Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POBREZA QUE DOE

POBREZA QUE DOE

  Pode que ós que viven co bandullo cheo, os convidados a comer na mesa do señor, os que teñen bos traballos e teito onde durmir, non lles preocupe a pobreza, a miseria na que vive moita xente, incluso lles molesta que se fale do asunto pra vivir nun paraíso. Pero a pobreza está aí, e parece que veu pra quedarse. Somos, despois de Romanía, o país con mais pobreza infantil de Europa. Ben poden dicir Rajoy e Feijoo que estamos no bo camiño. Pra eles dende logo que si. Os resultados do estudo, titulado «Infancia, pobreza e crise económica», sinalan que a crise, entre os anos 2008 e 2012, non soamente elevou o risco para a infancia de caer na pobreza,  senón que, ademais, afondou na gravidade da situación dos fogares que se encontran en situación de carestía, ata o punto de provocar a «cronificación» da pobreza.

 

0 comentarios