensino do galego converteuse nunha materia optativa. Pra que fora b en visualizable a súa inutilidade, erradicouse de calquera sistema de valoración e uso na Administración pública. Pero pra elimina-lo galego nos lles chegou con limita-lo seu ensino, con medios propios, así como coa axuda de organizacións privadas, levaron a cabo unha intensa campaña de desprestixio do galego pra convencer ás familias da inutilidade do galego e do seu desprestixio social

0 comentarios