Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A HERDANZA

A HERDANZA

 

 Aznar  meteunos na burbulla inmobiliaria, no milagre económico de Rato,  Logo veu esa campaña electoral, na que  Montoro mesmo quixo que o país caese para dicir que cando cheguemos nós xa o levantaremos. Agora ben, a herdanza que o Partido Popular de Rajoy nos deixa, cando se vaia será a de mais parados, de traballadores pobres (o nunca visto) que non chegan a final de mes. Herdaremos de Rajoy toda unha sorte de privatizacións de servizos sociais . A herdanza vai ser dura de superar. Déixanos unha sociedade, partida en dous. Onde campan os políticos corruptos, os adiñeirados que defraudan a Facenda, mentres os demais  imos á xanela de Facendaa cumprir coas obrigas tributarias. Déixanos Rajoy unha herdanza de Reforma Laboral que non incentiva a creación de emprego senón a destrución deste. Non se pode, como tampouco se pode pagar a débeda de case un billón e medio de euros. Esa é a verdadeira herdanza que nos deixa Rajoy, atados de por vida aos acredores. Rajoy, que dicía que chegara para sacarnos da crises, meteunos na miseria

0 comentarios